Aliméntate ben

UNHA NOVA MERENDA SAUDABLE

merenda sofia 1

O pasado luns, 30 de abril,  a alumna Sofía de 2º A,  trouxonos unhas filloas deliciosas que preparou co seu pai a tarde do domingo.

merenda sofia 2

Quentámolas un pouco no microondas e comemolas todas!!!!   
Umm estaban boísimas!!!
merenda sofia 3
 Grazas a Sofía e ao seu pai  tivemos unha merenda moi saudable que nos fixo despedir o mes de abril con enerxía para recibir ao mes de  maio.
 

I CONGRESO ALIMÉNTATE BEN

 

 

Os días 3 e 4 de maio, celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, o I Congreso Aliméntate Ben  nos que, durante as dúas xornadas, reuníronse 500 escolares galegos de Primaria e Secundaria para reflexionar sobre alimentación saudable na infancia e na adolescencia.

 

Dentro desta iniciativa os nosos alumnos e alumnas presentaron os traballos realizados dentro do noso PDI "Vivindo San no Cole Frian" que conleva os proxectos educativos Aliméntate Ben, Máis e Mellor actividade Física e Móvete + e moito máis (Programacións de aula, Biblioteca,Tics, Música, Educación Físca, Lingua Inglesa...)

Consistiu nunha Feria-Exposición na que participamos 10 centros de Primaria amosando os nosos traballos e tivemos a posiblidade de coñecer outros Centros, participar en obradoiros e actividades lúdicas fomentando a nosa vida e alimentación saudable.

 Accesit I congreso

 

O noso centro acadou un accésit pola labor realizada ao longo deste curso neste  Proxecto o que pretendemos continuar traballando ao longo dos vindeiros anos xa que a resposta da Comunidade Educativa é excepcional e a ela e a quen temos que agradecer este recoñecemento por parte da Xunta de Galicia.

entrega accesit

 

OBRADOIRO O SABOR DA AVENTURA



Unha das actividades do Proxecta "Aliméntate ben" na modalidade "O sabor da aventura está no mar" é un obradoiro que tivemos no cole esta semana e resultou do máis divertido.

Aínda que xa os coñeciamos, presentáronnos á pandilla dos Arroases e aprendemos cales son os seus "superpoderes" (o seu principal aporte nutricional...)

Logo fixemos uns xogos moi divertidos con cada arroaz para enchernos de enerxía e rematar co xogo da Pescada!!

 

 

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O alumnado de 1º de Primaria visitou na vila de Bueu o seu mercado e a lonxa, para coñecer de primeira man as especies de peixes e marisco que nelas se atopan.

Tiveron a sorte de poder contemplar a descarga dun barco de baixura e as distintas artes de pesca: redes, nasas e incluso a pesca submarina da navalla.

Como remate da visita, degustaron unha deliciosa merenda a base de pastel de pescada e ensalada de pasta e peixe.

 

 

Canal cociña 1º A: "Arroz con leite"

O alumnado de 1º A, aproveitando o leite do reparto no colexio realizaron unha receita de "Arroz con leite". No seguinte vídeo explícannos con moito detalle como o fixeron. Prestade moita atención:

 

Powered by Drupal - Design by artinet