5ºEd.Primaria

SAÍDA DIDÁCTICA POLA CONTORNA. 5ºB

 

 

 

 
     

Os alumnos e as alumnas de 5º B realizamos unha saída didáctica para visitar a estación meteorolóxica que Meteogalicia ten na zona de Santa Marta.

      
 

 

        

           
   
     
     
      Unha vez investigado os distintos instrumentos de medida que hai nunha estación. Buscamos recursos didácticos en distintas páxinas web que nos informasen como podíamos construilos e así, como podedes ver nesa imaxe, estamos a participar na "Semana de Ciencia"       
 

 

           
   
     

Aroa Misa, gañadora de certame de poesía

Aroa Misa vén de gañar o II Certame de poesía Respira! na categoría de Educación Primaria.

SI e NON

Vivir non é destruír,
amar non é matar. 
 
Rir non é discutir,
berrar non é gañar.
 
Pelexar non é xogar, 
odiar non é abrazar.
 
Vivir é pedir, 
soñar é amar.
 
Aprender é coñecer,
perdoar é comprender.
 
Namorar é acompañar,
sentir é sorrir.
 
Vivir, sentir,
perdoar, AMAR.

O centro agasallou cuns detalles á alumna, incluída unha bolsa co seu poema.

O certame é organizdo polo Concello de Santiago de Compostela dentro do Festival Alguén que respira!

 

VIAXE FIN DE CURSO.

(Xuño 2023)

Despedímonos de 5º.

Letras Galegas 2023.

O 17 de abril, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º nivel de EP desenvolveron unha fermosa actividade de aula, a presentación do libro Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura, obra escrita “a dúas mans” por Xosé L. Franco Grande e polo noso compañeiro de claustro (profesor de Lingua Galega na ESO) Anxo X. Rajó Pazó. 

Desfrutamos dun momento emotivo e foi un luxo coñecer ao homenaxeado deste ano da man dun experto.

A continuación, algunhas das intervencións do alumnado no evento: 

Xa estamos preto dunha data importante: o 17 de maio, Día das Letras Galegas. 

Este ano adícaselle a Francisco Fernández del Riego, escritor, intelectual, político, un traballador nato en prol da cultura galega.

Hoxe contamos coa presenza de Anxo Rajó Pazó, autor da biografía Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura.

Anxo, para nós que o vemos moitas veces a través das fiestras, é un profesor que transmite o seu amor polo traballo. Aos alumnos e ás alumnas da ESO que o acompañan nas súas clases no patio, sempre se lles ve atentos e desfrutando. 

Contounos que non lle foi moi difícil escribir sobre este autor, especialmente por tres razóns. Primeiro porque o coñecía, tamén porque ten boa relación cunha persoa importante na Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura, que lle contou moitas cousas de el e finalmente porque o seu editor, Bieito Ledo, narroulle episodios significativos da vida de Francisco Fernández.

Anxo naceu en Vigo e lembra con agarimo as noites nas que sendo un adolescente, e sentado diante dunha Hispano-Olivetti de ferro que lle trouxera seu pai, escribía na “habitación das alfombras” da súa casa. Algún día contaranos esa outra historia.

Licenciado en Filoloxía Galega e Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, sente auténtica paixón pola lectura. Procura ler en espazos que lle dan tranquilidade coma o xardín da casa, na praia e tamén na aula cos alumnos e as alumnas. A lectura, para el, é vital. Considera que é esencial para mellorar a súa escritura.

Escribiu sobre un autor que admira, Ramón Otero Pedrayo, sentíndose moi emocionado cando o publicou por tratarse tamén do seu primeiro libro. No caso da obra sobre Xela Arias, á que coñeceu, sinte que era algo que lle debía a ela, un libro co que honrala dalgún xeito xa que era unha muller moi loitadora e especial. 

Anxo é membro da Fundación Premios da Crítica Galicia.

Para nós si que é un premio telo hoxe aquí para que nos fale da súa obra e da figura do homenaxeado das Letras Galegas deste ano, Francisco Fernández del Riego. 

D. Paco, como el lle chama. 

Moitas grazas, Anxo, por adicarnos este tempo.

Grazas tamén por ter respondido á entrevista que che fixemos. Foi un pracer lela e saber máis cousas sobre ti.

Deunos mágoa coñecer o motivo que te trouxo ata aquí pero...

                  ...casualidade ou destino...

agora estás no noso colexio e desexamos que continúes moitos máis anos con nós. 

 

                     Espéranos  na ESO!

SANTIAGO CULTURAL

(30/03/23)

                  

Como peche do 2º trimestre, o alumnado de 5º e  6º realizou unha viaxe a Santiago de Compostela. Esta actividade estaba relacionada co proxecto “Santiago Cultural” que tivo como produto final a elaboración duns trípticos informativos sobre dita saída. 

Grazas a esta proposta de traballo, mergullámonos na arte e na cultura da Idade Media, coñecendo un pouquiño máis a nosa capital, Patrimonio Cultural da Humanidade.

 Para a elaboración dos trípticos, con información dos distintos monumentos e museos a visitar, itinerario da ruta e consellos útiles, utilizouse a estrutura cooperativa “1-2-4”.

Consultamos, entre outras, as seguintes páxinas:

Catedral de Santiago

Museo de Historia Natural.

Panteón de Galegos Ilustres.

O alumnado da materia de relixión preparou un mural enorme sobre as distintas rutas de peregrinación e dounos unha charla sobre eso. Marabilloso traballo sobre o Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade.

Nos arquivos adxuntos unha mostra das fotos sobre esta fermosa xornada de convivencia. Temos moitas máis, que se engadirán á carpeta de recordos 2022-23 que levarán a final de curso.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031