Aliméntate ben

UNHA MOREA DE RECEITAS CASEIRAS

Os nosos pequenos de 5 anos continuaron a súa labor de elaborar un recetario entre todos con receitas feitas na casa. Aquí van unha mostra dalgunhas receitas.

 

XEADO DE AMORODO

Con esta semana de calor, seguimos cos obradoiros de cociña,e aínda que estamos en época de amorodos queríamos facer algo fresquiño para dar comezo a entrada da primavera.Amorodos, azucre e yougurt e a triturar. Que bo estaba!!!

TEATRO E TAICHI, UNS OBRADOIROS MOI ESPECIAIS

Esta última semana do mes de abril, contamos tamén con dous obradoiros de familias. Neste caso foron as aula de 5 anos que viñeron a visitarnos.

A clase de 5 anos A, nos deleitou cun obradoiro de Taichi impartido por Rita,a tía de Valeria Fernández. Non só aprendemos a relaxarnos senón que o pasamos en grande cos abanicos e coas posturas mais divertidas e relaxantes.

As familias de 5 anos B, nos trouxeron unha obra de teatro dun conto que nos encanta " A casa da mosca Chosca".Foiron moitas as familias que participaron neste Teatro e todos quedamos encantados.

Grazas as familias por participar nestes obradoiros na escola.

 

CLUB DOS SUPERSAUDABLES

Este mes celebramos a “5º edición dos Premios Merendas Saudables”.

Como cada mes, as comisións saudables valoran os datos dos calendarios de merendas que ten cada aula do cole e reparten as invitacións do premio.

Nesta ocasión, todas as clases premiadas están invitadas a unha  “Sesión de baile moi rica e saudable”.

Unha actividade organizada pola teacher Montse e con moitas sorpresas.

         Seguimos batindo récords de participación!



   No seguinte vídeo podedes descubrir  as sorpresas que tivemos e como celebramos que o mes de marzo foi un mes supersaudable no cole Frian:


FRIAN FIT

frian fit

Today we have finished our mural and here you can remember the five healthy you must eat every day

 

Powered by Drupal - Design by artinet