Participación do Centro no programa CA/AC

CA/AC curso 2020-2021

Un curso máis, alumnado e profesorado do Centro, estamos desenvolvendo o programa CA/AC “ Cooperar para Aprender/ Aprender a Cooperar” .

 

O CPI de Cova Terreña pertence, xunto a outros centros de España,  á Rede Khelidon, promovida polo GRAD ( Grupo de Investigación sobre Atención á Diversidade ) da Universidade de Vic. 

 

Ao longo deste curso 2020/21 implementaremos dinámicas, estruturas e plans de equipo adaptándonos á situación que estamos vivindo.

Participación do Centro no Programa CA/AC

O CPI Cova Terreña ven participando neste proxecto de investigación dende o curso 2011/12, no que varios profesores iniciamos a formación, cos expertos da Universidade de Vic e contando co asesoramento e acompañamento das asesoras do CFR de Vigo.

Dende ese curso vimos formándonos e poñendo en práctica nas aulas un conxunto de actuacións para ensinar a traballar en equipo:

- Axudándolles a especificar con claridade os obxectivos que se propoñen, as metas que teñen que alcanzar.

- Ensinándolles a organizarse como equipo para conseguir esas metas. A distribuir os distintos roles e responsabilidades.

- Axudándolles a identificar o que non fan correctamente, o que lles impide conseguir o que persiguen e que compromisos teñen que asumir para mellorar.

 En definitiva, poñer os medios para que, pouco a pouco, melloren os aspectos negativos, de xeito que aprendan, practicándoas, as habilidades sociais imprescindibles para traballar en equipo. Habilidades como escoitar con atención aos compañeiros/as, usar un ton de voz suave, respetar o turno de palabra, preguntar con corrección, compartir cousas e ideas, pedir axuda con corrección, axudar aos compañeiros/as, rematar as tarefas, estar atentos, etc.

Desde ese curso fomos facendo un itinerario de formación e reflexión sobre a nosa práctica na aula segundo as diferentes etapas do programa.

 

- CURSO 2011/12

Tiñamos escoitado falar sobre AC a profesores doutro colexio e á que é a nosa asesora do CFR de Vigo actualmente. Animámonos a entrar no programa 6 mestres ( 5 de Primaria e 1 de Educ. Infantil) que, nese momento, compartiamos inquedanzas sobre os problemas existentes nas aulas.

Así, comenzamos en setembro do 2011 a etapa de Introdución en AC na que, guiados, practicamos os tres ámbitos de intervención ailladamente.

 

- CURSO 2012/13.

Durante este curso 9 profesores ( 6 de Primaria e 3 de ESO) desenvolvemos a etapa de Xeneralización na que establecemos un Plan de apoio para o profesorado que se incorporou novo ao programa.

 

- CURSO 2013/14.

Neste curso abordamos a etapa de Consolidación da Aprendizaxe Cooperativa 10 profesores ( 2 de E.Infantil e 8 de Primaria) poñendo en práctica na aula os tres ámbitos de xeito interrelacionado.

 

- CURSO 2014/15.

Continuamos poñendo en práctica o Plan de apoio co profesorado que se incorpora ao programa. Estruturamos a actividade para desenvolver

estratexias de xeito sistematizado. Esto permitiunos ir introducindo a AC nos documentos pedagóxicos de Centro.

 

- CURSO 2015/16

Varios profesores/as implementaron a Aprendizaxe Cooperativa, dentro do programa de formación, nas aulas de 1ºA, 1ºB,5ºA e 6ºB de primaria e en 4ºESOA e 4ºESO PDC.

 

- CURSO 2016/17

Neste curso puxeron en práctica o programa CA/AC  6 profesores de primaria e 5 de ESO. O profesorado de ano 1 implementou os tres ámbitos de intervención, primeiro de xeito aillado pero interrelacionados  no último trimestre. Nas aulas onde varios profes aplican o  programa realizáronse UDs e tarefas integradas cos tres ámbitos ao longo das mesmas.

 

 

- CURSO 2017/18

 

Implementan Dinámicas, estruturas e Plans de Equipo: 4 Titores primaria ( 1ºA, 1ºB, 5ºA e 6ºA), o profesor de inglés ( en 5ºA e 6ºA), 5 profes-titores ESO ( 1ºA, 1ºB, 2ºA, 3ºB, 4ºB) e a orientadora ( "titorizando" 2ºA primaria) .

 

 

- CURSO 2018/19

 

Actualmente estamos aplicando o programa 8 profesores/as de primaria e 5 de ESO.

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031