3º ESO

O Aguiar na XIII Feira Matemática de A Coruña

A Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) acaba de organizar o 26 de abril de 2014 en Palexco a XIII Feira Matemática.

O obxectivo desta xornada é divulgar e afondar no ensino-aprendizaxe das matemáticas e acadar unha intercomunicación social, matemática, lúdica, prática e agradable, animando a nenos, nenas e maiores a resolver problemas matemáticos diversos.

Continuando coa tradicional participación do "Aguiar" nesta iniciativa o pasado 26 de abril desprazouse "de sudokus pertrechada" unha, pequena pero ilustre, representación do noso Instituto: Gala Sofía Sánchez, Icía Carro e o profesor Cheché Varela


Encontro co escritor Pedro Sánchez Negreira

PEDRO SÁNCHEZ NEGREIRA, Verde como el Hielo,   Zaera Silvar, A Coruña, 2013
Ilustracións de Dictinio de Castillo Elejabeytia

 

O Departamento de Lingua e Literatura Castelá organiza unha actividade que terá lugar  no Salón de Actos do Instituto durante a primeira hora da tarde do martes 22 de abril Nela participará o alumnado de 3º A, B, e C ,  que está a realizar un traballo centrado nos microrrelatos (o cuarto xénero narrativo para Irene Andres-Suárez)  Con este motivo participarán  nun encontro co escritor Pedro Sánchez Negreira autor de  “Verde como el Hielo” .

 

"Moitos lectores e escritores de prestixio considérano [o xénero do microrrelato] un caixón de sastre para escritores incompetentes. Gosto das formas literarias hiperbreves. Certo é que hai moitas publicacións carentes de interés, de igual xeito que hai moitas novelas de moitas páxinas que non resisten unha lectura crítica. A calidade dos textos de Sánchez Negreira fai innecesaria a súa defensa. ¿Ídesme dicir vós tamén que o tamaño importa?"    Francisco Rodríguez   (Alto Risco)

 

3º da ESO. Visita a SOTAVENTO

 Inicio 

Proyecto Divulgativo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Organizado polo profesorado de Física e Química e Tecnoloxía , o alumnado de 3º da ESO visitará o luns ( 3º B e C)

e martes (3º A e D) ao Parque Eólico Experimental  SOTAVENTO.

A expedición  Guiño  sairá do centro arredor das 9.20h para regresar apróximadamente ás 14.10

 

...................................................&...........................................................

Comeza unha nova viaxe... desta volta a París

 

         Retoma o IES Francisco Aguiar un clásico na historia das viaxes no Instituto:  os percorridos por Francia organizados polo Departamento de Francés. Certo é que desta volta non terá os rasgos épicos e case  heroicos das viaxes ¡ en autobús! ata a cidade do Sena,  pero en todo caso alá imos. Nesta ocasión as profesoras María José Carral e Teresa Fraga acompañan a rapaces e rapazas que cursan a materia de Francés en 3º da ESO e 1º BAC.

Agardamos que á volta poidamos amosar unha chea de imaxes desta "glamugosa" viaxe.

Observacións de aves no Pazo de Mariñán

O martes 25 de febreiro o intrépido alumnado de 3º D ,desprazarase nas horas da tarde ata o Pazo de Mariñán. Alí , dirixidos polo seu arriscado e aventureiro  profesor  de Ámbito Científico, Emilio Duque,van  participar nunha actividade de observación de  aves.

Agardamos que á volta nos conten a experiencia e traian algunhas fotos da mesma ...e que non lles ocorra como ao neno da imaxe inferior.

3ª e última xornada de traballo no Quérote + deste ano

Mañá, martes 21, rematan as sesións de traballo do programa Quérote + nas aulas  ( e comezará o traballo polo miúdo das diversas materias implicadas) . Os catro grupos de 3º de  ESO en sesións de dúas horas iran sucedéndose para o traballo do tema. 

Unha vez máis serán dirixidas polo dinamizador de Quérote +,  Santiago Legaspi. Nas dúas sesións anteriores tratáronse os temas da "convivencia" e a "imaxe corporal", desta volta o tema que se tratará é o da "sexualidade".


2ª xornada de traballo no programa "QUÉROTE +".

Hoxe, 10 de xaneiro,  tiveron lugar as segundas  sesións de traballo do Programa "Quérote +" deste ano para o alumnado de 3º da ESO

Nesta ocasión o tema a tratar era a "imaxe corporal" o que levou a reflexionar sobre consumo, publicidade e o xeito en que nos miramos... ou nos fan mirarnos.

Neste caso,  o tema non era alleo ao traballo que se fixo con anterioridade noutras materias. Só por poñer un caso, lembremos a entrada no blogue "El Pupitre Rojo" que administran os nosos compañeiros de Lingua Castelá" . A entrada en cuestión reproducía un artigo de Begoña Gómez Urzaiz   titulado "Sala de despiece femenino. La misoginia ataca de nuevo nuestro cuerpo"

QUÉROTE +

 O día 18 do presente mes,  o "Aguiar" retoma unha experiencia que se viña desenvolvendo  dende anos atrás. A participación no programa "Quérote +". Este ano serán os alumnos e alumnas de 3º de ESO os que poderán disfrutar desta experiencia formativa.

Nesta ocasión a participación consistirá nunha serie de estudos e tarefas realizados en varias materias do curriculum que irán reforzadas por tres sesións de traballo con animadores. En cada unha desas sesións e no traballo de clase os tres temas que centrarán a reflexión e o traballo deste ano serán: Convivencia, Sexualidade e Imaxe Corporal.

Polo de agora, o mércores 18, o tema será a convivencia.  

 

 

......................................%...........................................

3º da ESO. Visita a SOTAVENTO

 Inicio 

Proyecto Divulgativo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Organizado polo profesorado de Física e Química e Tecnoloxía , o alumnado de 3º da ESO visitará o luns ( 3º B e C)

e martes (3º A e D) ao Parque Eólico Experimental  SOTAVENTO.

A expedición  Guiño  sairá do centro arredor das 9.20h para regresar apróximadamente ás 14.10

 

...................................................&...........................................................

Distribuir contido