3º ESO

A visita Interxeneracional a través da prensa

 

POR PABLO PORTABALES .

La Voz de Galicia 11.XII.2016

 

 

Otra actividad en la que mayores y chavales también fueron de la mano. En las últimas horas alumnos de 3º de la ESO del IES Francisco Aguiar de Betanzos y socios del centro de mayores de la localidad acudieron a la exposición Galicia 100, que recoge diferentes objetos relacionados con la historia y cultura de Galicia. Nada mejor que unos veteranos para guiar a los chavales. Y al revés también en algunas ocasiones.

Actividade interxeneracional. Visitamos a exposición "Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura"

 

"Galicia100. Obxectos para contar unha cultura" é un programa de divulgación do Consello da Cultura Galega que busca difundir a historia e a cultura de Galicia a través dunha selección de cen pezas desde o Paleolítico ata os anos 90 do século XX.

 

 

Continuando coa colaboración do IES Francisco Aguiar co Centro de Maiores de Afundación en Betanzos,  o alumnado dun grupo de 3º da ESO poderá visitar esta interesante exposición acompañados dos maiores participantes na experiencia, e beneficiarse dos seus coñecementos e, sobre todo, da súa experiencia. 

 

A actividade abranguerá dende as 11.10 ata as 14.15. 

Betanzos Histórico: así eramos / así somos. Inauguración da exposición no Liceo

O venres 2 de decembro ás 20.00h   inaugúrase no Edificio Liceo de Betanzos unha exposición fotográfica con materiais elaborados polos alumnos de ESO 3º B do curso pasado coordinados e dirixidos polo profesor de Educación plástica e Visual Xosé Manuel Rey Bao.  

Baixo o  título: "Betanzos histórico: así eramos/ así somos", atopamos un diálogo entre fotografías antigas da vila e as imaxes que capturaron os nosos alumnos.

Ocasión inmellorable para deixar que xurda un diálogo entre o que eramos onte e o que chegamos a ser hoxe.

Ocasión para facer unha visita sen presas,  para mirar de vagar as imaxes reparando nos detalles agachados baixo a pátina do tempo, do cotiá ou do humilde.  

Ocasión para comprometer unha acción decidida pola súa conservación e revitalización

( algo que dende este Departamento de Plástica  do IES Francisco Aguiar vense facendo dende hai moitos anos de xeito decidido i entusiasta)

Ocasión para volvermos namorar de Betanzos.

21.VI.2016. Inaugación da Exposición "Xeo(si)metrías)"

O martes 21 

ás 19 horas

na Libraría Biblos de Betanzos (r/ Santiago,  4)

 

Inaugúrase a exposición que mostra o traballo de "fotografía  en curso" que durante este ano realizaron os alumnos e alumnas de ESO 3º A,  coordinados polo seu profesor de Educación Plástica e Visual, José Manuel Rey Bao. 

Baixo o título de "Xeo(si)metrías" os xoves fotógrafos amosannos unha visión diversa do casco histórico de Betanzos.

Xeo(si)metrías no Betanzos histórico

Como parte do traballo de "Fotografía en Curso" do alumnado de 3º A da ESO coordenado por Xosé Manuel Rey Bao, presentamos este traballo sobre simetrías e xeometrías no Betanzos Histórico

Cores na Contorna. Exposición dos alumnos/a de 3º para Fotografía en Curso

 

Coordinados e orientados polo profesor de Educación Plática e Visual,  José Manuel Rey Bao,  os nosos alumnos e alumnas  de 3º da ESO realizan, un ano máis, un curso de fotografía. A exposición que agora presentamos forma parte do seu proceso formativo...pero virán máis!

FOTOGRAFÍA EN CURSO. Segunda sesión fotográfica. 3.VI.2016

Os alumnos de dous cursos de 3º da ESO están a participar este curso no programa de Fotografía en Curso que coordina no noso centro o profesor José Manuel Rey Bao. 

Dentro deste proxecto traballouse con fotografías de reputados fotografos para unha primera mostra que levou por título "Lecturas". Fixéronse primeiros achegamentos á linguaxe fotográfica con pequena exposicións ("Espazos Baleiros" e "Cores na contorna")

Nos días 1 e 3 deste mes de xuño os participantes saen á rúa para completar o seu traballo cunha nova mirada sobre o casco histórico de Betanzos.

O pasado mércores 1 de xuño o alumnado de 3º A percorreron o citado casco histórico na procura de "xeometrías". O venres 3 de xuño, serán os alumnos e alumnas de 3º B os que realizarán un traballo que chaman "de onte a hoxe" para descubrir os cambios no tecido urbán por medio da comparación entre  fotografías antigas e as que realizan eles neste momento. 

Espazos Baleiros. Un traballo para Fotografía en Curso. 2015-2016

Un dos primeiros traballos neste curso dos alumnos de 3º da ESO que están a participar no Programa Fotografía en Curso, coa coordinación d o profesor de Educación Plástica,  José Manuel Rey Bao

Proxecto TERRA. A experiencia de Guimaraes

Resumimos nesta serie de vídeos a experiencia dos nosos alumnos de 3º da ESO en Guimaraes

 

 

Imaxes do "bilingual weekend" en Alvarella 6-7-8 maio 2016

O noso correspondente en Alvarella envíanos estas imaxes da fin de semana dos alumnos de bilingüe de 3º da ESO.

 

Distribuir contido