Tecnoloxía

Inspira STEAM

O alumnado de 1º ESO participou un ano máis no Proxecto Inspira STEAM, organizado pola Universidade de Vigo, con mentores e mentoras encargados de fomentar as vocacións científico - tecnolóxicas, especialmente entre as nenas. 

Ao longo de seis sesións repartidas ao longo da segunda avaliación, profesionais do mundo STEAM levaron a cabo diferentes accións en horario escolar e de xeito voluntario. O obxectivo foi tratar temas como os estereotipos de xénero, a presenza da muller ao longo da Historia, etc. 

 

 

9 de decembro: Día da Informática

O alumnado de 4ºESO Dixitalización conmemora o Día da Informática distribuíndo marcapáxinas con recomendacións sobre os fraudes na rede, a saúde postural ante o ordenador, o uso de contrasinais, do correo electrónico e temáticas relacionadas co mundo nas novas tecnoloxías.

Os marcapáxinas creados foron realizados polo alumnado enmaquetando textos e imáxines, preparando a súa impresión e corte completando todo o proceso de xeración do seu produto final.

Coellos en Infantil!!

O alumnado de Ed.Infantil xa ten os seus xogos reciclados: coellos de Pascua!!

O alumnado de 3ºESO Ed.Dixital desexou o coello coa colaboraicón da profesora Yesica Meno e cortaron as maquetas de coellos coa cortadora láser.

O alumnado de Ed.Infantil decorou as súas pezas xerando coelliños moi especiais e únicos.

Aprendo programando: Refugees

O alumnado da asignatura de programación do CPI Cova Terrena traballou o tema dos refuxiados neste segundo trimestre, creando aplicacións como xogos ou historias:

 

Aprendo programando: Refugees

O alumnado de 2º ESO optativa Programación está a participar no Plan Proxecta "Aprendo programando" da Consellería de Educación e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG). A temática fixada pola organización é: Persoas refuxiadas. Neste trimestre están a desenvolver a súa propia aplicación empregando Scratch que xira en torno aos refuxiados como parte tamén da súa formación e avaliación. 

Día Internacional da Educación

24 de xaneiro, Día Internacional da Educación

 

O alumando de 1º ESO Proxecto Competencial está a traballar sobre o ODS 10 Redución das desigualdades.

Obradoiro de madeira

O alumnado de 1ºESO, dentro dos proxectos incluídos dentro de Polos Creativos, elaborou un panel interactivo no patio inferior do edificio de Ed.Infantil. O alumnado pode experimentar os distintos materiais e sons co mesmo.

Ademais o alumnado de Tecnoloxía e Dixitalización preparou pezas de madeira para que xogue todo o alumnado de Ed.Infantil.

Intelixencia Artificial e Tecnoloxía

O alumnado visitou a exposición de Intelixencia Artificial e tamén o MUNCYT con actividades relacionada coa tecnoloxía, os avances cientificos, a aviación, ...

O equipo gañador da xincana sobre a evolución tecnolóxica.

 

Taller de Fotografía co estudio Fotográfico Foto VS

O alumnado de 1ºESO Proxecto competencial contou cun obradoiro de fotografía a cargo de Rosa Vicente, fotógrafa do estudo fotográfico VS de Baiona que colaborou con nós achegando os seus coñecementos ao noso alumnado.

 

Videoconferencia CIBER.gal Eu non son o obxectivo... ¿ou si? Hacking en directo

Hoxe asistimos por videoconferencia a unha formación sobre ciberseguridade dentro do II Encontro CIBER.gal organizado por AMTEGA e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia asistimos á actividade:

Eu non son ó obxectivo... ¿ou sí? Hacking en directo
Impartido por Enrique Serrano Aparicio – Founder & CEO en hackrocks| International Speaker | TEDx Talk | Cyber Security Advisor

Charla: Detectives de imaxes

Coa colaboración da Escola de Telecomunicacións da UVigo puidemos contar cunha charla sobre a manipulación de imaxes que nos podemos atopar no día a día.

D.Fernándo Pérez, profesor da Universidade, achegou dun xeito moi ameno e atractivo o mundo da manipulación de imaxes, xa dende o século XVIII, ata os nosos días e as ferramentas que existen actualmente para poder detectalas.

Taller de impresión 3D

Taller de impresión 3D

 

O pasado xoves o alumnado de 4º ESO do CPI Cova Terreña desfrutou dunha xornada formativa sobre a impresión 3D organizada polo departamento de Tecnoloxía. Dende a empresa Rysia Impresión 3D de Vigo, dous profesionais do sector desprazáronse ata o centro con tres modelos diferenets de impresoras 3D valorizadas dende 500€ ata os 3000€.

   

O taller estruturouse en varias seccións. En primeiro lugar explicaron que é unha impresora 3D, os elementos fundamentais que a compoñen, o seu funcionamento baseado na fabricación de pezas a partir de deposición das capas de material (fabricación por adición) e os diferentes materiais que pode empregar. Tras familiarizarse coa máquina é importante coñecer os software que nos permitirán comunicarnos coa impresora. En primeiro lugar comezase cun software de deseño (Tinkercad, Onshape, etc) para a creación ou deseño da peza dende cero. Unha vez finalizada, precísase dun software de capas (Ultimaker Cura) para configurar os parámetros de impresión e transformar o arquivo a un formato lexible pola impresora, cuxo obxectivo é dividir o deseño en capas sucesivas. 

O alumnado puido poñer en funcionamento as impresoras e obter algúns dos deseños que eles mesmos crearan na clase de TIC, previa nivelación e posta a punto das máquinas. 

Por último se expuxeron algúns dos problemas máis comúns e como solventalos, así como algunhas indicacións de mantemento básico das impresoras. 

Aínda que as impresoras coas que se traabllou soamente utilizaban un tipo de material, o PLA, dende a empresa trouxeron unha ampla variedade de pezas impresas por eles mesmos fabricadas con diferentes tipos de materiais: algúns con propiedades elaśticas, con contidos metálicos e pétreos e imitacións a outros materiais como a madeira ou a goma. 

¡Agora xa estamos preparados para facer as nosas propias creacións e imprimirlas na nosa impresora!

 

Comezo do proxecto Inspira STEAM

O alumnado de 1ºESO participará por tercer ano no proxecto Inspira STEAM. Trátase dun proxecto pioneiro en Euskadi e promovido pola Universidade de vigo para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entras as rapazas a través de accións de sensibilización e orientación que impartirán mulleres e homes profesionais do mundo da investigación, da ciencia e da tecnoloxía.

O CPI Cova Terreña ven participando dende a súa implantación na comunidade Galega dende fai 4 anos. Contaremos este curso con 3 mentoras e 3 mentores procedentes de diferentes ámbitos como a Universidade de Vigo e empresas privadas como Gradiant Technologies y Optare Solutions.

O proxecto realizarase dentro do horario lectivo e conta cun total de 6 sesións que comezarán mañá 15 de decembro e finalizarán o 7 de febreiro.

O alumnado participante deberá cubrir o seguinte cuestionario antes da primeira sesión:

https://forms.gle/hh7p4NEZ5QSz3bedA

 

Para máis información, visita a páxina web do proxecto.

Plan de continxencia do Departamento de Tecnoloxía

 

A continuación preséntanse os datos recollidos no Plan de Continxencia para as materias do Departamento de Tecnoloxía que serán de aplicación no caso de un novo confinamento para poder continuar coa docencia de forma telemática. 

 

MATERIA: TECNOLOXÍA

Horario: Manterase o horario habitual

Horario de atención ás familias: Martes 11:30 - 12:20

Correo electrónico: jpdiblasi@edu.xunta.gal / profetecnojess@gmail.com

Plataformas de traballo: 

  • Videoconferencia: CISCO Webex
  • Traballo e organización: EVA-Edixgal

 

MATERIA: PROGRAMACIÓN E TIC

Horario: Manterase o horario habitual

Horario de atención ás familias: Venres 10:10 - 11:00

Correo electrónico: isabel.cabaleiro@edu.xunta.gal / isabel.traballo@gmail.com

Plataformas de traballo: 

  • Videoconferencia: CISCO Webex
  • Traballo e organización: Aula Virtual

Gañadores IV Certame literario sobre protección de datos (2019/2020)

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional deron a coñecer os gañadores e gañadoras do IV Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos, dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e alumnos e alumnos de 1º a 4º de ESO, correspondente ao pasado curso escolar 2019/2020.

No caso da categoría de 1º a 4º ESO a gañadora é Ivonne Ferreira Silva que cursou 4º da ESO do CPI de Cova Terreña en Baiona no curso pasado. Ivonne resultou gañadora grazas ao traballo “Protección de Datos” no que de forma pormenorizada explica que é a protección de datos, a figura do Delegado de Protección de Datos e o uso dos datos de carácter persoal.

Ambas as dúas institucións consideran de moita importancia que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade. Sinalan que actualmente cómpre promover o coñecemento entre a cidadanía sobre cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.

O alumnado de 4ºESO do CPI de Cova Terreña volveu participar este ano na 5ª convocatoria e agardamos o resultado do xurado nos próximos días.

https://www.cpeig.gal/node/1470

O alumnado de 1º ESO participa no proxecto Inspira STEAM

O alumnado de 1ºESO acaba de finalizar esta semana a súa participación no proxecto Inspira STEAM despois de 6 sesións que comezaron o día 18 de marzo baixo a coordinación do departamento de Tecnoloxía

Inspira STEAM é un proxecto promovido pola Universidade de Deusto que conta coa colaboración hoxe en día de 9 universidades españolas, entre elas a Universidade de Vigo dende a súa 3ª edición. Este proxecto é pioneiro no fomento da vocación científico-tecnolóxica entre a rapazada, baseado nas accións de sensibilización e orientación, que imparten mulleres profesionais do mundo da investigación, ciencia e tecnoloxía a través do mentoring grupal. Os seus obxectivos principais son o fomento das STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) entre estudantes, a visualización da muller, pór en valor a igualdade de capacidades entre homes e mulleres, a identificación dos estereotipos de xéneros, entre outros, coa finalidade de contribuir ao empoderamento das mulleres. 

Este curso 2020/21, o alumnado do CPI Cova Terreña contou coa disposición de catro mentoras e dous mentores procedentes de diferentes empresas e organismos da contorna relacionados co ámbito tecnolóxico. Grazas a súa implicación e entusiasmo o alumnado puido desfrutar destas experiencias de forma satisfactoria á que cada ano únense máis centros ao longo do país.

Esta actividade sumase ás desenvolvidas dentro do Plan Proxecta Rapazas emprendedoras nas TIC.

Equipo Inspira STEAM

Aprendemos Programando: O camiño de Santiago

O alumnado de 2ºESO participa no Plan Proxecta Aprendemos programando!!. O traballo realizado dentro da materia de Programación inclúe a elaboración de diferentes propostas cun mesmo tema: "O camiño de Santiago" neste ano Xacobeo.

As propostas do alumnado inclúen xogos, guías, historias,... tamén con propostas en inglés e bilingües.

El Xacobeo 2021 ya tiene logotipo oficial

 

Programming: Final activity of 2nd Term: Programming Careers

After working this 2nd Term creating our own programs, the question is: What job opportunities does Programming have? What is the common age for start to programming?

Whit the help of our assistant, Jess, we knew more about Programming Careers!

Programming: Final activity of 1st Term: Planet program

We practice our learning about programming with an fun final activity.

We have to guide to our colleague to find the planets in the correct order.

Great idea of our assistant, Jess!!

 

Seguridade en Redes de Comunicación

En formato virtual e sen necesidade de moverse da aula, un equipo de hackers profesionais desenvolveron un obradoiro para o alumnado de 4ºESO, demostrando o sinxelo que é acceder á información privada e achegando ferramentas e hábitos adecuados para facer da nosa contorna dixital unha contorna segura.

O alumnado de hoxe coñécese como a xeración dos nativos dixitais. A súa vida social e a súa historia xiran ao redor das redes sociais e as comunicacións online, o que se viu reforzado polos últimos acontecementos vividos. Con todo, esta xeración descoñece moitos dos aspectos relacionados coa pegada dixital, os datos e a privacidade, arriscándose a que a súa información se use en beneficio doutras persoas.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031