Letras Galegas 2023

(17/04/23)

Acto presentación do libro de Anxo Rajó Pazó: Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura.

O 17 de abril, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º nivel de EP desenvolveron unha fermosa actividade de aula, a presentación do libro Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura, obra escrita “a dúas mans” por Xosé L. Franco Grande e polo noso compañeiro de claustro (profesor de lingua galega na ESO) Anxo X. Rajó Pazó. 

A continuación, algunhas das intervencións do alumnado no evento: 

Xa estamos preto dunha data importante: o 17 de maio, Día das Letras Galegas. 

Este ano adícaselle a Francisco Fernández del Riego, escritor, intelectual, político, un traballador nato en prol da cultura galega.

Hoxe contamos coa presenza de Anxo Rajó Pazó, autor da biografía Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura.

Anxo, para nós que o vemos moitas veces a través das fiestras, é un profesor que transmite o seu amor polo traballo. Aos alumnos e ás alumnas da ESO que o acompañan nas súas clases no patio, sempre se lles ve atentos e desfrutando. 

Contounos que non lle foi moi difícil escribir sobre este autor, especialmente por tres razóns. Primeiro porque o coñecía, tamén porque ten boa relación cunha persoa importante na Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura, que lle contou moitas cousas de el e finalmente porque o seu editor, Bieito Ledo, narroulle episodios significativos da vida de Francisco Fernández.

Anxo naceu en Vigo e lembra con agarimo as noites nas que sendo un adolescente, e sentado diante dunha Hispano-Olivetti de ferro que lle trouxera seu pai, escribía na “habitación das alfombras” da súa casa. Algún día contaranos esa outra historia.

Licenciado en Filoloxía Galega e Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, sente auténtica paixón pola lectura. Procura ler en espazos que lle dan tranquilidade coma o xardín da casa, na praia e tamén na aula cos alumnos e as alumnas. A lectura, para el, é vital. Considera que é esencial para mellorar a súa escritura.

Escribiu sobre un autor que admira, Ramón Otero Pedrayo, sentíndose moi emocionado cando o publicou por tratarse tamén do seu primeiro libro. No caso da obra sobre Xela Arias, á que coñeceu, sinte que era algo que lle debía a ela, un libro co que honrala dalgún xeito xa que era unha muller moi loitadora e especial. 

Anxo é membro da Fundación Premios da Crítica Galicia.

Para nós si que é un premio telo hoxe aquí para que nos fale da súa obra e da figura do homenaxeado das Letras Galegas deste ano, Francisco Fernández del Riego. 

D. Paco, como el lle chama. 

Moitas grazas, Anxo, por adicarnos este tempo.

Grazas tamén por ter respondido á entrevista que che fixemos. Foi un pracer lela e saber máis cousas sobre ti.

Deunos mágoa coñecer o motivo que te trouxo ata aquí pero...

                  ...casualidade ou destino...

agora estás no noso colexio e desexamos que continúes moitos máis anos con nós. 

                            Espéranos  na ESO!

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031