2ºEd.Primaria

VIDEOCLIP 8M 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 2º de Educación Primaria realizou un videoclip coa canción de "Matriarcas" da cantante Guadi Galego co motivo da conmemoración do 8 de marzo, "Día Internacional da Muller".

APÍPOLIS

APÍPOLIS

 

Apípolis | Pontevedra

     No día de onte o noso alumnado de segundo de primaria desfrutou dunha xornada en Apípolis.

Deixámosvos en adxuntos un video que é un pequeno resumo do ben que o pasaron e do moito que aprendimos sobre as abellas .

 

Interculturalidade: 1º Estadía. África

Tres palabras na devandita linguaxe e unha canción. Ademais dunha manchea de curiosidades,inquedanzas, costumes e descubrimientos de diferentes culturas así como pinceladas de coñecementos xeográficos. Temos que aprender que o mundo e de todas as cores e razas e que mellor que a rapazada de 2º e 6º constrúa un mundo máis doce e cheo de amor.

Pois ben a nosa primeira estadía lévanos a África. 

Premede o link. 

https://drive.google.com/file/d/1vjoVGFtUmXC1OEld-zldMmkf0AK1VSEl/view?usp=drivesdk

 

Grazas as familias polo colgante de macarróns africano.

Vémonos en China 6º de Primaria!

Día do medio ambiente

07/06/2022 22:34
Europe/Madrid

O alumnado de segundo de primaria, acompañado polas titoras, participóu no día de hoxe, nunha actividade de reciclaxe e compostaxe, organizado polo Concello de Baiona e os empresarios da provincia de Pontevedra.

Coñecemos os distintos tipos de reciclaxe posible, poñendo  en práctica todo o aprendido na aula. Realizamos actividades de compostaxe, plantamos cada un de nós un calabacín e rematamos levando un pequeno agasallo de recordo.

 

Saída Corazón de Carballo

Fantástica saída a que tivemos o venres, día 3, á Granxa Escola, Corazón de Carballo.

O tempo acompañóu e os nosos nen@s desfrutaron moito das actividades que alí nos tiñan preparadas, así como dos animais, da música, do entorno... e como non ... da merenda.

Clikade nos arquivos adxuntos e veredes as fotos!

 

Día das Letras Galegas

 

Feliz día das nosos letras, da nosa lingua... hoxe e sempre!

Saída didáctica

26/03/2022 18:39
Europe/Madrid

Fantástica saída a do venres ao Museo do Mar, para visitar a exposición dos Faros e levar a casa un fariño.

Tamén aproveitamos para merendar en Samil antes de ir ata á Fundación Sales, onde paseamos polo Xardín Botánico, atendendo ás explicación de Patricia, a nosa monitora.

Alí vimos moitas árbores de orixe diverso ( Xapón, Australia,etc ) nenúfares, un bosque de bambúes, etc. Unha morea de maravillas coas que deleitarnos, contando todo o tempo coa compaña dunha "amiga"gatuna, Kiki, que nos axudóu a plantar unhas leituguiñas.

Xa estamos preparados para a próxima aventura.

Clikade nos arquivos para ver máis fotos. Un saúdo 

As titoras

 

 

 

Saída Vigo

11/12/2021 14:27
Europe/Madrid

E por fin puidemos facelo, unha saída en bus!

Estábamos tod@s moi emocionados con recuperar un poco de normalidade e volver a facer cousas tan simples coma unha saída escolar .

Aproveitamos para visitar o Vigo navideño, o Belén da Casa das Artes, e por suposto, a exposición de Naturnova, A Lúa e as estrelas, na que estes fantásticos nen@s deixaron abraiadas ás monitoras con todos os coñecementos que teñen do Sistema Solar.

Seguro repetiremos máis saídas. Se Clikades nos arquivos veredes fotos.

RECOMENDACIÓNS PARA ESTE VERÁN

XA CHEGOU O BO TEMPO E PRONTO AS VACACIÓNS!

Neste inusual curso 2020/21 o alumnado traballou moito nunha situación complicada para todos e todas. Parabéns polo voso esforzo!

 

Remata un ciclo e lles desexamos o mellor para o seguinte. Pensamos que traballar un pouquiño durante o verán pode ser favorecedor para os nenos e nenas. Moitas familias xa vos puxéchedes en contacto coas titoras para que vos recomendemos algún material.

As nosas recomendacións son as seguintes:

MÁIS RECOMENDADO:

ISBN: 978-84-680-6002-6  REPASO 2º- ED. SANTILLANA (repaso dos contidos de 2º)

ESPECÍFICOS:

ISBN: 978-84-680-2757-9 COMPETENCIA LINGÜÍSTICA (Para aquelas familias que consideren que o seu fillo/a necesite reforzar, de forma específica, as linguas)

ISBN: 978-84-680-1940-6 CÁLCULO Y OPERACIONES (Para aquelas familias que consideren que o seu fillo/a necesite reforzar, de forma específica, matemáticas)

Proxecto Tecelingua.Caderno do alumnado: LINGUA 2. (Para aquelas familias que consideren que o seu fillo/a necesite reforzar, de forma específica, Lingua Galega)

 

Moitas apertas

Sonia y Patricia

 

Animal & Arts

Boas familias!

Estamos a traballar dende Arts and Crafts os animais relacionados coa primavera.

O alumnado de 2º E.P. empregaron as témperas para practicar a técnica do puntillismo e os de 3º E.P. crearon mosaicos con anacos de papel de cores.

Quedaron super chulos! :) 

 

Animal & Arts

ACTIVIDADES LINGUA GALEGA. SEMANAS DO 5 AO 19 DE FEBREIRO

5-2-2021

Prezadas familias:

Seguimos unha quincena máis coas seguintes actividades de Lingua Galega que aconsellamos para o alumnado de 2º de primaria a través da aula virtual de Santillana.

LIBRO DE LINGUA GALEGA

UNIDADE 6: A natureza viva.

CAIXÓN DE RECURSOS: LIBRO

1º--En RECURSOS Acceder a:

-- Vídeo: observamos insectos.

-- Lámina "Os insectos"-- Observar a lámina e traballar o vocabulario . Contar as súas sílabas. Coñecer tamén o seu significado.

--Escoitar o conto "Campo de papoulas".

-- O substantivo -- Ler e facer o exercicio.

-- Clases de substantivos.

-- Saber facer: escribo un  conto.

2º --  En ACTIVIDADES Acceder a:

--Vocabulario: "Os insectos"-- Realizar exercicio.

-- Lectura "Campo de papoulas"-- Realizar exercicio.

--O substantivo -- Realizar exercicio.

--O punto e a maiúscula -- Realizar exercicios.

-- A maiúscula nos nomes propios I e II

--Saber Facer: ecribo un conto-- Realizar exercicio.

 


Un saúdo. As titoras

ENGLISH

Activity Book. Page number 17 , 18 and 22.

ACTIVIDADES LINGUA GALEGA. SEMANAS DO 22 AO 5 DE FEBREIRO

22/01/21

Prezadas familias:

Comezamos o trimestre coas seguintes actividades de Lingua Galega que aconsellamos para o alumnado de 2º de primaria a través da aula virtual de Santillana.

LIBRO DE LINGUA GALEGA

UNIDADE 5: Estamos de festa.

CAIXÓN DE RECURSOS: LIBRO

1º--En RECURSOS Acceder a:

-- Lámina "Os espectáculos da rúa"-- Observar a lámina e traballar o vocabulario e ver que tipo de palabras son e contar as súas sílabas. Coñecer tamén o seu significado.

--Escoitar o conto "Un concerto accidentado".

-- Pronomes persoais -- Ler e facer o exercicio.

-- Facer ditado: "festa no barrio"

-- Anuncio un acontecemento-- Ler e facer o exercicio.

2º --  En ACTIVIDADES Acceder a:

--Vocabulario: "Os espectáculos da rúa"-- Realizar exercicio.

-- Lectura "Un conto accidentado"-- Realizar exercicio.

--Os pronomes persoais -- Realizar exercicio.

--O son R forte e o R suave -- Realizar exercicios.

--Saber Facer: anuncio un acontecemento-- Realizar exercicio.


Un saúdo. As titoras

ACTIVIDADE SEMANAL PLÁSTICA

Bos días!

Adxunto actividade semanal de plástica con motivo do día da paz.

Para calquer dúbida, consulta ou envío escriban ao correo: cpicovat3ob@gmail.com

Un agarimoso saúdo

English 2nd

Happy New Year

Comenzamos este novo ano entrando na Aula Virtual de Santillana para ollar no Student´s Book a Unit 3: THE WEATHER ( o tempo).

Faremos o Picture Dictionary desta unidade, lembrade, en folio branco A4 escribimos o título en grande e con cores e, a continuación, facemos os debuxos do novo vocabulario acompañados das palabras escritas.

Podemos escoitar os listenings e, despois, estamos xa preparados para facer os primeiros exercicios da unidade no Activity Book.

ENGLISH

                                                CHRISTMAS  2020.

 

Xa está aquí o Nadal . Con tal motivo recoméndovos unha páxina web chea de actividades:

  • Printables.
  • Debuxos.
  • Fichas.
  • Recortables.
  • Pop up.
  • Coloreables.
  • Manualidades .
  • E , por suposto, moitas, moitas  songs.

 

www.bigactivities.com

 

                                       MERRY CHRISTMAS!

 

ENGLISH

Good morning:

Entrade na Aula Virtual de Santillana para facer as páxinas 14 e 15 do Student´s Book. Clicade ou premede na icona da caixa azul para escoitar os audios e divertídevos poñendo stickers.

ACTIVIDADES LINGUA GALEGA. SEMANAS DO 13 AO 27 DE NOVEMBRO

Bos días,

Unha semana máis publicamos o listado das actividades que aconsellamos para o alumnado de 2º de primaria a través da aula virtual de Santillana.

LIBRO DE LINGUA GALEGA

UNIDADE 4: AMIGOS ESPECIAIS

CAIXÓN DE RECURSOS: LIBRO

Que facer??

1º--En RECURSOS Acceder a:

-- Lámina "A clínica veterinaria"-- Observar a lámina e traballar o vocabulario e ver que tipo de palabras son e contar as súas sílabas.

-- A oración: suxeito e predicado -- Ler e facer o exercicio.

-- Saber facer: describo unha mascota-- Ler e facer o exercicio

2º --  En ACTIVIDADES Acceder a:

--Vocabulario: "A clínica veterinaria"-- Realizar exercicio

--A oración: suxeito e predicado -- Realizar exercicio

--Palabras con mp e mb -- Realizar exercicio

--Saber Facer: describo unha mascota-- Realizar exercicio


Un saúdo. As titoras

English 2nd

HELLO!Sorriso

Xa tedes  a vosa disposición o libro de inglés na aula virtual de Santillana.

Para familiarizarnos co seu uso  podedes ir ollando a unidade 2 que imos comenzar xa!

Cálculo mental.

Prezadas familias,

Preme AQUÍ para acceder ao vídeo onde se explica a nova consigna para traballar o cálculo mental na casa.

Un saúdo

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031