3º ESO

Fotografías e enlace á reportaxe da TVG do obradoiro con @CaminosFuturo da ETSCCP da UDC

Antes das vacacións, á profesora do departamento de matemáticas en colaboración con @CaminosFuturo da ETSCCP da UDC, realizou un interesante obradoiro cos 3º da ESO para aplicar os contidos teóricos a casos prácticos da vida real e dar a coñecer a labor dos enxeñaros civís.

Desta iniciativa, que tanto éxito tivo no alumnado, fíxose eco a TVG cunha breve reportaxe no seu programa 'A revista' á que podedes acceder picando na seguinte enlace ou na imaxe.

obradoiro ETSCCP

Se vos interesa tamén podedes seguir o proxecto ca ETSCCP da UDC ten co FECYT, dentro do cal se enmarcou este obradoiro, que leva o nome de Camiños de futuro a través da súa web ou da súa presenza en redes coma twitter ou instagram.

Tamén podedes consultar algunha das instantáneas da actividade no álbum dentro da galeria fotográfica do centro. Preme na imaxe e navega coas frechas.

 

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Obradoiro coa ETS de Camiños

Obradoiro de poesía e escritura creativa para 3º ESO C e B

Mércores 10 de abril: Actividade do departamento de Normalización Lingüística en colaboración co Concello de Betanzos.

Antía Otero

 

O obradoiro que leva por título 'Achegándonos á palabra' está impartido pola poetisa e actriz galega Antía Otero.

Grupo Horario
3º C de 10:40 a 12:35
3ºB de 8:45 a 10:25

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Obradoiro de Enxeñería de caminos para os 3ºESO

O vindeiro martes 9 de abril, obradoiros organizados polo departamento de matemáticas en colaboración coa escola técnica superior de enxeñería de camiños, canais e portos.

caminos

Os obradoiros terán unha duración de dúas sesións de clase e, terán lugar no aula ordinaria do grupo.

Os horarios da actividade son:

 

Grupo Horario
3º C
de 8:45 a 10:25
3º B de 10:40 a 12:20
3º D
de 12:35 a 14:15
3º A
de 16:20 a 18:00

Crónica en imaxes dos Obradoiros de electrónica no MUNCYT dos 3º da ESO

Os 3º da ESO visitaron a semana pasada o MUNCYT de A Coruña para, ademáis dunha visita guiada polas instalacións, repasar os contidos traballados durante o curso realizando un obradoiro de electrónica.

Preme na imaxe e navega coas frechas ou visita na galería fotográfica do centro o álbum da actividade.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Visita ao MUNCYT 3º ESO

Novas fotografías na 'Iniciación ao Jugger' cos 3º da ESO

Novas aportacións gráficas ao álbum desta actividade que se está a desenvolver nunha sesión de clase de educacion física con distintos grupos do centro e que temos que agradecer aos membros da Asociación Xuvenil Jugger Betanzos.

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Jugger 3ºESO

Álbum da galería de imaxes Golf 3º ESO 2019

Con semanas de diferencia, rematamos as visitas cos 3º da ESO ao campo de Golf de Paderne. Esta pasada semana tocoulle por fín o turno ao alumnado de 3º A. Actualizamos entón o álbum na galería fotográfica do centro ca reportaxe en imaxes desta sesión e o damos por pechado. En total, o álbum recolle 63 instantáneas, que recollen momentos desta experiencia de aprendizaxe que tanto desfrutou o alumnado.

A vindeira semana, de novo da man de José Permuy do departamento de Educación Física comeza de novo unha actividade similar pero co alumnado de 1º da ESO da que vos iremos dando conta, tanto na páxina coma na galería fotográfica.

 

 

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Golf 3ºESO

Visita ao MUNCYT para os 3º da ESO

muncyt

 

 

 Martes 26 e Xoves 28 de marzo

Visita do alumnado de 3º da ESO ao MUNCYT da Coruña para a realización dun obradoiro de Electricidade e Electrónica e máis unha visita guiada. De 9:35 ata as 13:25 aproximadamente.

3º A e 3ºB martes 26
3º C e 3ºD xoves 28

 

 

'Espazos Baleiros' nova proposta fotográfica do alumnado de 3º da ESO

A nova proposta fotográfica do alumnado de 3º da ESO titorado por José Manuel Rey Bao lévanos aos 'Espazos Baleiros'. Estas fotografías, expostas nos taboleiros da planta baixa do edificio principal fronte á sala de profesores, nos levan a ollar lonxe da presencia de persoas, diferentes rúas, prazas e lugares da nosa vila.

Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2018-2019 -> Espazos baleiros

Videocríticas do alumnado de 3º da ESO (parte 2). Lingua Castelá e Literatura.

O alumnado de 3º da ESO, con David del Río profesor de Lingua Castelá e Literatura, vén de realizar unhas interesantes videocríticas das que enlazamos aquí a segunda entrega dunha selección. Noraboa a todo o alumnado polo seu traballo e, tamén, por compartir os seus videos, reflexións e recomendacións literarias.

7 de marzo: Roteiros Betanzos en Feminino para os 3º da ESO

betanzos en femenino

 

 

 

 O vindeiro xoves 7 de marzo:

 

Organizado polo equipo da Biblioteca e a oficina de turismo do Concello de Betanzos.

Turnos:

Grupos Horarios
 ESO 3º  B e C de 10:40 a  12:20
 ESO 3º  A e D de 12:35 a 14:15

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido