3º ESO

Convocatoria pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na viaxe a Asturias 2019

Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na viaxe a Asturias  2019 a unha reunión informativa o vindeiro martes 5 de febreiro de 18:00 a 18:30 no salón de actos do IES Francisco Aguiar.

reunión viaxe Asturias

Materiais complementarios ao Obradoiro 'Escoita o meu son' realizado cos 3º da ESO

Dende a organización dos obradoiros 'Escoita o meu son' levados a cabo esta semana cos 3º da ESO, chéganos uns materiais complementarios para a libre consulta dos estudantes e reforzo do traballado no obradoiro.

Para acceder tendes que seguir estes sinxelos pasos:

1.- Enderezo do Plataforma de Formación online de ATLANTIC PONTE:
 
  
2.- Escoller o Obradoiro de Educación Secundaria “Escoita o meu son”
  
3.- Entrar como convidado/a
 
4.- Escoller os materiais de reforzo
 escoita o meu son escoita o meu son 
escoita o meu son  
 

"Escoita o meu son" Obradoiro de análise de letras de cancións para 3º ESO

 

Quen dixo medo

Esta semana que entra os 3º da ESO asistirán a uns interesantes obradoiros. "Escoita o meu son" é unha actividade presentada pola Deputación da Coruña dentro da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero "Quén dixo medo?" . Nela o alumnado realizará unha análise de xieto dinámico de diversas cancións e estilos musicais. O obradoiro tén entre outros obxectivos:

  • Fomentar relacións afectivas entre adolescentes baseadas na igualdade.
  • Tomar consciencia da falta de neutralidade nas letras das cancións.

3ºA       mércores   de 12:35 a 14:15

3ºB       mércores    de 10:40 a 12:20

3ºC       martes 15   de 12:35 a 14:15

3ºD      martes 15    de 10:40 a 12:20

Charla co autor MiguelAnxo Prado para os 3º da ESO

Miguelanxo Prado

O vindeiro luns 14 de xaneiro os Departamentos de Educación Plástica e Visual e Lingua Galega e Literatura organizan unha charla co autor de banda deseñada Miguelanxo Prado. 

De 12:35 a 14:15 horas no salón de actos do IES Francisco Aguiar para os 3º da ESO

Fotografía De Alberto Ramos - CC BY 3.0, Enlace

Visitas didácticas ao casco antigo de Betanzos para alumnado de 3º da ESO.

rúas doentes

 

Ao longo desta derradeira semana do trimestre, alumnado de 3º da ESO realizará uns percorridos guiados polo casco antigo de Betanzos moi especiais. Trátase de ollar, de ver, de redescubrir o seu entorno máis cercano da man do profesor de educación plástica e visual J. M. Rey Bao  e do profesor de xeografía e historia Julián Ferrer.

 

Curso Día Horario
3ºA Luns 17 de 12:35 a 14:15
3ºB Martes 18 de 08:45 a 10:25
3ºC Xoves 20 de 08:45 a 10:25

 

Só lembrar que de percorridos similares naceron iniciativas e fotografías coma as de "Betanzos 800 detalles" ou a recente exposición "Rúas doentes", entre outras.

 

 

 

Charla da autora de banda deseñada Zaida Novoa para os 3º da ESO

charla Zaida Novoa

Martes 20 de Novembro ás 11:30 no salón de actos, para os 3º da ESO. Charla organizada pola área de Servizos Sociais e a área de Xuventude do Concello de Betanzos.

 

Pareidolia. Fotografías orixinais do alumnado de 3º da ESO.

A pareidolia  é un fenómeno psicolóxico onde un estímulo vago e aleatorio (habitualmente unha imaxe) é percibido erróneamente como unha forma reconocible.

O Departamento de Educación Plástica e Visual con José Manuel Rey Bao traballou este concepto e o resultado exponse nos corredores do instituto para sorpresa e disfrute de todos os que transitamos por eles.

As exposicións fotográficas do Aguiar no xornal Betanzos e a súa comarca

Foto Betanzos

Hoxe, ca saída do novo número do xornal "Betanzos e a súa comarca", levamos a grata sorpresa do eco feito das pasadas exposicións fotográficas do alumnado de 3º da ESO e Jose Manuel Rey Bao.

Gracias ao equipo do xornal, que publica ACEBE CCA, polo seu traballo e por lembrar as nosas pequenas contribucións á vida cultural brigantina.

Cambiando un chisco a frase dun tal Humphrey Bogart nunha película: "Este pode ser o comezo dunha fermosa colaboración"

Música e lingua, repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nel

Zenzar

 

O alumnado de 3º da ESO asistirá a unha actividade de dinamización lingüística, proposta polo Concello de Betanzos,co título "Música e lingua, repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nel". O evento terá lugar ás 12:00 da mañá no aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Liceo e estará ofrecida polo grupo galego Zenzar.

O alumnado desfrutará, en primeiro lugar, dunha vídeo-charla con membros do grupo, falando da historia do rock en galego como elemento dinamizador da lingua na nosa cultura. Dentro desta parte faráse unha pequena introspectiva do que é o papel da muller na música galega, coas ilustracións de Laura Romero, creadora do proxecto "Músicas galegas ilustradas".

A segunda parte será un concerto a cago de Zenzar.

 

 

 

As mostras fotográficas do Aguiar na Opinión

Os pasados días falábamos das mostras fotográficas que o alumnado de 3º da ESO ten expostas na libraría Biblos e no edificio do Liceo. Os periodistas da Opinión fixeron eco destas dúas interesantes iniciativas, en dous artigos publicados recentemente. Agradecemos a súa contribución á hora de divulgar a cultura betanceira e o traballo dos nosos alumnos/as.

mostra pasatempo

SOS escolar contra el abandono

Alumnado de tercero de la ESO del instituto Aguiar pone el foco en los desperfectos de O Pasatempo para reivindicar su rehabilitación a través de una exposición fotográfica

La Opinión A Coruña 09.09.2018

mostra rúas doentes

De expedición por las calles dolientes

El alumnado del Francisco Aguiar inaugura una muestra que pone el foco en la ruina del casco histórico - "No se trata de buscar culpables, sino de buscar entre todos una solución", piden

La Opinión A Coruña 11.09.2018

 

Distribuir contido