Betanzos Histórico: así eramos / así somos. Inauguración da exposición no Liceo

O venres 2 de decembro ás 20.00h   inaugúrase no Edificio Liceo de Betanzos unha exposición fotográfica con materiais elaborados polos alumnos de ESO 3º B do curso pasado coordinados e dirixidos polo profesor de Educación plástica e Visual Xosé Manuel Rey Bao.  

Baixo o  título: "Betanzos histórico: así eramos/ así somos", atopamos un diálogo entre fotografías antigas da vila e as imaxes que capturaron os nosos alumnos.

Ocasión inmellorable para deixar que xurda un diálogo entre o que eramos onte e o que chegamos a ser hoxe.

Ocasión para facer unha visita sen presas,  para mirar de vagar as imaxes reparando nos detalles agachados baixo a pátina do tempo, do cotiá ou do humilde.  

Ocasión para comprometer unha acción decidida pola súa conservación e revitalización

( algo que dende este Departamento de Plástica  do IES Francisco Aguiar vense facendo dende hai moitos anos de xeito decidido i entusiasta)

Ocasión para volvermos namorar de Betanzos.