Educación Física

surf

Un ano máis, coa coordinación de Edda Beltrán, o noso alumnado de 1º BAC iniciarase no deporte do Surf. Unha mañá completa (12 de xuño) na praia de Bastiagueiro coa guia de dúas escolas de surf  servirán como aperitivo para comezar a disfrutar de tan fermoso deporte.

Agardemos que o tempo mellore e que as olas permitan un perfecto desenvolvemento da actividade.

En total serán máis de 70 alumnos e alumnas os que participarán divididos en catro grupos e acompañados por catro profesores: Edda Beltrán, Leo Piñeiro, Chus Santamariña e Emilio Duque. 

"Pindaragüismo": o mar e montaña do Departamento de Educación Física

O martes 29 de maio o Departamento de educación Física fai unha proposta "mar e montaña" ao noso alumnado.

Os alumnos e alumnas de ESO 2º C e D viaxan ao Monte Pindo. O alumnado de 4º da ESO, nas horas da tarde practica piragüismo na Ría de Betanzos.

A súa proposta: "Pindaragüismo"

Saída didáctica ao Monte Pindo

O Olimpo dos poboadores de Galicia antes dos romanos, o Monte Pindo.

Velai o destino do noso alumnado de 2º ESO  (dos grupos A e B)  que o martes 22 terán a oportunidade de percorrer tan máxicos espazos... e tan fermosos.

Guiados e acompañados por Pepe Valverde e Diego Freijo.

Piragüismo. Iniciación para 1º da ESO

Continuando co proxecto de achegar ao alumnado a propostas deportivas cercanas e asequibles, o Departamento de Educación Física  organiza para o alumnado de ESO 1º B e C unha sesión de introducción ao piragüismo que terá lugar o martes 22 entre as 12,20h.  e as 14 h. 

Coordina o profesor Leonardo Piñeiro.

APRENDENDO JUGGER con 1º BAC

Unha vez máis a colaboración entre os antigos alumnos e alumnas do Aguiar que forman parte da Asociación Jugger de Betanzos,  e o Departamento de Educación Física deu como resultado unha interesante  actividade de iniciación a este deporte.

 

Distribuir contido