Música

Concierto del coro juvenil en Madrid, 20 de diciembre

Nuestro coro juvenil del CPI de Cova Terreña actúa este miércoles 20 de diciembre a las 18h en la parroquia de San Manuel y San Benito, en Madrid.

El coro juvenil, formado por 50 alumnos y alumnas del centro educativo, interpreta piezas contemporáneas y clásicas, también de temática navideña, bajo la dirección de D. David Piñeiro, profesor de música del centro educativo.

Concerto do coro xuvenil en Villablino e xornadas de esquí

O coro xuvenil do CPI de Cova Terreña está en Villablino onde deu un concerto no auditorio da Casa da Cultura de villablino.

O alumnado aproveitou a súa viaxe para ter unhas xornadas de esquí na estación de Leitariegos nos que o pasaron xenial tal e como se pode comprobar nas imaxes adxuntas.

Figa Junior Tanxugueiras

Os rapaces e rapazas de 5º, 6º e o protagonista de 4º interpretaron unha similitude do videoclip de Figa de Tanxugueiras para conmemorar o folclore galego e a celebración de Samaín co Aquelarre e a caza de bruxas.

 

https://drive.google.com/file/d/1O2KzsRokl_tmDQ874jOSLdzjgs_snsdd/view?usp=drivesdk

 Non nos podemos esquecer do traballo por parte das familias na  caracterización dos rapaces e rapazas. Grazas!

Concerto do coro en Madrid

O coro do noso centro ven de actuar en Madrid, ademais de asistir ao musical "Billy Eliot" e facer unha visita pola capital.

O seu esforzo e compromiso vese recompensado con esta actividade de convivencia cun alto contido cultural.

Concerto de Nadal do coro e conxunto instrumental

O 12 de decembro, na capela de Santa Liberata, o coro e conxunto instrumental sorprendeunos cun concerto con temas clásicos e tamén actuais, integrando unha orquestra de cámara formada por profesorado e alumnado do centro.

Baixo a dirección de D.David Piñeiro ofrecéronnos o resultado de todas esas horas de ensaio e esforzo.

Ademais, o xoves 19 de decembro terá lugar en Madrid un novo concerto a cargo de este alumnado na parroquia de San Manuel e San Benito, na rúa Alcalá.

Presentación do proxecto do coro do centro en actividade formativa do CFR de Vigo

O proxecto artístico musical do centro, o noso coro, foi escollido polo Centro de Formación e Recursos de Vigo para pechar a actividade formativa "Compartido experiencias educativas de Secundaria", todo un recoñecemento ao traballo de todo o alumnado participante no mesmo e do seu director, Don David Piñeiro. Noraboa!!

Coro: Actuación e visita en Madrid

O coro do centro xa está en Madrid mostrando todo o seu traballo ao longo do curso cun concerto en Las Rozas e visitando a capital no Día de Europa.

O ensaio do coro faise popular nas redes sociais

O ensaio do coro e conxunto instrumental do centro chegou ás redes sociais conseguindo máis de 50.000 reproduccións e valoracións moi positivas en moi pouco tempo.

Publicación no Faro de Vigo

Publicación en Twitter

Comentario de @Cepeda

Concerto de Nadal do coro e conxunto instrumental do centro

O pasado xoves 21 de decembro tivo lugar o concerto de Nadal do coro e conxunto instrumental do CPI de Cova Terreña cunha emotiva actuación que tivo un públlico entregado que encheu a Ex-Colegiata de Baiona.

Grazas a tod@s pola vosa acollida e aplausos.

Instrumentos de refugallo

O noso alumnado de Ed.Primaria combinou as vertentes artísticas Música e Plástica na creación destes instrumentos feitos con refugallo baixo as instruccións de Dona Rosa Jiménez, mestra de Música do centro, pondo de manifesto a súa creatividade!!

 

Festival Musical

Co gallo do Día internacional da Danza e o Día internacional do Jazz, o noso alumnado viu de celebrar un festival musical onde amosaron o seu traballo diario en torno á música no centro coa axuda do seu profesorado, especialmente do profesorado de Ed. Infantil, Dona Rosa Jiménez Valbuena, especialista de Música de Ed.Primaria, e Don David Piñeiro, especialista de Música de Ed.Secundaria e director do coro do centro.

Este ano abrimos as nosas portas para que as familias puidesen ver a labor do alumnado e do seu profesorado exhibido no pavillón escolar dentro das posibilidades do recinto.

 

Concertos nos centros da contorna

O alumnado de 3ºESO e 4ºESO participante no coro e o conxunto instrumental deron un concerto no CEP de Sabarís e no CEIP de Belesar  onde nos recibiron cos brazos abertos, tendo unha actividade de disfrute coa música.

EXCURSIÓN A PALOS DA FRONTERA

 

O pasado día 23 de abril, unha excursión de 67 alumnos do colexio e 4 profesores saiamos cara a Palos da Frontera para asistir á entrega da medalla de oro de Palos á Vila de Baiona.

Os alumnos participantes no coro do colexio asistiron ao acto de entrega de medallas e ao rematar o acto deleitaron a todos cun pequeno concerto.

Foi unha viaxe moi intensa, xa que durante o mesmo poidemos visitar as replicas das tres Carabelas que sairon de Palos o 3 de agosto de 1492 rumbo ao Novo Mundo.

Moi cerca de alí, descubrimos o Monasterio da Rábida, onde o Prior e o ecónomo da órde explicaronnos como foron as semanas previas ao gran viaxe de Colón.

Pola tarde visitamos a aldea do Rocío.

O sábado, despois do concerto poidemos achegarnos ata Sevilla engalanada pola Feria de Abril.

En fín unha experiencia inolvidable para tod@s!!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Se queredes ver máis fotos da viaxe preme na imaxe.

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031