Aliméntate ben

OBRADOIRO " PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA"

pilas ao bocata

Este martes, 19 de novembro, todos os alumnos/as de Primaria participamos  dunha actividade moi distinta no noso centro.

Un grupo de monitores veunos explicar o percorrido que realiza os peixes e moluscos dende o seu habitat ata o seu envasado en conserva e posteriormente, despois de realizar unha serie de xogos, elaboramos o nosos "bocatas"  e disfrutamos deles.

Despois desta sesión, descubrimos que as conservas do mar son ricas en proteinas moi importantes para crecer e que levan vitamina B12 que é fundamental.

Un bocata de conservas de mar leva dentro toda a enerxía que necesitamos para alcanzar as nosas metas.

Amosámosvos un álbume de fotos onde podedes observar a variedade de actividades que fixemos ao longo da mañá:

obradoiro pilas bocata

Se premes na foto accedes ao álbum

Para saber máis visita o seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/node/2139

TRABALLANDO AS CONSERVAS E OS PEIXES

bocata1

Agora que xa coñecemos máis características das conservas do mar, deixámosvos unha serie de enlaces onde podesde atopar  dende unha pila de bos consellos, novas  receitas para elaborar bos "bocatas", algúns xogos e moito máis...  

consellos

Bos consellos

 

recetas

 Receitas

 

xogos

Xogos

PLAN PROXECTA

plan proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos  dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Dentro deste Plan existen moitas modalidades nas que xa estamos inmersos (Máis e Mellor Actividade Física  e Xogade). Sumámosnos este ano á modalidade Aliménta-T Ben  que terá como obxectivo a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado. A través de tres modalidades:

a.-Froita na escola

froitas na escola

b.-Lácteos na escola


c.-Ponlle as pilas ao teu bocata (Conservas do mar)

pilas ao bocata


 

Powered by Drupal - Design by artinet