Blogues

ESTRATEXIA COMUNICATIVA NA LINGUA DE SHAKESPEARE

Dentro das actividades de comunicación que está a levar a cabo o alumnado de 2º curso do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, co obxectivo de mellorar as  estratexias comunicativas, usando a comunicación oral ante público con soltura e transmitindo credibilidade coa linguaxe corporal, a alumna Yaiza Freire Pereira realizou unha prensentación ante o alumnado de 1º curso do Ciclo.

 

A ponencia  xirou ó redor da figura de Harry Potter en "20 Years of Magic", e desenvolveuse íntegramente en lingua inglesa (co hándicap que supón a expresión nunha lingua estranxeira),

Parabéns pola iniciativa e a defensa da mesma.

Dialogando sobre o aforro

Logo de ver as consecuencias tan terribles que pode ter a acción do ser humano para a Terra, e de visibilizar por medio da actividade "A Galicia do futuro" os posibles escenarios nos que se pode atopar a nosa comunidade nun futuro non moi lonxano se seguimos a contaminar e consumir de forma incontralada, o alumnado de programación do noso centro empregou de novo a plataforma Scratch para programar un diálogo animado a través do cal nos proporcionan diversos consellos para evitar que o noso planeta chegue a situacións tan catastrofistas. Dalle á bandeira verde e poderás ver os diálogos creados por Xoel V., Elisa G, Inés R. e Xabier T.

 

REFLEXIONAMOS SOBRE “ESTEREOTIPOS EN CONTIDO AUDIOVISUAL”

 

Gemma Castelo Martelo e Yaiza Freire Pereira, alumnas do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, estiveron a realizar nas últimas semanas unha presentación sobre   "Estereotipos en contido audiovisual" en todas as titorías 1º de  ESO en colaboración co Departamento de Orientación.

A presentación centrouse nos estereotipos de xénero nas películas e series para público xuvenil, proporcionando ferramentas para que os alumnos podan identificar estes estereotipos e adopten unha actitude crítica na visualización deste tipo de contidos.

Por outra banda, para as alumnas que realizan a ponencia, trátase  de mellorar a súa estratexia comunicativa, aprender a falar en público con naturalidade e soltura, utilizando unha linguaxe  verbal  e corporal como ferramenta de persuasión, para transmitir credibilidade; así como estar preparados para interactuar cun público desoñecido.

Parabéns pola iniciativa.

 

Escaparate Nadal: CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

 
O alumnado de segundo curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do IES Francisco Aguiar deseñou un escaparate que se pode ver no primeiro andar. Na montaxe recrease a vitrina dunha libraría, á que se lle aporta un aire festivo con motivo das celebracións do Nadal.
 
A premisa coa que se traballou na súa confección foi a de usar, case en exclusiva, materiais que se poden atopar nunha papelaría, así como a reutilización de elementos que xa formaron parte doutros escaparates feitos por alumnado do centro. 
 
Na vitrina tamén se incluiron dous modelos de embarcacións galegas realizados cunha impresora 3D dentro do proxecto Fasquía 3D, no que participa o centro.

A Galicia do futuro

O alumnado de programación de 1º e 2º ESO continúa adquirindo coñecementos de programación á vez quue cada vez é máis consciente da importancia de adoptar condutas respetuosas co medio ambiente e fomentar o desenvolvemento sostible. Mediante a actividade "A Galicia do futuro", propúxose ó alumnado programar unha animación de como verían Galicia no ano 2030 ou nun futuro aínda máis lonxano no caso de que a humanidade continúe contaminando e empregando de xeito descontrolado os recursos. Samuel E., Elisa G., Karol L., Alba R. de 1º ESO B e Aida G. de 1º ESO C, amósannos as catastróficas consecuencias disto mediante os seus marabillosos proxectos. Soamente tes que premer na bandeira verde e observar!!

"A Galicia do futuro" por Samuel E. de 1º ESO B:

"A Galicia do futuro" por Elisa G. de 1º ESO B:

 

"A Galicia do futuro" por Karol L. de 1º ESO B:

 

"A Galicia do futuro" por Alba R. de 1º ESO B:

 

"A Galicia do futuro" por Aida G. de 1º ESO C:

 

Charla FUAC para titulados CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) ten o compromiso de abrir a porta das empresas ós alumnos e alumnas titulados universitarios e de Formación Profesional, para facilitar a súa incorporación ó mundo laboral.

Un ano máis,  o 13 de decembro, Amalia Borregueiro, técnica da área de Emprego da FUAC impartiu unha charla informativa sobre o programa de prácticas que a FUAC ofrece a titulados, na que informou ó alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais das principais características do programa e do procedemento para inscribirse na bolsa de emprego da entidade.

Unha oportunidade máis para os nosos alumnos que están a piques de comezar a súa formación en empresas.

Implantación no punto de venda: visita a Eroski

O 30 de novembro o alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Vendas e Espacios Comerciais, realizou unha visita didáctica ó Hipermercado EROSKI de Betanzos.

A visita foi guiada polo encargado do establecemento, Adolfo que compartiu co alumnado a distribución das distintas seccións da tenda, os métodos de implantación dos produtos nos lineais, a problemática da organización das promocións temporais e a  organización loxística.

Tivemos a oportunidade de ver a posta en práctica nun establecemento comercial das técnicas de xestión e implantación do surtido de productos, organización de almacén,  así como exemplos  de resolución de problemas de abastecemento ou excesos de stocks.

Agradecemos a atención prestada por Adolfo, tanto polo tempo adicado como pola claridade das súas explicacións.

ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: UNHA MOREA DE PASOS CARA A IGUALDADE

 

O alumnado e profesorado do CS de Xestión de vendas e espazos comercial realizamos o 25 de novembro unha andaina de 12 km con punto de partida no IES Francisco Aguiar ata o espazo natural de Chelo, nun percorrido circular pasando polo campo dos Caneiros.

 

Con esta andaina reclamamos o fin da violencia de xénero e concienciar e sensibilizar á colectividade en materia de prevención de violencia sobre as mulleres, xa que a loita contra este tipo de violencia é un traballo de equipo, que involucre a toda a sociedade.

 

Axuda ADIX SELFIE para centros

Compartimos con todos vós está páxina con videotitoriais e documentación sobre a aplicación SELFIE.

axuda ADIX

Preme na imaxe para acceder ao recurso.

Intrusitos: unha alucinante gamificación sobre seguridade informática de Héctor LS de 2º BAC

Ás veces o alumnado deixa aos compañeiros e ao profesorado abraiado co seu traballo e creatividade. Ésta é unha desas ocasións na que Héctor López Sánchez de 2º BAC TIC II nos propón unha gamificación chea de detalles e sorpresas sen descoidar nen o máis mínimo detalle.

Unha marabilla! Preme en Start e logo pon o rato sobre o "intrusito" do medio.

 


 

 

Distribuir contido