Localización

Localización

No concello de Baiona, provincia de Pontevedra, atópase o C.P.I. de Cova Terreña.

Latitude: 42.116703     Lonxitude: -8.852749

 

O noso centro recibe a medalla de ouro do Concello de Baiona

O xoves 14 de decembro o CPI de Cova Terreña recibiu a medalla de ouro do Excmo. Concello de Baiona nun acto institucional, ao mesmo tempo que emotivo, que se celebrou na praza do concello, a cal se quedou pequena para acoller a todas as persoas vencelladas ao centro que se sumaron ao evento. 

O noso centro foi recoñecido con este galardón, o de maior rango posible, pola súa actividade educativa, social e cultural ao longo dos seus 50 anos de vida.

 

No acto fíxose referencia a como "vive" o centro o alumnado a través das palabras de Leo Álvarez, representante no Consello Escolar e alumno de 2º ESO.

A concelleira de Educación deu lectura á "meritoria" presentada pola anterior corporación que motivou a concesión da devandita medalla. O concelleiro de Cultura certificou o outorgamento do galardón ao centro que lle foi entregado á directora, Dna. Isabel Martínez Cabaleiro, de mans do actual alcalde, D. Jesús Vázquez Almuíña.

No acto estiveron presentes o xefe territorial de Educación, D. César Pérez Ares, o inspector do centro, D. Gustavo Lorenzo Prozzo, a corporación municipal, ex-directores, membros do Consello escolar e representantes da ANPA, aos que se sumaron centos de baioneses e baionesas.

Ao longo da tarde visualizáronse fotografías históricas do centro, proxectouse o vídeo elaborado polo 50 aniversario e puidemos gozar da música do coro xuvenil e conxunto instrumental do centro ao que se sumou o alumnado de 5º e 6º Ed. Primaria, concluíndo con panxoliñas unha tarde memorable. 

Acto de entrega da Medalla de Ouro ao centro educativo

Este xoves 14 de decembro, ás 19:30h, terá lugar o acto de entrega da Medalla de Ouro ao centro educativo, acto ao que convidamos a participar a toda a comunidade educativa.

O acto celebrarase na praza do concello e a continuación actuará o coro xuvenil.

Obras no centro: rehabilitación da rampla e da pista deportiva exterior

O Concello de Baiona está a asumir a rehabilitación da rampla de comunicación entre edificios e a pista deportiva exterior, ambas moi deterioradas. As obras axilizáronse o máximo posible pendente de que a climatoloxía sexa favorable para poder rematar as obras.

Solicitamos a súa colaboración para que extreme a precaución nos seus desprazamentos polo centro e non acceda á zona de obras pola súa propia seguridade.

Nova en ValMiñor TV

Nova en Telemariñas

Nova en Atlántico Diario

Datos

Baiona é un municipio eminentemente turístico situado nas Rías Baixas de Galicia, na provincia de Pontevedra, no eixo atlántico Vigo-Porto ó noroeste de España..

Os turistas que cada ano se achegan a Baiona destacan os aspectos relacionados co seu patrimonio, o mar, as praias, o monte e a situación xeográfica.

O centro ten a súa dirección na rúa Dolores Agrelo s/n.

Lonxitude: 5º 70' 0'' e 5º 12' 3'' O. do meridiano de Madrid.

Latitude: 42º 2' 40" e 42º 7' 40" N.Altitude mínima: O metros (nivel do mar).

Altitude máxima: 632 m ( Alto da Groba).

Estamos a 638 kilómetros de Madrid e a 442 kilómetros de Lisboa.

COMUNICACIÓNS: Cada treinta minutos sae da Estación de Autobuses de Vigo un autobús con destino a Baiona. A empresa que ten a concesión deste servicio é ATSA.Coa construcción da autoestrada do Val Miñor, estamos enlazados coa autovía das Rías Baixas.Por outra banda, o aeroporto de Vigo (Peinador) atópase a 27 kilómetros de distancia.A estación do tren de Vigo está situada a 25 kilómetros.Para aqueles que cheguen a Baiona navegando ,a entrada máis natural á ría é a comprendida entre Silleiro e Serralleira. O canal de entrada é amplo e profundo. Atoparemos a enfilación da entrada chegando á demora da punta Vicos nas illas Cíes, entre 020 e 032 graos a 1,32 M de Silleiro.Hai que arrumbar ó 083, xa que a enfilación en terra non se ve claramente, así que o recomendable é guiarse polo castelo de Monte Real.  

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031