Andrea Maceiras visita o Aguiar. 18.IV.2017

Co inicio do derradeiro trimestre do curso, o alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de coñecer, escoitar e falar coa escritora Andrea Maceiras. O motivo era charlar sobre unha das obras de lectura da materia de Lingua e Literatura Galega diste ano, "Europa Express".

O acto arrancou, logo das presentacións de rigor, cun "spin off" da obra comentada que deixou boquiaberto ao auditorio.

Nese momento xa era claro que a autora era unha persoa moi cercana e disposta á conversa, en ningún caso unha escritora distante nin endiosada.

O resto foron preguntas de todo tipo: sobre a obra en cuestión, sobre a autora e a súa vocación literaria, sobre personaxes e situacións. Animounos a participar en cantos certames literarios houbese na contorna ( así foi como ela comezou) e emprazounos para dentro de non moitos anos para facer de," Europa Express", unha versión cinematográfica.

Para cando quixemos acordar era a hora de asinar exemplares e ir para a seguinte clase.

En todo caso, compre agradecer a disposición e simpatía de Andrea. Máis dun e dunha quedamos co gusaniño da escrita.