3º ESO

Visita didáctica á estacion eólica de SOTAVENTO

O Departamento de Tecnoloxía do noso instituto programa, un ano máis, unha visita co alumnado de 3º da ESO á estación eólica de Sotavento en Guitiriz.

     O martes 19 de xaneiro serán os grupos A e D os que participen da saída acompañados polos profesores Carmen Núñez,de tenoloxía;  Lorena del Palacio, de Ciencias Naturais;  e Xosé Luis Mosquera, de Xeografía e Historia.

     O mércores 20 tocará o turno ao alumnado dos grupos B e C. Nesta ocasión estrán acompañados por Diego F. Armesto, de tecnoloxía; Javier Corona,  de Física e Química; e Emilio Duque de Ciencias Naturais.

Quérote +. Curso 2015-2016

O martes 12 de xaneiro tivo lugar a primeira sesión das tres que cada grupo de 3º da ESO recibirá por parte do equipo do Quérote +. 

Este programa forma parte dos Plans Proxecta que financia a Xunta de Galicia  e que o noso Instituto leva realizando durante varios anos. 

Cada ano os expertos de Quérote + traen ata o noso instituto a oportunidade de reflexionar e compartir ideas sobre os temas da afectividade e sexualidade que tanta importancia teñen para a formación do noso alumnado.

Visita á Coruña 27 novembro 2015

Mañá viaxeira a que nos agarda neste 27 de novembro no Aguiar. 

Viaxeira e ilustrada!

O alumnado de ESO 3º dos grupos A e B  realizarán unha visita á cidade da Coruña cun triple destino. Por unha banda visitarase a Casa Museo Casares Quiroga  que alberga a exposición fotográfica realizada polos nosos alumnos o ano pasado "Betanzos histórico. Unha mirada xoven sobre unha cidade vella".

  

Tamén haberá ocasión na mañá de coñecer a Casa Museo María Pita e visitar nela outra exposición fotográfica que forma parte  coa nosa exposición do Outono Fotográfico.

  

Como remate o alumnado poderá participar nun obradoiro na Fundación Luís Seoane. 

Obradoiro de Bebidas Saudables para 3º da ESO

Retomamos este xoves, 7 de maio, para 3º da ESO unha actividade que é case unha tradición no "Francisco Aguiar", o Obradoiro de Bebidas Saudables. 

Coa colaboración do Concello de Betanzos desenvólvese un obradoiro moi práctico, divertido e nutritivo que ensinará aos rapaces como elaborar bebidas saudables.

Pero o obxectivo principal é que sexa unha plataforma para a reflexión sobre un tema que a familias e docentes nos preocupa. Referímonos ao consumo de alcohol en idades cada vez máis temperás e a xeneralización dun lecer asociado ao consumo de bebidas alcohólicas, o que chamamos popularmente "botellón".

Ruta polo Mandeo 6.V.2015

 

     Logo de varios aprazamentos por culpa das condicións meteorolóxicas, o alumnado de ESO 3º A e C poderá percorrer o Val do Mandeo nunha espectacular ruta circular con punto de saída e chegada en Espenuca. Estarán acompañados, polos experimentados "sherpas": Pepe Valverde, Carlos Castellanos e Laetitia Vaucanson

 

      Encostas de grande pendente, rochas sobre o río e, previsiblemente, bastante barro,  uniranse nunha saída de moderada esixencia física e grandes satisfaccións en canto á superación persoal. 

 

     Pero tamén será a oportunidade para disfrutar de paraxes non por cercanos menos maravillosos e de compañeiros e compañeiras cos que compartir esforzos e alegrías.

Quérote +. 1ª sesión de traballo. 8 de abril 2015

     Un ano máis, o IES Francisco Aguiar participa no Plan Proxecta da Xunta de Galicia. E concretamente no seu programa QUÉROTE +  de educación afectivo-sexual da mocidade.Desta volta farémolo pola modalidade que leva o título "socializando" .

     O traballo vai dirixido ao alumnado de 3º da ESO que traballará en tres sesións os temas de convivencia, uso das TIC's e fenómeno do botellón.

Distribuir contido