Xeral

Concurso: Á caza da gralla

 

O 13 de marzo celébrase o Día Mundial Sen Faltas de Ortografía mais a Brigada Antigrallas Sapoconchil (BAS) considera que un día non chega a nada e, por iso, convoca a III edición do concurso Á caza da gralla ortográfica. Fixádevos ben na vosa contorna, de seguro que atoparedes erros lingüísticos no lugar menos pensado!

Para participar no concurso, cómpre enviar un correo coa fotografía a lentinhashouse@gmail.com ou empregar a plantilla adxunta, achegando:

- Nome da/o participante e curso.

- A fotografía inédita e propia.

          - A gralla encontrada e a súa corrección

Cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías.

A data límite de entrega é o venres 6 de maio ás 12h do mediodía.

Todas as fotografías recibidas que conteñan unha gralla ortográfica comprobada entrarán na urna que estará exposta en Conserxería. O día 16 de maio celebrarase o sorteo para sabermos quen será o afortunado ou afortunada que levará para a casa un fantástico Ebook. Alén diso, todos os participantes recibirán un pequeno agasallo pola captura dun cazapo lingüístico.

 

Boa e proveitosa caza!

Entrega de premios da Exposición do 11F

O alumnado participante na exposición de mulleres científicas, realizada co gallo do Día Internacional da muller e da nena na Ciencia o 11 de febreiro recibiu un pequeno agasallo por responder ao cuestionario.

Velaquí unha pequena mostra dos agasallados:

Alumnado de 5º B de Ed.Primaria

Alumnado de 4ºB de Ed.Primaria

Alumnado de 1º ESO A

Alumnado de 2º ESO A

O Cova Xornal

Xornal, xornal!!

O alumnado do centro preparou o seu xornal, resultado do traballo realizado pola conmemoración da Semana da Prensa.

Convidámosvos a lelo!

Lentiña, Cova e Terreña precisan axuda para identificar fenómenos meteorolóxicos!

Disque o tempo anda revirado e tolo de todo... por mor do que os nosos sapoconchos lectores vos piden axuda para que lles axudedes a identificar fenómenos meteorolóxicos mediante unha fotografía e un pareado, en lingua galega, que o explique"-

Aquí vos deixamos as bases deste novo concurso para toda a comunidade educativa:

Para conmemorar o Día Mundial da Meteoroloxía, o 23 de marzo, propoñemos un concurso fotográfico sobre un fenómeno meteorolóxico.

Para participar no concurso, é necesario enviar un correo a meteocova@gmail.com, achegando:

  • Nome da/o participante e curso.

  • A fotografía inédita e propia.

  • Un pareado que acompañe e explique a fotografía (estrofa formada por dous versos que riman) en galego.

Cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías.

A data límite de entrega é o venres 8 de abril ás 12h do mediodía.

Estableceranse 5 categorías de premiados por nivel educativo e unha categoría de profesorado e persoal non docente, podendo quedar deserto algún premio:

  • Infantil

  • Primaria:

    • 1º, 2º e 3º

    • 4º, 5º e 6º

  • Secundaria

    • 1º e 2º

    • 3º e 4º

A entrega de premios será efectuada á volta de Semana Santa.

 

AXUDADE AS TARTARUGAS NESTA NOVA AVENTURA TEMPORAL!!!

8M Día da Muller

O 8M é o día sinalado no calendario como o Día da Muller pero no centro realizamos actividaddes ao longo do ano para fomentar o seu papel e a súa relevancia, este curso máis centrados sobre o seu papel no deporte.

Coa colaboración de todos e todas fixemos este vídeo no que se amosa ao alumnado durante o recreo representando co seu corpo o "8 M" ou o lazo violeta por todas as mulleres.

 

Exposición 11 de febreiro

Con motivo da celebración do Día Internacional da muller e da nena na Ciencia, o equipo do CPI Iguála-T preparou unha exposición para o alumnado de Ed. Primaria e Secundaria co apoio de material enviado pola Unidade de Igualdade da UVigo.

(Exposición na Biblioteca)

Para un mellor aproveitamento da mesma, propuxemos unha serie de actividades complementarias que tiveron unha boa acollida. Velaquí unha mostra dos grupos que visitaron a exposición:

(Alumnado de 6º Ed.Primaria B na Biblioteca)

(Alumnado de 1º ESO A no Salón de Actos)

(Alumnado 2ESO C no Salón de Actos)

(Alumnado de 4º ESO no Salón de Actos)

Os alumnos e alumnas que participaron na exposición, recibirán un pequeno agasallo. Ademais, os que realizaron correctamente as actividades, terán tamén unha sorpresa engadida...

Recollida de lixo nas praias de Baiona

O alumnado de Ed.Secundaria está a participar nunha actividade de recollida de lixo nas praias do concello máis próximas á escola. O obxectivo desta iniciativa é concienciar sobre a cantidade de residuos que producimos e a necesidade da súa redución, xa que boa parte deles acaban no mar, coas consecuencias negativas que isto ten para a flora, a fauna e a paisaxe. E malia que todos os anos se fan campañas de recollidas de lixo dende as institucións, hai moitos residuos (os microplásticos) que escapan a estas accións, como ben puido comprobar o alumnado de 1º ESO A na súa última saída.

Velaquí unha mostra das saídas realizadas:

(Alumnado de 1º ESO A)

(Alumnado de 1º ESO A na praia da Ribeira)

(Alumnado de 1º ESO C: Lucía S., Raquel, Sara, Cata, Lola, Bruno, David, Uxía, Alejandra, Cris e Aitana.)

(Alumnado de 1º ESO C na praia da Cuncheira facendo a recollida selectiva)

(Alumnado de 4º ESO na praia da Ladeira)

(Alumnado de 4º ESO na praia da Ladeira)

(Mostras do lixo recollido)

Co material recollido, faremos un traballo para a Semana da Ciencia do centro.

Esta actividade encádrase dentro do CPInnova EduSaúde, o Plan Proxecta de Vida Activa e Deportiva e o Plan de Dinamización da Lingua Galega. Participan os Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Debuxo, Educación Física, Lingua e Literatura Galega e Tecnoloxía.

Entroido no Cova Terreña e novo concurso!

Entroido larafuzán, comiches a chicha e deixaches o pan e mais un novo concurso da Biblioteca!!!

Entre máscaras, disfraces, bailes e moitas sobremesas saborosas (mmmmm...), deixámosvos unha nova entrega dos nosos sapoconchos máis festeiros, nesta ocasión na compaña de dous novos amigos, a Nanci Tanxugueira e mais Fofinho, o animal de estimação do alumnado de lingua portuguesa do centro.

 

 

Quen ousa participar neste reto que vos propoñen Lentiña, Cova e Terreña? Só tedes que adiviñar de que catro personaxes do Entroido tradicional galego van vestidas Lentiña, Cova, Terreña e mais un dos novos amigos, Fofinho.

Agardamos as vosas respostas, mentres imos rillando marruchos a fartar! 

Os Labardeiros de Toén

Fotografía de Zenay Studio

Un dos personaxes menos coñecidos dos noso Entroido tradicional é o Labardeiro de Toén, concello veciño da capital ousensá, e cuxo nome parece proceder do utensilio co que se mallaba o trigo antigamente e que esta figura porta na man ou leva apoiado nun dos seus ombreiros.

Fotografía de Zenay Studio

Tradicionalmente eran só os homes novos os que se vestían con esta colorida máscara, pois as mulleres ían caracterizadas de Señoritas coas saias brancas, os panos de cores sobre os ombreiros, unhas luvas tamén brancas e os sombreiros inzados de fitas e flores de cores.

Fotografía de Zenay Studio

O Labardeiro, pola súa parte, viste unha camisa e mais un pantalón brancos, un pano ou cinto escuro, botas negras e unhas luvas tamén brancas. As súas camisas e pantalóns van enfeitados con múltiples flores e fitas de cores vivas adheridas, mentres que só engaden colares prendidos á parte superior do traxe, na camisa.

Fotografía de Zenay Studio

Alén diso sobre o cinto, na súa parte traseira, levan seis campaíñas que van soando ao son dos seus pasos e carreiras polo lugar.

Por último, este traxe complétase cun gorro cónico composto por unha chea de flores das máis variades tonalidades e mais unhas fitas de tea que penduran desde o extremo superior do gorro. Alén diso, protexen a cabeza con outro pano de cores tradicional e, a modo de máscara para cubrir o seu rostro, portan unha rede de cor verde ou vermella que os converte nese ser ancestral que chama pola primavera empregando tanto o reclamo das cores como o son das campaíñas para tentar espertala do seu letargo e deixar atrás o inverno dunha boa vez.

 

Fotografías de Zenay Studio

Gañadores e gañadoras do XVII Certame de relato Dolores Agrelo

Esta mañá, en riguroso directo, déronse a coñecer os gañadores e gañadoras da  XVII edición do Certame Dolores Agrelo.

Nesta edición presentáronse un total de 54 relatos coa seguinte distribución: 29 relatos correspondentes á categoría de 5º e 6º de Primaria, 22 relatos correspondentes á categoría de 1º e 2º da ESO e 3 relatos correspondentes á categoría de 3º e 4º da ESO.

O xurado composto por tres membros da ANPA (Dona Loreto Rodríguez, Dona Carmen Cotovad e Don Sergio Piñeiro), 4 docentes (Dona María José Torres, Dona Carla Iglesias, Dona Eva Vidal e Dona Rocío Dourado) e 3 alumnas e 1 alumno (Xoana Rodríguez, Cristina Corbacho, Nadia Rodríguez e Daniel Torres) acordaron conceder os seguintes premios:

Categoria 5º e 6º de Primaria

3º Premio para Leo Magallanes Baamonde (5ºA) polo relato "O val de Tena".

 

2º premio para Xiana Calero Iglesias (6ºA) polo relato "A lenda do cáliz" e para Breogán Vázquez Pardo (6ºA) polo relato "Unha viaxe por Baiona".

 

 

1º premio para Leo Álvarez Iglesias (6ºB) polo relato "Unha aventura inesquecible".

 

Foto grupal dos gañadores e gañadora:

 

Categoria 1º e 2º de ESO

3º premio para Carolina Isabel López Domingues (1ºESOB) polo relato "Ata o último sorriso"

 

2º premio para Inés Miniño González (1ºESOA) polo relato "As catro chaves máxicas".

 

1º premio para David González Rodríguez (1ºESOC) polo relato "O val do axóuxere".

 

Foto grupal das gañadoras e gañador:

 

Categoría 3º e 4º da ESO:

 2º premio para Gloria Calero Iglesias polo relato "A besta do Val Miñor".

 

1º premio para Gael Álvarez Gándara (3ºESOA) polo relato "A coración de Benford".

 

Foto do gañador e gañadora:

 

Ao longo do día de hoxe, 3 de febreiro, repartíronse uns premios para todos os participantes no certame:

                           Participantes 5ºA de Primaria

 

                                    Participantes 5ºB de Primaria

 

                                   Participantes 6ºA de Primaria

 

                         Participantes 6ºB de Primaria

 

                                           Participantes 1ºA de Secundaria

 

                       

                                         Participantes 1ºB de Secundaria

 

                                     Participantes 1ºC de Secundaria

 

                  Participante 2ºB de Secundaria

 

                             Participantes 3ºA de Secundaria

 

                   Participante 4ºA de Secundaria

 

Moitos parabéns aos premiados e premiadas! E até o vindeiro ano!

 

Exposición Día Internacional da Educación

Para conmemorar o Día Internacional da Educación o centro, ademais de proxectar o vídeo A historia da escola de Afundación,  puxo á disposición de todo o alumnado unha pequena exposición composta por materiais educativos de épocas antergas e que, hoxe en día, resultan para moitos e moitas unha curiosidade.

Entre outros obxectos a exposición contou con filminas de diferente tipoloxía, diapositivas de cadros correspondentes á corrente do Expresionismo dos séculos XIX e XX, un tradutor castelán-alemán-italiano-inglés-francés dos anos 80, unha máquina de escribir, carimbos para estampar diferentes imaxes, libros antigos, un modelo anatómico do corpo humano, sonoramas, algúns libros recompilatorios de contos creados polo alumando de 4º curso do ano 1984, etc.

 

 

 

Kahoot sobre algúns autores do Estatuto de Autonomía de Galicia.

No pasado mes de decembro iniciamos unha actividade para potenciar a lectura en lingua galega, nesta primeira ocasión co motivo de conmemorar a efeméride da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia.

A actividade consistiu na lectura previa por parte do alumnado pertencente a terceiro, cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria de cinco libros da coñecida serie dos Bolechas de Pepe Carreira centrados na figura de cinco escritores galegos vencellados á redacción das bases do devandito texto legal: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ricardo Carvalho Calero, Antón Fraguas e Xaquín Lorenzo.

Posteriormente, realizouse un Kahoot con cada grupo sobre esas lecturas e aquel alumnado con maior puntuación recibiu un pequeno agasallo.

Velaquí tedes os/as afortunados/as:

 

                            Laura Fernández García (3ºA)

 

       Valeria González Soares (3ºB)

 

    Liam Leyenda Pousa (4ºA)

 

                               Blanca Denís Pérez (4ºB)

 

                         Iris Calero Almansa (5ºA)

 

                               Aarón Leyenda Blach (5ºB)

Conmemoración Día da NON violencia e da PAZ

Hoxe conmemoramos o Día da NON VIOLENCIA e da PAZ cun vídeo que contén unha performance da canción "Móvete" de Paco Nogueiras. Podedes visualizar a montaxe nos ficheiros adxuntos que acompañan a esta publicación.

Desexamos que pasedes un día pacífico e harmonioso e que gocedes desta pequena contribución que preparou o equipo da Biblioteca.

E como canta John Lennon "Imagine all the people living life in peace"

 

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2021-2022

 

Os gañadores e gañadoras do concurso de postais de Nadal do curso 2021-2022, segundo as categorías establecidas son:

1º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 1ºA- Daniela Mo Veiga
  • 1ºA- Chloe Leyenda Pousa

 

3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 3ºA- Xenxo Vázquez Pardo
  • 4ºA- Hugo González Rodríguez

 

5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 5ºA- Irene Costas Alonso
  • 5ºA- Area Castro Leyenda

 

1º e 2º E.S.O.

  • 1ºC- Lucía Alonso Cajide
  • 2ºC- Nadia Rodríguez Piñeiro

 

3º E 4º E.S.O.

  • 3ºB- Noelia Casañas Peña
  • 3ºB- Lilin Wang
  • 4ºA- Iria Ludeña Pérez

 

Reparto máscaras alumnado

Este ano a Consellería de Cultura, Educación e Universidade reparte novamente máscaras de protección ao alumnado solicitante.

Para evitar exposicións innecesarias, as máscaras son entregadas directamente ao alumnado na aula, sen necesidade de que asistan os seus responsables ao centro educativo.

O reparto farase o luns 10 e martes 11 de xaneiro. Para aquel alumnado que non asista estes días entregaráselle as máscaras correspondentes na conserxería do centro tras solicitalas.

Deixámosvos en "adxuntos" as instrucións de uso e conservacións das máscaras.

Parabenización dos sapoconchos lectores e visita do Apalparuga

Para desexarvos un moi feliz Nadal os nosos sapoconchos lectores queren transmitirvos os seus bos desexos para esta época natalicia.

Alén diso, nesta ocasión as tartarugas reciben a visita dunha personaxe moi especial.

 

Boas festas e mellor ano novo!!

 

 

Certame literario Dolores Agrelo

XVII CERTAME LITERARIO DE RELATO CURTO DOLORES AGRELO


A A.N.P.A. do CPI Cova Terreña de Baiona, na procura de fomentar e divulgar a creación literaria nas novas xeracións, convoca o presente Premio Literario, que leva o nome da persoa que de xeito altruista donou os terreos onde hoxe se levanta o noso centro educativo.

Poderán concorrer todo o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria do CPI de Cova Terreña, cunha única obra do xénero de relato curto, de temática relacionada coa do ano escolar, e escrita en lingua galega, fixada pola ANPA co título  “Contos no Val”

As bases atópanse no ficheiro adxunto e os traballos pódense empregar ata o 21 de xaneiro de 2022.

XVII CERTAME LITERARIO DOLORES AGRELO

No arquivo adxunto podedes atopar as bases do XVII Certame literario Dolores Agrelo, convocado pola ANPA do centro.As obras entregaranse na Conserxería do centro dende o 20 de decembro ata o día 21 de xaneiro de 2022, ás 14:00 h.

 

Animádevos a participar!

 

Bautizo da biblioteca e vídeo do rap do Magosto

E, finalmente, os nosos sapoconchos lectores revélannos o novo nome da biblioteca do noso centro e súmanse á festa da rapazada de Primaria e o seu rap do Magosto.

Que o gocedes!

No arquivo adxunto podedes ver o vídeo íntegro co rap do Magosto interpretado por todas as aulas de Primaria.

Reparto de agasallos do concurso do nome da biblioteca

Chegou o mes de decembro e con el os agasallos!

Ao longo desta mañá repartíronse os premios para o alumando participante no concurso do nome da biblioteca, unha goma de Minilentiña de diferentes cores, e tamén os que conseguiron aqueles cinco rapaces e rapazas que achegaron cadanseu nome finalista, uns álbums fotográficos sobre o bosque e os fondos mariños.

Moitos parabéns ao alumnado premiado!

Primaria

                                                  1ºA 

 

 

                                           1ºB

 

 

 

                                                   2ºA

 

 

                                                            2ºB

 

 

                                                    3ºA

 

                                                              3ªA

 

 

                                                                3ªB

 

 

                                         4ªB

 

 

                                                        5ªB

 

 

                                                            6ªA

 

 

                                                               6ºB

 

 

Secundaria

                                                                  2ºA

 

 

  

                                            2ºB

 

 

                                                             4ªAB

 

Estade moi atentos durante a vindeira semana pois Lentiña, Cova e Terreña anunciaranvos cal será o novo nome da biblioteca escolar e, avísovos!, os nosos sapoconchos están con moito flow outonal.

 

Agradecementos ao apoio loxístico e gráfico de María Fernández e Jéssica Piñeiro.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30