6ºEd.Primaria

Dinámica: A PELOTA.

(11/09/23)

Primeiro día dun novo curso. Día de reencontro; emocións e sorrisos.

Utilizando a dinámica de cohesión: A Pelota, compartimos un momento de confidencias e de intercambio de novas informacións. Nas reflexións finais, o alumnado comenta a importancia que ten o coñecemento mútuo.

Continuaremos realizando este tipo de actividades ao longo do curso, relacionadas co benestar emocional do grupo-clase en xeral e de cada alumno e cada alumna en particular, para seguir mantendo un ambiente de boa convivencia na aula.

BENVID@S a 6º!

(11/09/23)

                        

Paseniño, paseniño, chegaremos ao final dunha fermosa etapa educativa. 

                          Benvidas e benvidos a 6º!

Desexando compartir con vós máis momentos inesquecibles.

Unha aperta agarimosa.

Vero (titora de 6ºA) e Merce (titora de 6ºB)

De 6ºPrimaria a 1ºESO

Ímos traballando sobre o cambio de etapa.

Primeiro un encontro coas familias e o 14 de xuño xornada de convivencia no centro.

Letras Galegas 2023

(17/04/23)

Acto presentación do libro de Anxo Rajó Pazó: Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura.

O 17 de abril, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º nivel de EP desenvolveron unha fermosa actividade de aula, a presentación do libro Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura, obra escrita “a dúas mans” por Xosé L. Franco Grande e polo noso compañeiro de claustro (profesor de lingua galega na ESO) Anxo X. Rajó Pazó. 

A continuación, algunhas das intervencións do alumnado no evento: 

Xa estamos preto dunha data importante: o 17 de maio, Día das Letras Galegas. 

Este ano adícaselle a Francisco Fernández del Riego, escritor, intelectual, político, un traballador nato en prol da cultura galega.

Hoxe contamos coa presenza de Anxo Rajó Pazó, autor da biografía Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura.

Anxo, para nós que o vemos moitas veces a través das fiestras, é un profesor que transmite o seu amor polo traballo. Aos alumnos e ás alumnas da ESO que o acompañan nas súas clases no patio, sempre se lles ve atentos e desfrutando. 

Contounos que non lle foi moi difícil escribir sobre este autor, especialmente por tres razóns. Primeiro porque o coñecía, tamén porque ten boa relación cunha persoa importante na Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura, que lle contou moitas cousas de el e finalmente porque o seu editor, Bieito Ledo, narroulle episodios significativos da vida de Francisco Fernández.

Anxo naceu en Vigo e lembra con agarimo as noites nas que sendo un adolescente, e sentado diante dunha Hispano-Olivetti de ferro que lle trouxera seu pai, escribía na “habitación das alfombras” da súa casa. Algún día contaranos esa outra historia.

Licenciado en Filoloxía Galega e Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, sente auténtica paixón pola lectura. Procura ler en espazos que lle dan tranquilidade coma o xardín da casa, na praia e tamén na aula cos alumnos e as alumnas. A lectura, para el, é vital. Considera que é esencial para mellorar a súa escritura.

Escribiu sobre un autor que admira, Ramón Otero Pedrayo, sentíndose moi emocionado cando o publicou por tratarse tamén do seu primeiro libro. No caso da obra sobre Xela Arias, á que coñeceu, sinte que era algo que lle debía a ela, un libro co que honrala dalgún xeito xa que era unha muller moi loitadora e especial. 

Anxo é membro da Fundación Premios da Crítica Galicia.

Para nós si que é un premio telo hoxe aquí para que nos fale da súa obra e da figura do homenaxeado das Letras Galegas deste ano, Francisco Fernández del Riego. 

D. Paco, como el lle chama. 

Moitas grazas, Anxo, por adicarnos este tempo.

Grazas tamén por ter respondido á entrevista que che fixemos. Foi un pracer lela e saber máis cousas sobre ti.

Deunos mágoa coñecer o motivo que te trouxo ata aquí pero...

                  ...casualidade ou destino...

agora estás no noso colexio e desexamos que continúes moitos máis anos con nós. 

                            Espéranos  na ESO!

REBUMBIO MATEMÁTICO

Hoxe, 28 de abril, Miguel Álvarez, Gabriela Bouzada, Area Castro, Nicolás Herranz, Aarón Leyenda e Marcos Pose participaron no XXII Rebumbio Matemático, organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática, AGAPEMA, representando ás súas respectivas clases.

 Nesta primeira fase participaron: 14 grupos de distintos colexios da zona de Vigo, 31 da zona da Coruña, 5 grupos da zona de Ferrol, 8 grupos da zona de Lugo, 7 grupos da zona de Ourense, 17 grupos da zona de Pontevedra e 17 grupos da zona de Santiago de Compostela.

O noso cole é a primeira vez que participa nesta categoría (6º E. P).

É un orgullo para nós, as titoras, vervos tan ilusionados e tan motivados.

Para nós xa gañastes!

SANTIAGO CULTURAL

(30/03/23)

                     

                     

Como peche do 2º trimestre, o alumnado de 5º e  6º realizou unha viaxe a Santiago de Compostela. Esta actividade estaba relacionada co proxecto “Santiago Cultural” que tivo como produto final a elaboración duns trípticos informativos sobre dita saída. 

Grazas a esta proposta de traballo, mergullámonos na arte e na cultura da Idade Media, coñecendo un pouquiño máis a nosa capital, Patrimonio Cultural da Humanidade.

Para a elaboración dos trípticos, con información dos distintos monumentos e museos a visitar, itinerario da ruta e consellos útiles, utilizouse a estrutura cooperativa “1-2-4”.

 Nos arquivos adxuntos unha mostra das fotos sobre esta fermosa

xornada de convivencia.

REBUMBIO MATEMÁTICO

O alumnado de 6º de Edu. Primaria vai participar na 22ª edición do Rebumbio Matemático, concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria (equipos de 3 alumnos ou alumnas) organizado desde AGAPEMA.

Dúas sesións á semana, dedicarémonos a preparar especificamente esta proposta, que non é máis que levar as operacións e o razoamento matemático a situacións da vida real, "aplicación práctica das matemáticas". As bases do concurso están colgadas no adxunto.

Viaxe Fin de Etapa. Xuño 2022

Preparados e preparadas para pasar 3 días/2 noites no camping Fieitás, O Grove. 

DÍA 1. Luns 20/06/22

Despois dunha agradable viaxe, chegamos ao noso destino. 

O recibimento foi marabilloso. Xogos de benvida e moitas gargalladas.

Máis fotos nos adxuntos.

Antes de xantar... unha ruta polo monte.

Temos mascota! Chámase Toti. Comeza o xogo de " nin si nin non"

            Comer, xogo libre e... á praia!!!

 

Xogos na area, no mar, " snorkel", bocatas de merenda.

Pasou moi rápido o tempo! Ás 19:30h de volta para o campamento. Ducha, cea e actividade sorpresa! 

DÍA 2. Martes 21/06/22

Despois dunha velada de convivencia, e tras a primeira noite no campamento, levantámonos con ganas doutro día de aventuras.

Esperando para almorzar, con Toti tamén...

Como igual chove pola tarde, imos xa pola mañá a facer actividades na praia: Kayak, xogos, e por suposto nadar!

Antes de ir xantar, puxémonos a remollo!!!

 

Era verdade que hoxe chovía!

Despois de comer, todas as actividades foron no interior. Os/as monitores/as teñen moitos recursos, imaxinación e paciencia. 

Hai novas fotos en ficheiros adxuntos.

DÍA 3. Mércores 22/06/22

Fantástico día soleado para rematar esta viaxe. Despois dunha noite para recuperar forzas da velada que tivo moito de canto e baile, hoxe toca alomorzar ben para ir ao rocódromo e á tirolina.

 

Despois de xantar, camiñata ao monte para desfrutar facendo cabanas na actividade de Vicvac. 

 

Ata aquí a pequena reportaxe sobre esta aventura.

Toca despedirse dos amigos e das amigas do campamento e tamén dicirlle adeus á etapa de primaria! 

Foi unha estancia de 3 días e 2 noites intensa, divertida, de convivencia e aprendizaxe. 

Desfrutade das merecidas vacacións. Desexámosvos unha feliz entrada na ESO a todos e a todas, lembrándonos tamén dos/as que, por diferentes motivos, non puideron estar aquí.

Unha aperta agarimosa.

                       Merce e Carlos.

 

                         

 

 

 

 

 

 

 

 

Acto de Graduación 6º Ed. Primaria

Acto de graduación 6º Ed. Primaria

O pasado venres 17 de xuño tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 6º Ed. Primaria no salón de Actos.

As 9:00 h o centro agasaiou ao alumnado cunha actuación de maxia, a cargo do mago Samuel, con motivo da celebración de "Baiona Pinta Maxia".

Foi unha experiencia moi agradable e o alumnado disfrutou moito da mesma. 

O vindeiro luns 20 sairán con destiño O Grove onde disfrutarán da súa excursión de fin de etapa ata o mércores 22 de xuño.

Esperamos que lembredes sempre este fin de curso e de Etapa.

Moita sorte!!!

IV XORNADA POÉTICA

         IV Xornada Poética, Cando leo... soño versos.

O alumnado de 6ºA e 6ºB de EP está inmerso nun proxecto moi especial. Despois de varios cursos sen poder realizala, o vindeiro martes 14 de xuño, celebraremos a nosa Xornada Poética. 

Nesta ocasión contaremos coa presenza dunha importante escritora , Eva Mejuto, e tamén estará con nós a ilustradora da que xa sabemos tanto... Bea Gregores!

                 Un luxo!

Durante o evento presentaremos a súa obra: Cando leo.

 

 

 

                     CARTA DE BEA GREGORES

Chegounos unha tenra carta de Bea, en resposta da que lle enviamos, onde nos confirma que tanto ela coma Eva estarán con nós o martes 14.

Fíxonos moita ilusión que viñese ilustrada! 

Como xa coñecemos un pouquiño a súa obra descubrimos axiña o paxariño que a acompaña nos seus traballos. Gracias Bea!

No ficheiro adxunto a carta/nota que nos mandou.

 

           XA TEMOS INVITACIÓNS e CARTEIS!

 

Dun intenso traballo individual e en grupo, saíron as propostas coas que finalmente se elaboraron os carteis publicitarios e as invitacións para o evento. 

         Parabéns a todo o alumnado!

Felicitar tamén á copistería Duplicolor polo fermoso acabado e a agarimosa presentación. 

                                      ENSAIAMOS! 

Preparamos un recunchiño ao carón das aulas para practicar un pouco antes do gran día.

Estos son algúns dos primeiros recitados. Clicar nos nomes dos autores/as.

Adrián

 

 

Alejandra e Ariana

 

Leo e Brais

 

Anxo recita dous: Anxo6ºA      Anxo 6ºA

 

Iria e Ainara

 

Sara G.

 

Breo e Anxo 6ºB

 

 

Daniel

 

PARABÉNS pola actitude amosada! 

                  Seguiremos practicando.

 

 

 

                AGROMAN FERMOSAS OBRAS

                     Medra a biblioteca.

 

 

 Paseniño, paseniño...

                vai medrando de novo a colección de libros nas aulas. 

 

          Volvemos ter marabillosos compañeiros/as de pupitre! 

 

Acompáñannos nas sesións diarias de " hora de ler",

axúdannos a desenvolver distintos proxectos,

reláxannos en moitos momentos e, sobre todo,

               motívannos a seguir medrando coa lectura. 

 

 

             UNHA XORNADA PARA AS NOSAS LEMBRANZAS.

 

 

 

Enlace da nova:

 

 

Valmiñortv

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Exposición: DA BARREIRA AO FORNO

O pasado venres 6 de maio, o alumnado de 5º e 6º nivel de EP tivo a oportunidade de visitar a exposición " Da barreira ao forno", no edificio da Capitanía Marítima de Baiona.

O feito de que o noso guía fose o propio organizador da mostra, o historiador Anxo Rodríguez Lemos, provocou que ese fermoso paseo pola historia de Galicia a través da olería, resultase inesquecible.

Esta actividade, proposta polo equipo de EDLG do centro, resultou altamente satisfactoria tanto para o alumnado coma para o profesorado acompañante. Salientamos o carácter didáctico e formativo que tivo esta visita guiada, nun espazo privilexiado e cunha orixinal montaxe que incluía maquetas e fotografías antigas acompañando ás pezas da exposición. 

Poder aprender tanto da nosa historia, das nosas costumes, en tan pouco tempo e da man dun experto, foi todo un luxo. 

                                                                               Grupo-clase 5ºA

                                                              Alumnado 5ºB 

                                               Grupo- clase 6ºA

                                                            Alumnado 6ºB

Máis información nos seguintes enlaces:

https://telemarinas.com/capitania-maritima-acoge-la-exposicion-de-oleria-tradicional-da-barreira-ao-forno-de-anxo-r-lemos/

https://www.farodevigo.es/comarcas/2022/03/30/doctor-cum-laude-baiona-64433066.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2019/05/09/baiones-archivo-secreto-papal/0003_201905V9C7991.htm

https://telemarinas.com/baiona-reconoce-al-historiador-local-canxo-rodriguez-lemos/

 

Vigo Porté 2022

Hai uns días celebrouse o evento internacional de disciplinas de baile “Vigo Porté 2022”

Varias alumnas do 3º ciclo de EP participaron nel, gañando distintos premios.

Aínda que a competición foi dun nivel moi elevado,

Ángela Cividanes Denis ( 5ºA),

            Ariana Pérez Fernández ( 6ºA) e

                        Xiana Calero Iglesias ( 6ºA)

                                  lograron medallas de todas as cores.

XIANA conseguiu tres ouros. As coreografías que acadaron o 1º posto foron: RUN ( hip hop), ALICE ( acro) e INTEGRATION ( contemporáneo)

Esta última levou tamén o premio á mellor coreografía mini. Outro 1º premio!

ÁNGELA recibiu unha fermosa medalla de prata por THE SOUND OF SILENCE ( Contemporáneo)

ARIANA gañou unha marabillosa medalla de bronce coa coreografía: TIMELINE ( contemporáneo), na que participa tamén Xiana.

                           Uns enormes PARABÉNS!!!

                          Fermoso traballo en equipo.

Sabemos do seu sacrificio, do esforzo que supón compaxinar adestramentos coas tarefas escolares, render os luns “coma se nada” tras unhas fermosas, pero intensas, fins de semana de competicións.

Estas campionas, e outras alumnas do centro, participaron no Concurso Nacional de danza, na Dance Worldcup Spain 2022, que se celebrou en Burgos do 25 ao 27 de marzo. Os gañadores de cada categoría participan, representando a España, na Gran Final Mundial de DWC.

Pois...

                    Temos representación no Mundial!!!

 Este ano celebrarase en San Sebastián, do 24 de xuño ao 2 de xullo. Competirán con máis de 6000 bailaríns de todo o mundo ( participan máis de 38 países) nun evento xigantesco comparable cuns xogos olímpicos da danza.

                                               Que orgullo!

Estaremos pendentes dos resultados pero, para nós , xa sodes gañadoras!

 

Máis información nos seguintes enlaces:

https://vigoporte.com/

http://danceworldcupspain.es/

https://dwcworld.com/2022_finals

Lembrando a Emilia Pardo Bazán. Proxecto 8M. Mulleres, unha nova mirada.

 Seguimos coñecendo historias, sabendo de vidas...

                                          Seguimos aprendendo.

 

Emilia Pardo Bazán está considerada unha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria. Forma parte do noso proxecto ,” 8M. Mulleres, unha nova mirada”, por loitar para mostrar a capacidade da muller para ocupar na sociedade os mesmos postos que un home.

Este maio do 2021, coincidindo co centenario da súa morte, estamos coñecendo mellor esta importante figura grazas a dúas mulleres que xa forman parte da nosa vida escolar: María Canosa e Bea Gregores, que crearon a fermosa obra:

     Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa.

María Canosa, enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, posúe unha longa traxectoria coma escritora, conferenciante e presentadora de televisión. Destaca , sobre todo, pola súa faceta literaria, especialmente vinculada á poesía e á literatura infantil en galego. Para nós foi un pracer que colaborase no proxecto “ 20 segundos”, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Versos do poemario Vagalume de versos, forman parte dos carteis elaborados polo alumnado ( e que xa están colocados en moitos puntos de Baiona) para fomentar o uso do galego, recitando poemas mentres se cumpre a norma sanitaria dos 20 segundos hixienizando as mans.

María Canosa, unha vez máis, foi quen de crear a través da súa narración un mundo de emocións na aula. Nesta obra describe a Emilia Pardo Bazán coma unha “ muller con mente ávida de ideas e coñecemento”, “ unha muller que se forxou a si mesma e que tivo que enfrontarse aos atrancos da sociedade machista do seu tempo”.

Bea Gregores, especializada en ilustración e deseño, gañou premios no mundo da ilustración e o cómic e a nós gañounos o corazón coas verbas que nos adicou na entrevista que nos concedeu. Gozamos co seu fermoso traballo en Bicos e non balas, de Antonio García Teijeiro e impresionounos en A Lavandeira de San Simón de Eva Mejuto. Agora, en Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa, sorprendeunos de novo cunhas ilustracións que acompañan e complementan perfectamente a narración de María Canosa e lévannos a outra época, a outros tempos...

                                   Gozaremos con este agasallo!

 

 

A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN. Proxecto: Mulleres. Unha nova mirada.

 A lectura desta obra non deixou indiferente a ninguén.

 

Moitos dos alumnos/as de 5º e 6º tiveron claro que o termo co que definirían os sentimentos que lles provocou esta historia sería “ tristura ” pero tamén se escoitaron outras verbas: verdadeinocenciamorteguerramedocoresesperanza...     mulleres!

Querendo saber moito máis sobre as autoras deste fermoso libro, os/as alumnos/as de 6º elaboraron unha entrevista para a escritora, Eva Mejuto, e outra para a ilustradora Bea Gregores. Fixémosllas chegar, acompañadas dunha carta para cada unha delas, escrita polo alumnado de 5º. 

 

Compartimos uns enlaces sobre A lavandeira de San Simón.

https://axendacultural.aelg.gal/2021/01/13/entrevista-a-eva-mejuto-arredor-de-a-lavandeira-de-san-simon/

https://www.elcorreogallego.es/galerias/videos/libraria-couceiro-a-lavandeira-de-san-simon-XA5453000

Recollemos exposición pero non o noso proxecto.

A exposición MULLERES. Unha nova mirada, estivo no exterior do colexio durante cinco días, dende o 8M, para que a puideran visitar outros compañeiros e outras compañeiras.

Non dou tempo a  completala con toda a información porque aínda estamos desenvolvendo moitas das tarefas. Seguiremos traballando e subindo información a este apartado da páxina web do centro para compartir as nosas experiencias.

 

Despedíndonos da montaxe...

 

Diana Trujillo e María J. Viñas, dúas MULLERES na NASA.

Diana Trujillo tiña 17 anos e 300 dólares no peto cando chegou a Estados Unidos dende Colombia. Durante anos limpou casas para poder pagar os estudos e graduarse en enxeñería aeroespacial.

Agora é enxeñeira da NASA e directora do voo da misión Marte 2020.

 

 

O pasado 18 de febreiro, foi ela a que ofreceu a  primeira transmisión en español dun aterrizaxe robótico noutro planeta: o do rover Perseverance en Marte. 

 

                                          

 "Tú tienes en el corazón lo que quieres hacer, el problema es que a veces uno escucha las opiniones de otras personas".

 

"Estoy aquí para recordaros que nosotras las mujeres valemos, que no es que yo sea especial por ser capaz de salir de casa o de sobrevivir a la violencia machista, es porque traté de redirigir mi vida"

 

Para saber máis, clica nos seguintes enlaces:

https://www.lavanguardia.com/ciencia/opinion/20210222/6257801/empoderador-discurso-diana-trujillo-directora-aterrizaje-perseverance-marte.html

 

https://www.lavanguardia.com/vida/20210219/6256417/diana-trujillo-nasa.html

 

https://elpais.com/ciencia/2021-02-19/diana-trujillo-directora-de-vuelo-de-perseverance-algo-de-vida-tiene-que-haber-en-el-crater-jezero-de-marte.html

 

https://www.clarin.com/internacional/nasa-increible-historia-diana-trujillo-pieza-clave-mision-marte_0_RiUkirAJj.html

 

https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2021/02/23/6034c43121efa06a628b468e.html

 

Outra muller lidera tamén a comunicación en español da NASA.

 

 

En xaneiro , a española María José Viñas foi nomeada responsable de comunicación en español da NASA, un departamento de nova creación e proposto por ela.

Destaca que na NASA houbo un cambio de enfoque cara á diversidade. "Una de las mejores formas de atraer a este área a mujeres o a miembros de minorías es mostrarles lo que pueden hacer, y enseñarles ejemplos".

Á seguinte pregunta:¿Qué les dirías a los estudiantes que, como tú, quieran impulsar o redirigir su carrera?

Contestou:

-… la vida no es una línea recta, a veces da giros, otras no sabes muy bien a dónde vas… Mientras hagan las cosas que les gustan y den lo mejor de ellos, seguro que llegarán al lugar adecuado. -

A entrevista completa no seguinte enlace:

https://www.elplural.com/la-buena-noticia-del-dia/espanola-pone-voz-nasa_257819102

 

Para saber máis sobre María José Viñas:

https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2021/01/04/5feb656b21efa098768b45ac.html

 

8M. INAUGURAMOS EXPOSICIÓN.

Nun día tan especial coma o de hoxe, 8 de marzo, inauguramos a  exposición sobre o noso proxecto, que abrangue tarefas relacionadas co papel de diferentes MULLERES tanto na sociedade e na cultura galega coma a nivel internacional.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031