5 anos 17/18

XA NOS GRADUAMOS

O vindeiro martes 19 de xuño o alumnado de 5 anos de Educación Infantil festexou o seu acto de graduación en compañía de familiares e amigos. Os demais compañeiros de Educación Infantil non quixeron perder a ocasión de acompañalos neste día tan importante nas súas vidas. O paso e etapa de Primaria será sin dúbida un dos seus acontecementos mais importantes. Dende aquí queremos darlles as nosas felicitacións e grazas por acompañarnos estos tres anos xuntos na etapa de infantil. Vos desexamos moitísima sorte a todos!!!

 

INVESTIGAMOS ANIMAIS EXÓTICOS

A clase de 5 anos A, levou a cabo na aula un pequeno proxecto de investigación sobre algúns animais exóticos. Primeiro despois dunha choiva de ideas os animais sobre os que quixeron ampliar información foron o oso perezoso, tucán, iguana e tapir. Procura de información en internet, documentación biográfica, debuxos , fotografías e modelado foron algunhas das actividades que se traballaron.

 

 

 

 

 

 

UNHA MOREA DE RECEITAS CASEIRAS

Os nosos pequenos de 5 anos continuaron a súa labor de elaborar un recetario entre todos con receitas feitas na casa. Aquí van unha mostra dalgunhas receitas.

 

RECEITAS CHEFS SAUDABLES

A Consellería de Sanidade ven de por en marcha o concurso de Chefs Saudables ,que consiste na elaboración dun video no que os escolares preparan unha receita saudable dun prato principal que cando menos contengan legumes,peixes, hortalizas e verduras.

Se queredes ver o resto de receitas saudables, podedes entrar no apartado Proxectos.

 

CONTINUAMOS COCIÑANDO EN FAMILIA

Esta semana seguimos cociñando en familia cunhas receitas moi ricas e apetecibles. De primeiro plato Alba preparou unha pizza moi rica, seguido de Ainhoa que fixo de segundo uns ovos recheos de atún. E claro non podía faltar a sobremesa con dous postres para escoller; Valeria Ameal preparou unhas deliciosas magdalenas caseiras e Gael quixo ensinarnos como preparou uns estupendos Dorayakis.

Todas as receitas para chuparse os dedos!!!! Grazas a todos.

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet