3º ESO

Fotografía no Aguiar. O casco histórico

Se o pasado martes 30 de maio un grupo de 3º da ESO enfocaba as súas cámaras fotográficas ao patrimonio monumental do Parque do Pasatempo, o xoves 1 de xuño o grupo de 3º A volverase, de novo, ao casco histórico de Betanzos.

Non é a primeira ocasión no que o Departamento de Educación Plástica e Visual, baixo a coordenación de José Manuel Rey Bao, presta atención a esta parte da nosa cidade. O resultado noutros anos foron vartias exposicións e un libro que se atopa no prelo e que recollerá o traballo dos alumnos e alumnas do curso pasado. Desta volta a procura de detalles insólitos ou curiosos centrarán a visión que os nosos alumnos darannos da cidade. 

Para ilo distribuiranse en dúas quendas de tres horas cada unha nas que realizarán as diversas tomas fotográficas. 

Andrea Maceiras visita o Aguiar. 18.IV.2017

Co inicio do derradeiro trimestre do curso, o alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de coñecer, escoitar e falar coa escritora Andrea Maceiras. O motivo era charlar sobre unha das obras de lectura da materia de Lingua e Literatura Galega diste ano, "Europa Express".

O acto arrancou, logo das presentacións de rigor, cun "spin off" da obra comentada que deixou boquiaberto ao auditorio.

Nese momento xa era claro que a autora era unha persoa moi cercana e disposta á conversa, en ningún caso unha escritora distante nin endiosada.

O resto foron preguntas de todo tipo: sobre a obra en cuestión, sobre a autora e a súa vocación literaria, sobre personaxes e situacións. Animounos a participar en cantos certames literarios houbese na contorna ( así foi como ela comezou) e emprazounos para dentro de non moitos anos para facer de," Europa Express", unha versión cinematográfica.

Para cando quixemos acordar era a hora de asinar exemplares e ir para a seguinte clase.

En todo caso, compre agradecer a disposición e simpatía de Andrea. Máis dun e dunha quedamos co gusaniño da escrita. 

 

Crónica final da viaxe cultural a Francia.

 

Hoxe visitamos o parque Disneylans París, un lugar máxico no que divertirse coma nenos pequenos.

Primeiro, saímos ás 10,30 e chegamos alí ás 11,30. Despois, nada máis chegar, as profesoras puxeron un punto de reunión para xuntarnos ao final da xornada e así cada un podía facer o que quixese dentro do parque ata as 22 hs.

Finalmente, ao pasar todo o día divertíndonos no parque, vimos o gran espectáculo final das luces reflexadas no castelo. Un espectáculo inolvidable de imaxes e moitos personaxes de Disney, con fogos artificiais e movementos de auga alucinantes.

Xuntámonos no punto de reunión para terminar o percorrido polo parque e voltar ao hotel, dando prácticamente por finalizada a nosa viaxe. Un día no que voltamos á nosa infancia. 

 

Viaxe de estudo a Francia. 2ª cronica. Julia Montes e Brais Agilda

Unha xornada inesquecible na que desfrutamos dun matinal paseo polo espazo natural da Duna du Pilat, en Arcachon 

...e como remate,  cruceiro nocturno polo río Sena no popular Bateau Mouche para paliar os efectos dun longo traxecto por estrada e ter un primeiro contacto coa cidade da luz de xeito inesquecible e apaixoante.

Crónica de Julia Montes (3ºC) e Brais Agilda  (4ºB)

1ª Crónica da viaxe a Francia. 2 a 7 de abril de 2017

Este é o comezo dunha nova experiencia. A viaxe a París que nos está levando a coñecer un montón de sitios novos.

Hoxe visitamos a cidade de Burdeos, o seu casco histórico

Se dúbida, o inicio dunha gran viaxe.

Carmen Cartelle, 3º A

 

Viaxes de estudos a París e Londres

Na derradeira semana diste trimestre (1-7 abril, 2017) máis de 100 dos nosos alumnos e alumnas atópanse embarcados en senllas viaxes culturais promocionados polos Departamentos de Francés e Inglés.

O alumnado de 3º da ESO ( cunha pequena representación de 4º) viaxan cara a París cun programa que inclúe polo camiño outras visitas interesantes ( véxase neste enlace o plan de viaxe): Bourdeaux, la duna de Pilat, un percorrido pola historia de Francia en París, Eurodisney.... Guiados e dirixidos polas profesoras Beatriz Vázquez Agilda, Melanie Pintos e Carmen Suárez Moledo.

O alumnado de 4º da ESO, acompañado polas profesoras Chus Suárez, Mª José Pereira, Elvira Charlín e Amparo Mejuto, cursan visita á cidade de Londres. Todo un clásico nas viaxes culturais do Aguiar que inclúe: o London Eye, The Globe Theatre, Picadilly, Camden, British Museum, National Gallery e Victoria&Albert, entre outros. 

Agardamos poder dar conta dos pormenores distas viaxes, se os nosos reporteiros cumplen o seu compromiso.

Cartas de Amor. Obradoiro de Prevención da Violencia de Xénero.

 

Os  vindeiros 21 e 22 de marzo, coa colaboración do Concello de Betanzos, terá lugar no noso Instituto unha interesante actividade.

A partir da exposición que se atopa no Edificio Liceo, titulada "Cartas de Amor", Gloria Serrato traballará co alumnado de 3º de ESO unha serie de aspectos de educación afectiva e sexual que pretenden ser un antídoto contra a violencia de xénero.

O día 21 entre a 3ª e 4ª hora será o grupo D que aborde estes temas. O día 22 en sucesivas quendas de dúas horas serán o resto dos grupos de 3º da ESO os que traballarán os contidos dista exposición. 


 

 

 

 

Distribuir contido