Inclúe-t

Coordinador: David Gayoso.

RECREOS INCLUSIVOS

Xa están en marcha os recreos inclusivos para o alumnado de primaria.

O pavillón escolar, durante o tempo de lecer, parcelarase en varias zonas onde o alumnado poderá escoller libremente que actividade desexa practicar: voleibol, balonmán, brilé, bádminton, palas, baloncesto ou fútbol. O alumnado tamén ten a posibilidade de compartir as súas inquedanzas sobre outros xogos ou actividades alternativas. O equipo docente valorará a súa pertinencia e viabilidade.

Tentamos aportar ao alumnado un espazo seguro, onde poidan practicar actividades sen perigo; nun entorno acolledor, no que prevaleza o bo trato e a amabilidade; e inclusivo e igualitario, no cal todo o alumnado teña a posibilidade de realizarse.

 

 

II Campionato de Brilé

O alumnado de primaria está disputando un emocionante torneo de balón prisionero (brilé) durante os recreos. Patricia Cabadas encargarase de toda a loxística da actividadade: organizar os equipos, redactar as normas, facer os emparellamentos, comunicalos e xestionar a actividade.

O alumnado está partcipando de forma masiva e mostrando un alto índice de satisfacción.

Esta actividade forma parte do PVAD ( Proxecto de vida activa e deportiva), Inclúe-T, Convíve-T, Emcióna-T.

A OMS recomenda que nenos e adolescentes fagan 60 minutos de exercicio ao día entre moderado e vigoroso.

 

 

Programa "Que non te líen, ti elixes"

O pasado 25 de outubro, o noso alumnado de 3º e 4º de ESO participou no Programa “Que no te líen, ti elixes” co principal obxectivo de favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres.

O alumnado gozou dun obradoiro moi aplicado, combinando actividades teóricas e prácticas, e onde tiveron a oportunidade de coñecer e charlar un tempo con Lidia González, patroa de altura, piloto da mariña mercante e capitá de pesca, e así coñecer a súa formación e experiencia e consultar todos as súas dúbidas e curiosidades.

CHARLA AESLEME

Ola:

O alumado de 2º da ESO tivo a ocasión de charlar con Felix, pertencente á asociación AESLEME. O ponente faloulles de educación viaria, prevención de accidentes, pautas de seguridade...

Felix explicou as características das lesións medulares, as súas consecuencias, e de como poden afectar á vida das persoas. Tamén contou a historia do seu accidente e como se recuperou e adaptouse á nova vida.

VISITA DE DESIRÉE VILA

Hoxe, o alumnado de 1º da ESO, tivo o pracer de escoitar a Desirée Vila. Deunos unha lección de vida e contounos a súa traxectoria como deportista desde a ximnasia acrobática ate o atletismo. Nesta última disciplina participou nos derradeiros Xogos Paralímpicos de Tokio.

Firmounos un exemplar do seu libro como agasallo para a biblioteca.

Esta actividade forma parte do PVAD, EduSaúde, Inclúe-T, Iguala-T.

Encontro con Berni Costas

Ola a todos:

O mércores visitou o centro Bernabé Costas (Berni). O alumnado de 2º da ESO e de 3º Ed.Primaria mantivo con el unha charla distendida sobre o baloncesto en cadeira de rodas: as súas peculiaridades, a difusión do deporte, os seus valores...

Berni participou na Olimpada de Londres 2012 e xogou moitos anos ao baloncesto no Barcelona e no AMFIV.

CHARLA DE MILA LÓPEZ

Bos días:

O venres 8 de Abril visitou o noso centro a ciclista Mila López. A súa especialidede é o handbike, un tipo de ciclismo no que as participantes pedalean usando os brazos.

No palmarés de Mila figuran a Copa de España do 2015 ao 2020; Subcampiona de España de 2014 ao 2019 (excepto no 2016 no que foi Campiona); Campiona da Copa de Europa de Cáceres 2019, subcampiona no 2020. É deportista de alto nivel de Galicia desde 2019.

Conversou co alumnado sobre as características da súa disciplina e mesmo sorteou dous maillots entre os participantes.

A súa visita goza ademais dunha especial circunstancia: o domingo competirá na prestixiosa carreira VigBay.

Esta actividade forma parte do programa Iguala-T, Inclue-T, o PVAD (proxecto de vida activa e deportiva) e do programa EduSaúde.

CHARLA CON MARTÍN DE LA PUENTE

Bos días:

Hoxe o alumnado de 3º da ESO entrevistou ao deportista Martín de la Puente. Entre os seus logros destaca a súa presenza nas dúas últimas olimpiadas: Río 2016 e Tokio 2020.

Martín falounos da súa disciplina: o tenis en cadeira de rodas; como foron os seus inicios; como decidiu facerse profesional; as horas que adica ao día a adestrar, os estudos que cursa; quenes son os seus amigos no circuito...

Este é o segundo ano que escoitamos as inspiradoras palabras de este extraordinario deportista, un exemplo de superación e traballo.

Esta charla forma parte de diferentes proxectos de centro: Inclue-T, PVAD (proxecto de vida activa e deportiva) e EduSaúde.

Charla AESLEME

Con motivo da celebración do día Internacional das persoas con discapacidade que se celebrará o 3 de decembro, tivemos a ocasión de escoitar as recomendacións de Juan Gutierrez, membro de AESLEME (asociación para o estudo da lesión medular).

 

A través de videoconferencia, o alumnado de 2º da ESO asistiu a unha charla durante unha sesión lectiva.

Contáronnos a necesidade da prevención cando viaxamos no coche  ou en calquera vehículo e as diversas lesións que pode ocasionarnos unha conducta imprudente, desde traumantismos a lesións irreversibles da médula espinal.Ademais Juan, o ponente, compartiu a súa experiencia como lesionado e a particularidade da cadeira de rodas.

 

PROGRAMA RCP NA AULA

Bos días:

Durante unha semana o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO estivo aprendendo técnicas de reanimación cardiopulmonar. A activividade intégrase dentro dun programa máis amplo que pretende difundir a concienciación e a aprendizaxe dos primeiros auxilios en toda Galicia.

 

CHARLA COGAMI

Bos días:

Hoxe recibimos a visita no noso centro da asociación COGAMI (confederación galega de persoas con discapacidade).

Faláronnos das peculiaridades das lesións medulares (problemas intestinais, sexuais, osteoporose, dores...).

Contáronnos como sufriron o accidente que levounos a quedar en cadeira de rodas; do seu día a día; das actividades de poden facer; e como algún fai máis deporte agora que antes do accidente.

Explicaron ao alumnado cales son as precaucións que temos que tomar para evitar os accidentes: a progresión na aprendizaxe, o uso de material axeitado (casco integral), a valoración do risco...

Deixaronnos impactados coa súa vontade, a capacidade de resilencia e as ganas de seguir vivindo e disfrutando de experiencias.

Nova publicada no Faro de Vigo

CURTAS SOBRE A INCLUSIÓN E COLOQUIO

Bos días:

Hoxe o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO asistiu á proxección dunhas curtas sobre inclusión. A actividade enmárcase dentro do contrato programa Inclúe-T, destinado a concienciar sobre a riqueza da diversidade e o respecto a todos os seres humanos, así como desenvolver dinámicas de actuación cooperativas.

Despois da proxección realizouse un coloquio. Traballouse a partir dun guión elaborado polo profesorado integrante neste programa: María José Torres, María Pérez e David Gayoso. 

O alumnado puido reflexionar a través de diferentes preguntas sobre: a mensaxe, os símbolos, a súa conexión coa realidade, a diversidade, a empatía...

Proxección da película "Intocable"

Bos días:

Hoxe o alumnado de 4º da ESO asistiu á proxección da película "Intocable" de O. Nakache, 2011. A actividade enmárcase dentro do contrato programa Inclúe-T, destinado a concienciar sobre a riqueza da diversidade e o respecto a todos os seres humanos, así como desenvolver dinámicas de actuación cooperativas.

Despois da película realizouse un coloquio. Traballouse a partir dun guión elaborado polo profesorado integrante neste programa.  Neste o alumnado puido reflexionar sobre os temas que abordaba a trama (as personaxes, a súa condición, os seus anhelos, as súas desigualdades, os diferentes puntos de vista respecto oas problemas...)

Proxección da película "Intocable"

Bos días:

Hoxe o alumnado de 3º da ESO asistiu á proxección da película "Intocable" de O. Nakache, 2011. A actividade enmárcase dentro do contrato programa Inclúe-T, destinado a concienciar sobre a riqueza da diversidade e o respeto a todos os seres humanos, así como desenvolver dinámicas de actuación cooperativas.

Despois da película realizouse un coloquio. Traballouse a partir dun guión elaborado polo profesorado integrante neste programa.  Neste o alumnado puido reflexionar sobre os temas que abordaba a trama (as personaxes, a súa condición, os seus anhelos, as súas desigualdades, os diferentes puntos de vista respecto oas problemas...)

 

CHARLA-ENTREVISTA CON MARTÍN DE LA PUENTE

Bos días:

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º da ESO puido desfrutar dunha charla-entrevista co tenista Martín de la Puente.

O seu palmarés está cheo de éxitos: 3 veces campión do Mundo junior, 4 veces Campión de España e Olímpico en Río 2016.

Martín adestra no Centro de Alto Rendemento de San Cugat del Vallés, en Barcelona. Alí é donde se prepara para afrontar as Olimpiadas de Tokio deste ano.

Compartiu con nós cousas moi interesantes sobre a modalidade de tenis-cadeira.

Explicounos o regulamento e as súas diferencias co tenis de pé. Sabiades que a pelota pode botar dúas veces?

Alentounos a practicar deporte e transmitiunos unha pasión inquebrantable por unha modalidade do tenis descoñecida para moita xente.

Relatounos como foi a súa loita contra unha enfermidade rara, o síndrome de Proteus, que provoca o crecemento anormal dos ósos. E como a través do esforzo, o apoio da familia e a motivación un pode lograr o que se propoña.

Ánimo Martín, este verán esperamos verte en Tokio representando a España.

Podedes seguir a Martín en Instagram: https://www.instagram.com/martindelapuente/ estará encantado de responder ás vosas preguntas.

 

 

 

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031