Aliméntate ben

A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

A primeira semana de reparto de froita foi a elixida para traballar, en Ciencias Naturais de 6º, a pirámide dos alimentos como podes ver nas seguintes imaxes:

 

COMEZAMOS O REPARTO DE FROITA NO COLEXIO

Para rematar o trimestre tivemos a primeira semana de reparto de froita deste curso, dentro do programa "Aliménta-T ben", durante a o hora do recreo.

froita

 

O luns tivemos peras, o martes mandarinas, o mércores plátanos, o xoves manzás e o venres repetimos mandarinas. Deixámosvos unhas fotos onde se pode ver o apetitosa que está a froita:

 

O COLE EN RADIO MARCA

     O pasado día 1 de marzo, unha representación do colexio (Manolo, Jose e Antón) estivo no programa "Intermedio" de Radio Marca-Vigo. Comentamos as diferentes actividades que realiza o centro, relacionadas coa actividade física o deporte e a vida saudable en xeral. Se queres escoitar as nosas intervencións clica a partires do minuto 18:30.

 

 

 

 

 

 

TRABALLANDO A NUTRICIÓN EN 4º

 

nutrición

Na unidade adicada á nutrición humana explícanmos  os procesos e aparatos que interveñen nesta función vital, como son a alimentación e os procesos de dixestión, o aparato respiratorio e a respiración, o aparato circulatorio e a circulación, os aparatos que realizan a excreción, e a saúde e a hixiene da función de nutrición, a través dunhas presentacións realizadas polos propios alumnios/as

A nutrición é un tema que resulta importante a estas idades no que se refire ao desenvolvemento de hábitos alimentarios e á autonomía persoal á hora de tomar decisións acerca da súa saúde.

• As diferenzas entre alimentos e nutrientes, e a clasificación dos alimentos a partir dos seus nutrientes como enerxéticos, construtivos ou reguladores; estudarase tamén o papel da auga e a fibra na dieta.

• A idea de dieta saudable, as axudas típicas dunha cultura e, en especial, o valor da dieta atlántica.

• O aparato dixestivo e a función dos distintos órganos nos procesos de transformación dos alimentos, na absorción dos nutrientes e na expulsión dos restos.

• O aparato respiratorio e a función dos distintos órganos que o compoñen á hora de levar a cabo a respiración.

• O aparato circulatorio e a función que realizan os seus distintos compoñentes no relativo á circulación.

• A excreción e como se realiza desde o aparato excretor e as glándulas sudoríparas.

Nestes padlets podedes comprobar o traballo realizado

 

 


 

COMENZAMOS UNHA NOVA ANDAINA

Nestes meses e coma en anos anteriores, comenzamos novas quendas de reparto de froita fresca e  para ter toda a información correcta sobre as características das froitas aquí vos deixamos uns enlaces a sitios interresantes para traballar nas aulas

frutijuego

 

 

recetas fruta

 

 

pilas bocata

 

aventura no mar

Powered by Drupal - Design by artinet