Aliméntate ben

UNHA NOVA SEMANA DE FROITA FRESCA

froita

Nesta semana,  e por terceira quenda, voltamos a disfrutar do sabor da froita fresca durante o noso recreo e acadamos uns hábitos alimenticios moi saudables.

Tivemos peras, mazás, mandarinas, plátanos e amorodos. 

Que ricos estaban!!!

Rocío e Hugo con froita fresca

 

(Preme na fotos para ver os álbumes)

 

 comendo froita

II OBRADOIRO "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

o sabor da aventura está no mar

Nestes días, os alumnos e alumnas de Primaria, estamos a participar no II Obradoiro de " o Sabor da Aventura está no Mar" diseñado pola Consellería de Educación en colaboración coas Consellerías de Mar e Sanidade.

A cuadrilla dos Arroases volveu visitarnos  e, como sempre aprendimos un montón de cousas relacionadas có mar. Ensináronnos a distinguir diferentes seres vivos mariños: crustáceos, bivalbos, cefalópodos… e o que nos aporta cada un. Tamén cal é o camiño que seguen estes seres vivos dende que saen do mar ata que chegan as nosas casas.

 

 

Pasámolo xenial! Xa sabemos tanto do mar que conseguimos o noso carnet  da cuadrilla dos Arroases!

 

sabor do Mar

Preme na foto para poder visualizar o álbume

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

o sabor da aventira esta no mar

Nestes días estamos a realizar a segunda parte do programa O sabor da Aventura está no Mar ofertado pola Consellería do Mar dentro do noso proxecto "En Frian comemos san".

Esta segunda parte consiste na visita a lonxa de Vigo, o Museo do Mar de Galicia e unha comida no noso centro degustando un xantar elaborado  con productos do noso mar ( sopa de marisco e pasta con mexillóns).

Neste primeiro álbume (preme na foto) tedes aos rapaces e rapazas de 1º de primaria disfrutando da saída  e por suposto dunha comida tan saudable.

 

sabor do mar

 

 

  Hoxe, martes 10 de Marzo  fomos de excursión á lonxa de Vigo  os alumnos e alumnas de 2º de Primaria. Foi moi interesante, tivemos a oportunidade de ver unha sinxela subasta de peixe. Ao rematar a subasta, presentáronnos á aguia que coida a lonxa das gaivotas, foi espectacular ver como extendía as ás...

 

Gustounos moito ver os viveiros do marisco: coas centolas, bogavantes e nécoras. Fomos ó Museo do Mar e impresionounos moito o acuario, onde vimos as especies de peixes máis características da ría de Vigo. Tamén vimos os diversos aspectos das diferentes salas do museo: chamounos moito a atención o submarino de Sanjurjo Badía e o esquelete dun cachalote de 200Tm.

 

Rematamos coa degustación de pratos realizados con productos do mar!

Que rico!!!

 

lonxa 2º

 

Tamén o mércores 10, os nenos e as nenas de 5º, fixemos una saída moi completa.

Primeiro percorrimos a Lonxa e alí vimos peixes e mariscos de todos os xeitos. Tivemos a sorte de escoitar unha subasta e de observar dende moi preto, peixes fresquísimos.

Logo visitamos O Museo do Mar, vimos o Acuario e tamén unha monitora comentóunos moitas cousas referentes ao mundo mariño, aos submarinos e aos buzos antigos.

Voltamos ao colexio e invitáronnos a un xantar feito con produtos do mar: pescada e mexillóns.

lonxa 5º

Preme na imaxe e accede a álbume

WORKING ON ARCIMBOLDO

arcimboldo 1

This week at bilingual lessons in Grade 1 we were working on a very famous Italian painter, ARCIMBOLDO, who was famous for creating imaginative portrait heads made of fruit, vegetables, flowers...


 

NOVA SEMANA DE FROITA FRESCA

froita

Esta semana estivemos a disfrutar de mazás, mandarinas, plátanos, laranxas e mañá rematamos a semana coa pera.

Estamos a acadar uns hábitos de vida e alimentación saudable e ademáis estamos a disfrutar da froita das diferentes estacións.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet