3º ESO

Viaxe de estudo a Francia. 2ª cronica. Julia Montes e Brais Agilda

Unha xornada inesquecible na que desfrutamos dun matinal paseo polo espazo natural da Duna du Pilat, en Arcachon 

...e como remate,  cruceiro nocturno polo río Sena no popular Bateau Mouche para paliar os efectos dun longo traxecto por estrada e ter un primeiro contacto coa cidade da luz de xeito inesquecible e apaixoante.

Crónica de Julia Montes (3ºC) e Brais Agilda  (4ºB)

1ª Crónica da viaxe a Francia. 2 a 7 de abril de 2017

Este é o comezo dunha nova experiencia. A viaxe a París que nos está levando a coñecer un montón de sitios novos.

Hoxe visitamos a cidade de Burdeos, o seu casco histórico

Se dúbida, o inicio dunha gran viaxe.

Carmen Cartelle, 3º A

 

Viaxes de estudos a París e Londres

Na derradeira semana diste trimestre (1-7 abril, 2017) máis de 100 dos nosos alumnos e alumnas atópanse embarcados en senllas viaxes culturais promocionados polos Departamentos de Francés e Inglés.

O alumnado de 3º da ESO ( cunha pequena representación de 4º) viaxan cara a París cun programa que inclúe polo camiño outras visitas interesantes ( véxase neste enlace o plan de viaxe): Bourdeaux, la duna de Pilat, un percorrido pola historia de Francia en París, Eurodisney.... Guiados e dirixidos polas profesoras Beatriz Vázquez Agilda, Melanie Pintos e Carmen Suárez Moledo.

O alumnado de 4º da ESO, acompañado polas profesoras Chus Suárez, Mª José Pereira, Elvira Charlín e Amparo Mejuto, cursan visita á cidade de Londres. Todo un clásico nas viaxes culturais do Aguiar que inclúe: o London Eye, The Globe Theatre, Picadilly, Camden, British Museum, National Gallery e Victoria&Albert, entre outros. 

Agardamos poder dar conta dos pormenores distas viaxes, se os nosos reporteiros cumplen o seu compromiso.

Cartas de Amor. Obradoiro de Prevención da Violencia de Xénero.

 

Os  vindeiros 21 e 22 de marzo, coa colaboración do Concello de Betanzos, terá lugar no noso Instituto unha interesante actividade.

A partir da exposición que se atopa no Edificio Liceo, titulada "Cartas de Amor", Gloria Serrato traballará co alumnado de 3º de ESO unha serie de aspectos de educación afectiva e sexual que pretenden ser un antídoto contra a violencia de xénero.

O día 21 entre a 3ª e 4ª hora será o grupo D que aborde estes temas. O día 22 en sucesivas quendas de dúas horas serán o resto dos grupos de 3º da ESO os que traballarán os contidos dista exposición. 


 

 

 

 

Kim e Altarriba visitan o Aguiar. 14.III.2017

O martes 14, os alumnos de 3º da ESO terán a oportunidade de coñecer a dous dos máis importantes autores españois no eido da novela gráfica e o libro Ilustrado: Antonio Altarriba e o debuxante Kim.

Os alumnos de 3º da ESO do noso IES teñen lido "El arte de volar" na asignatura de Educación Plástica, baixo a supervisión de X.M. Rey Bao e agora poderán compartir preguntas e impresións directamente cos autores no acto que terá lugar a partir das 17.00 no Salón de Actos.

 

Posteriormente a este encontro, arredor das 18:15 (condicionado polo xa citado cos nosos alumnos),  os participantes no Club de Lectura de Adultos recibiremos a Antonio Altarriba e Kim no lugar habitual de reunión, a Libraría Biblos na Rúa Santiago, 4.

 

Inmellorable ocasión para que amantes e interesados  na novela gráfica e no libro ilustrado, poidan disfrutar dunha interesante conversa  con estes artistas.

 

 

Charlas sobre cultura inglesa

Grazas á colaboración dunha coñecida empresa de libros de texto  e coa xestión dos profesores do Departamento de lingua Inglesa, o vindeiro mércores 8 de febreiro terá lugar no Salón de Actos do instituto unha serie de tres charlas sobre cultura inglesa.

Ocasión inmellorable para que os nosos alumnos de 3º e 4º poidan prácticar a lingua e coñecer dun xeito divertido curiosidades dista cultura. 


ESO3º A,B,C................................ 1ªh

ESO 4ºC, D(16 alumnos)3º D........  2ªh

ESO4ºA,B, D (9 alumnos).............. 3ª h



Obradoiros de Quérote +

Un ano máis, o noso alumnado de 3º da ESO participará nos talleres de edicación afectiva e e sexual que imparte Iago Legaspi. 

Terán lugar no noso Salón de Actos o martes 31 de xaneiro coa seguinte distribución horaria:

 De 8.45 a 10.25 ESO 3º D
De 10.40 a 12.20 ESO 3º A
De 12.35 a 14.15 ESO 3º B
De 16.20 a 18.00 ESO 3º C

Fotografías da visita a Sotavento 2016/2017

O venres 16, as clases de 3º A e C, fixenmos unha visita guiada ao Parque Eólico de Sotavento, en Xermade, perto de Guitiriz.  Para algúns, a maioría, non era a primeira vez que visitabamos as instalacións, o que nos quedou ben claro é que nunca volveremos sen saber algo novo.

 

Primeiro: unha pequena introdución sobre o que é exactamente un parque eólico, outras formas de producir enerxía, os seus costes, pros e contras...

 

Despois, separámonos en dous grupos, uns íbamos á casa sostible e outros ao taller para coñecer o funcionamente dos eólicos.

 

Na casa sostible aprendemos medidas para que o noso fogar sexa eficiente e amigable co medio, pero esta vez o enfoque da charla é máis serio: dámonos conta do perxudicada que está a enerxía sostible en España.

 

Descubrimos o funcionamento dos molinos ( ah non, que non son muiños...chámanse aeroxeneradores) mirando maquetas e visitando o interor dun deles.

 

 

Alexia Fernández 3º C 

 

Os monitores de Sotavento Galicia publicaron na súa conta de Facebook simpáticas instantáneas das visitas feitas por 3º da ESO os pasados días 15 e 16 de Decembro. Preme nas imaxes para acceder ás galerías fotografícas completas.

Visita do alumnado de 3º da ESO a Sotavento

 

Os vindeiros días 15 e 16 de decembro o alumnado de 3º da ESO terá a ocasión de visitar o Parque Eólico Experimental de Sotavento en Guitiriz.

O primeiro día, o xoves 15 serán os grupos B e D acompañados polos profesores Carmen Núñez de Tecnoloxía, e coordinadora da visita e juliñan Ferrer de Xeografía.

O segundo día, venres 16,  será a quenda dos grupos A e C, nesta ocasión acompañados novamente por Carmen Núñez e pola súa profesora de xeografía, Teresa Bellón.

Esta actividade é xa todo un "clásico" nas actividades complementarias do noso instituto poque se leva celebrando, coas distintas promocións, durante varios anos.

 

Distribuir contido