Department

PROGRAMA CUALE PARA A FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ALUMNADO EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (INGLÉS) CURSO 2020/21.

 

O Departamento de Inglés ofertará no curso 2020-2021 o programa CUALE, modalidades A1 e A2. Este programa está dirixido á obtención do nivel A1 e A2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). Esta oferta está aberta a todo o alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria da contorna.

CONDICIÓNS DE ACCESO PARA CADA MODALIDADE:

  • CUALE A-1: alumnado que teña superadas todas as materias do 2º curso da ESO e que se vaian matricular en 3º ESO no curso 2020-21.

  • CUALE A-2: alumnado que teña superadas todas as materias do 3º curso daESO e que se vaian matricular en 4º ESO no curso 2020-21.

O programa desenvólvese fóra do horario lectivo ao longo do curso escolar e a participación é voluntaria e gratuíta para o alumnado.

As sesións de hora e media dúas tardes á semana serán impartidas por profesorado do centro no CPI Cova Terreña. Dependendo da situación sanitaria, contemplarase calquera escenario posible: docencia presencial no centro, semipresencial e/ou telemática.

Ao finalizar, o alumnado estará en condicións de superar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas. No caso do nivel A1, será o propio centro o que expida os dous tipos de certificación: Certificado do nivel básico A1 de competencia no CUALE A1 e Certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación das EEOOII. No caso do nivel A2, o alumnado poderá facer de forma gratuíta as probas correspondentes nas instalacións da EEOOII.

Os obxectivos, contidos, metodoloxía e criterios de avaliación terán como referencia o respectivo nivel do MCERL.

Ademais, o alumnado do centro que asista con asiduidade ás clases de CUALE poderá mellorar ata nun punto a media da materia de primeira lingua estranxeira Inglés, sempre e cando, acade polo menos un 5 antes de aplicar dita mellora.

Para calquera dúbida, contactar con Ana Leyenda Carneiro: analeyenda.english@gmail.com ou Mª Dolores Ros Belmonte: maria.dolores.ros.belmonte@gmail.com , ou no 886120005.

As familias que estean interesadas en preinscribir aos seus fillos e fillas, por favor cubran a solicitude que se atopa no ficheiro adxunto e entréguena na conserxería do centro antes do 26 de xuño de 2020. Tamén se pode enviar por correo electrónico a cpi.cova.baiona@edu.xunta.es

PLAN RECUPERACIÓN ALUMNADO PENDENTE INGLÉS CURSO 2019-20

No ficheiro adxunto pódese atopar o plan de recuperación da materia pendente elaborado por este departamento.

SYLLABUS

 Here you are the link to 2014-15 ENGLISH SYLLABUS:

https://docs.google.com/file/d/0BzgrlphDVw0rby1uQmwydjlZbkU/edit

DEPARTMENT

The Dept. is made up by the following teachers:

 

- Mª Dolores Ros, Head Dep. who  teaches 3º and 4º ESO.

   mdrosbel64@gmail.com

- Xili Valle, who teaches 1º and 2º ESO

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031