Skip to Content

Aliméntate ben

O NOSO PDI "VIVINDO SAN NO COLE FRIAN"

super fianciño

Xa estamos chegando ao remate do curso es as aulas teñen o seu traballo documental preparado para  expor ao resto dos seus compañeiros e compañeíras. Neste link, pinchando no noso Supersaudable Frianciño, podedes comproabr o esforzo dos noso alumnos/as na búsqueda de información e o resultado final. Temos investigacións sobre o aceite, o pan, a bicicleta como medio de transporte saudable, as vitaminas, as froitas, os produtos  da horta e moitas e variadas receitas...

 

 

PONLLE AS PILAS O TEU BOCATA

 pilas bocata

A Consellería do mar dentro do programa Aliménta-T ben trouxonos ao cole o Obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata"coa finalidade de dar a coñecer a importancia das conservas de peixes e mariscos na nosa alimentación.

Mirade que bocatas montamos e nos "zampamos"



 

A VISITA DUN CHEF MOI ESPECIAL

Este martes 8 de maio, tivemos en Educación Infantil a visita dun Chef moi especial. Remo axudóunos a convertirnos en minichefs por un día. Preparamos receita, probamos e participamos moi activamente no obradoiro de cociña. Non vos perdades este vídeo que reflicte o ben que traballamos e como gozamos con Remo do bonito que é a cociña utilizando alimentos sans e saudables.

Grazas Remo por vir visitarnos, esperamos verte pronto !!!

 

As nosas portas decoradas con temas do noso PDI

 

  Xa estamos rematando as nosas investigacións do PDI “Vivindo san no cole Frian”. En todas as aulas fixemos un traballo plástico decorando as nosas portas ou facendo murais que representen os contidos que estivemos a traballar ao longo do curso.

 

Grazas rapaces e rapazas!

 

Hecho con Padlet

BISCOITO DE DANIELA

biscoito de daniela

Hoxe, 7 de maio , na clase de 3ºA todos e todas tomamos de merenda un rico biscoito gracias a Daniela.

Que Ricoooooo!!!

Moitas Grazas !!!

Distribuir contido


by Dr. Radut