Equipo de dinamización lingüística

Un ano máis... medo no Samaín!

Un ano máis o medo visitou a CPI de Cova Terreña aproveitando a festividade do Samaín! O equipo de EDLG preparou o salón de actos do centro educativo para que toda a comunidade puidese festexar esta data dun xeito divertido e, asemade, moi terrorífico.

Neste espazo puidemos:

  • Gozar dun tenebroso "photocall".
  • Visitar o laboratorio dos bruxos e das bruxas.
  • Ver a exposición dos traballos premiados no I Certame de Microrrelatos, Feitizos e Rimas Endemoñadas, acompañados dunha escolma dos traballos presentados.
  • Escoitar variedade de curtas e vídeos temáticos.

Coma sempre, queremos agradecer a participación do noso alumnado e das súas familias nas exposicións "Cabazas do Samaín".

Canta creatividade!

A seguir reproducimos diversas imaxes con algúns dos gañadores do certame:

Alumnado premiado en Educación Infantil.

1º Premio: Cataleya Martins, Mariña Alonso, Zoe Diego e Manuel Botana.

2º Premio: Alma Balboa, Daniela Domínguez, Brais Pumar e Ingrid Suffeern.

3º Premio: Rocío Pérez, Pablo Piñeiro, Xiám Carillo e Alma Balboa.

3º Premio: Adrián Pérez, Roc Valero, Miguel Vicente e Paula Rodal.

1º Premio 2º Ciclo: Antón Freire (4º A Primaria)

2º Premio 2º Ciclo: Lucía Monroy (4º B Primaria)

3º Premio 2º Ciclo: Martín Herranz (4º B Primaria)

1º Premio 3º Ciclo: Equipo "Los Pandas", integrado por Haoxuan Wang, Jorge Monroy, Skip Verdult e Lara Carneiro (6º B Primaria)

2º Premio 3º Ciclo: Asier Piñeiro (5º A Primaria)

3º Premio 3º Ciclo: Equipo "Águilas", integrado por Blanca Denis, Xián Piñeiro, Yissel De los Santos e Daniela Molas (6º B Primaria)

Vera Goce e Mara Ludeña (1º ESO B)

Unai Pombal, Gerardo Rodríguez e Xoel Sanromán (2º ESO B)

 

 

 

 

 

Gañadora do Premio RESPIRA!

                      

                                                     Daniela Rial Estévez.

Co obxectivo de fomentar a poesía no impulso das ideas e facer do galego un idioma de intercambio cultural, o Festival Alguén que respira!-organizado polo Concello de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística- convocou a primeira edición do Premio Respira! de poesía. O tema desta edición do certame foi o Cambio de Clima e os legados culturais da vida.

O alumnado de 5º participou na categoría de primaria resultando gañadora DANIELA RIAL ESTÉVEZ de 5ºB co seu poema "A Terra chora".

Daniela terá que asistir ao Festival Alguén que respira! o martes 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, onde lerá o seu poema dentro dun ciclo que inclúe outros 18 poemas de poetas distintos, desde Helena Villar ou Olalla Cociña a Manuel Rivas, Ismael Ramos ou Margarita Ledo Andión. O recital vai ser polos balcóns da rúa do Vilar, entre o Teatro Principal e o Salón Teatro, en Santiago.

O poema A Terra chora vai formar parte dun volume especialmente realizado para o recital, co título 22 ecopoemas contra o cambio climático, o que supón motivo de orgullo para o noso centro.

 

Visitamos a Casa Museo Rosalía de Castro.

16/02/23

As alumnas e os alumnos de 5º nivel de EP gozaron dunha xornada marabillosa en Padrón, visitando a casa museo de Rosalía de Castro. Despois de escoitar as explicacións da guía sobre a historia da casa, do museo, e de estar moi atentos aos detalles que lles contou sobre a vida e a obra da nosa autora universal, adicáronse a percorrer "paseniño, paseniño" os distintos espazos da casa. Desfrutaron descobrindo todos os mobles, fotografías, escritos, cadros e máis obxectos, que aínda se conservan. 

Aproveitaron a visita para ampliar a información que xa tiñan sobre Rosalía e así continuar desenvolvendo o proxecto "Santiago cultural". O produto final deste proxecto, elaborado nos equipos cooperativos dos grupos-clase, é un folleto-guía da viaxe que realizarán a Santiago no mes de marzo visitando, entre outros, o Panteón de Galegos Ilustres no que repousan os restos da poeta Rosalía.

Despois de descansar ollando o fermoso xardín, despedíronse desta inesquecible viaxe cunha escolma poética.

Esta visita foi custeada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa "Rosalía, a súa casiña, o meu lar" do servizo de Patrimonio Material e Memoria Histórica. 

SAMAÍN

Outubro 2022.

- Aloumiños en forma de " Contos de medo" para os maiores da vila, para o Centro de Día.

- Teatro ESO.

- Exposición cabazas.

- " Photocall"

- Vídeos .

 

25N. MULLERES E NÉBOAS.

Novembro 2022.

No mes de novembro estivemos desfrutando da fermosa obra: As mulleres que cultivaban néboas. Esta lectura non deixou a ninguén indiferente.

Incrible a forza que teñen as imaxes!

Xa coñeciamos a Bea Gregores coma ilustradora pero nesta primeira obra coma escritora impresionounos aínda máis.

Escribímoslle, utilizando as estruturas cooperativas "Parada de 3 minutos" e "1-2-4",  contándolle que, despois da lectura, reflexionamos sobre os sentimentos que nos provocou. Algúns dos comentarios do alumnado foron:

- Tristura porque en todo momento sentiamos mágoa pola nai e pola filla.

- Empatía porque lograbamos poñernos no lugar das mulleres e sentiamos dor.

- Arrepíos cando xogaban ás agachadas co pai e as atopaba.

- Satisfacción cando á nena lle gusta xogar ás agachadas coa nai.

- Incomodidade, medo...

- Protección, unión, forza...

Impactounos o debuxo no que as palabras ferintes saen coma frechas e todas e todos sentimos ledicia cando vimos o sorriso na cara da nai.

Conmemorando o 25N, elaboramos un mural no que intentamos reflictir parte do traballado nas aulas, por exemplo seleccionando textos da obra e dándolle cor segundo as emocións que nos fixeron sentir. Tamén aportamos as primeiras imaxes creadas coa ferramenta E-Dixgal: Tux Paint.

Esta tarefa inclúese no proxecto " Lemos e creamos I" que se desenvolve no primeiro trimestre do curso 2022-23.

Xa temos resposta á carta que lle enviamos a Bea Gregores!

Emocionounos ler o que nos conta e gardaremos con moito agarimo a ilustración que nos envía. É fermosísima!

 No ficheiro adxunto, a carta íntegra.

CARTEIS ESPECIAS DO NOVO MUNDO

Decembro 2022.

O alumnado de 5ºA e 5ºB de EP, utilizando a estrutura cooperativa 1-2-4, elaborou (no libre office writer) carteis sobre especias que se trouxeron das expedicións ao Novo Mundo e que se consumen actualmente. Agasallaron con eles ás froiterías e aos supermercados da vila.

Ditos carteis son o produto final da tarefa integrada " Viaxando con Magallanes" que se desenvolveu ao longo do primeiro trimestre. 

 Enlaces da nova:

https://valminortv.com/2022/12/21/alumnos-do-cova-terrena-entregan-a-supermercados-e-froiterias-carteis-sobre-as-especias-traidas-do-novo-mundo/

 

https://telemarinas.com/alumnos-de-cova-terrena-reparten-entre-las-tiendas-carteles-sobre-las-especias-traidas-del-nuevo-mundo/

 

 

IV XORNADA POÉTICA

         IV Xornada Poética, Cando leo... soño versos.

O alumnado de 6ºA e 6ºB de EP está inmerso nun proxecto moi especial. Despois de varios cursos sen poder realizala, o vindeiro martes 14 de xuño, celebraremos a nosa Xornada Poética. 

Nesta ocasión contaremos coa presenza dunha importante escritora , Eva Mejuto, e tamén estará con nós a ilustradora da que xa sabemos tanto... Bea Gregores!

                 Un luxo!

Durante o evento presentaremos a súa obra: Cando leo.

 

 

 

                     CARTA DE BEA GREGORES

Chegounos unha tenra carta de Bea, en resposta da que lle enviamos, onde nos confirma que tanto ela coma Eva estarán con nós o martes 14.

Fíxonos moita ilusión que viñese ilustrada! 

Como xa coñecemos un pouquiño a súa obra descubrimos axiña o paxariño que a acompaña nos seus traballos. Gracias Bea!

No ficheiro adxunto a carta/nota que nos mandou.

 

           XA TEMOS INVITACIÓNS e CARTEIS!

 

Dun intenso traballo individual e en grupo, saíron as propostas coas que finalmente se elaboraron os carteis publicitarios e as invitacións para o evento. 

         Parabéns a todo o alumnado!

Felicitar tamén á copistería Duplicolor polo fermoso acabado e a agarimosa presentación. 

                                      ENSAIAMOS! 

Preparamos un recunchiño ao carón das aulas para practicar un pouco antes do gran día.

Estos son algúns dos primeiros recitados. Clicar nos nomes dos autores/as.

Adrián

 

 

Alejandra e Ariana

 

Leo e Brais

 

Anxo recita dous: Anxo6ºA      Anxo 6ºA

 

Iria e Ainara

 

Sara G.

 

Breo e Anxo 6ºB

 

 

Daniel

 

PARABÉNS pola actitude amosada! 

                  Seguiremos practicando.

 

 

 

                AGROMAN FERMOSAS OBRAS

                     Medra a biblioteca.

 

 

 Paseniño, paseniño...

                vai medrando de novo a colección de libros nas aulas. 

 

          Volvemos ter marabillosos compañeiros/as de pupitre! 

 

Acompáñannos nas sesións diarias de " hora de ler",

axúdannos a desenvolver distintos proxectos,

reláxannos en moitos momentos e, sobre todo,

               motívannos a seguir medrando coa lectura. 

 

 

             UNHA XORNADA PARA AS NOSAS LEMBRANZAS.

 

 

 

Enlace da nova:

 

 

Valmiñortv

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Exposición: DA BARREIRA AO FORNO

O pasado venres 6 de maio, o alumnado de 5º e 6º nivel de EP tivo a oportunidade de visitar a exposición " Da barreira ao forno", no edificio da Capitanía Marítima de Baiona.

O feito de que o noso guía fose o propio organizador da mostra, o historiador Anxo Rodríguez Lemos, provocou que ese fermoso paseo pola historia de Galicia a través da olería, resultase inesquecible.

Esta actividade, proposta polo equipo de EDLG do centro, resultou altamente satisfactoria tanto para o alumnado coma para o profesorado acompañante. Salientamos o carácter didáctico e formativo que tivo esta visita guiada, nun espazo privilexiado e cunha orixinal montaxe que incluía maquetas e fotografías antigas acompañando ás pezas da exposición. 

Poder aprender tanto da nosa historia, das nosas costumes, en tan pouco tempo e da man dun experto, foi todo un luxo. 

                                                                               Grupo-clase 5ºA

                                                              Alumnado 5ºB 

                                               Grupo- clase 6ºA

                                                            Alumnado 6ºB

Máis información nos seguintes enlaces:

https://telemarinas.com/capitania-maritima-acoge-la-exposicion-de-oleria-tradicional-da-barreira-ao-forno-de-anxo-r-lemos/

https://www.farodevigo.es/comarcas/2022/03/30/doctor-cum-laude-baiona-64433066.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2019/05/09/baiones-archivo-secreto-papal/0003_201905V9C7991.htm

https://telemarinas.com/baiona-reconoce-al-historiador-local-canxo-rodriguez-lemos/

 

LETRAS GALEGAS 2022

 


BIOGRAFÍA
FLORENCIO M. DELGADO GURRIARÁN


Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo e o máis pequeno de cinco irmáns.
Estudou primaria e bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.
En Valladolid fixo a carreira de Dereito e despois exerceu como avogado no Barco de Valdeorras.
Despois da Guerra marchou a México e alí casou con Celia, filla de emigrantes galegos e coa que tivo cinco fillos.
No ano 1934 editouse o seu libro de poemas Bebedeira, ao que lle seguiron Galicia infinda, Cantarenase O soño do Guieiro.
En México colaborou na revista Vieirose no programa radiofónico A Hora de Galicia, que estivo en antena todos os domingos durante case vinte anos.
Faleceu en Fair Oaks, California, o 14 de maio de 1987 cando visitaba a un dos seus cinco fillos.
Foi membro da Real Academia Galega e esta dedícalle o Día das Letras Galegas de 2022 pola súa contribución á defensa do noso idioma e da nosa cultura.

 

RECURSOS EDUCATIVOS:

- XOGOS EN LIÑA:

 https://view.genial.ly/623b73df9c032100134b0491

https://es.educaplay.com/juego/11855828-florencio_delgado_gurriagan.html

https://view.genial.ly/6246d3d8c10add0010ffc673/interactive-content-florencio-delgado-gurriagan

https://lecturaseandanzas.blogspot.com/2022/04/para-ir-conecendo-florencio-delgado.html

https://lecturaseandanzas.blogspot.com/2022/04/seguimos-conecendo-florencio-delgado-de.html

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2022/05/FlorencioDelgado-Xogo.pdf

https://view.genial.ly/627a823c82fcc60017f36a23/interactive-content-quiz-florencio-2022

https://view.genial.ly/624ed638bdc555001971d991/interactive-content-florencio-m-delgado-gurriaran

https://portaldaspalabras.gal/

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo/aulavirtual/mod/h5pactivity/view.php?id=6907

https://scratch.mit.edu/projects/679847198

- UNIDADES DIDÁCTICAS:

https://primaveradasletras.gal/

https://asletrasdeflorencio.gal/

http://seminariogalan.org/

http://engalego.es/conmemoracions/4/index.html

https://drive.google.com/file/d/1rAPbLkpMzQ-lVjIEHB9KXANIFV7W9i34/view

- ENLACES PARA TRABALLAR POEMAS DE GURRIARÁN:

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2022/05/Mundo-de-poemas-en-44-actividades.pdf

https://www.acalexandreboveda.gal/letras-galegas-2022-florencio-delgado/?fbclid=IwAR285sL4uD3M_adeZRyfS_hxe09zq4PcxreyrVnsNwhawk1KEezgcQ37mR0

- VÍDEOS:

https://www.youtube.com/watch?v=RXehgnCK4t4

https://www.youtube.com/watch?v=cr_oGY5Djqc

https://www.youtube.com/watch?v=9dhQt20U-Js

https://www.youtube.com/watch?v=J4W5JxWd0ds

 

 

CHEGOU A PRIMAVERA. OS MAIOS

         
                                                      
     

 

  

 

Os Labardeiros de Toén

Fotografía de Zenay Studio

Un dos personaxes menos coñecidos dos noso Entroido tradicional é o Labardeiro de Toén, concello veciño da capital ousensá, e cuxo nome parece proceder do utensilio co que se mallaba o trigo antigamente e que esta figura porta na man ou leva apoiado nun dos seus ombreiros.

Fotografía de Zenay Studio

Tradicionalmente eran só os homes novos os que se vestían con esta colorida máscara, pois as mulleres ían caracterizadas de Señoritas coas saias brancas, os panos de cores sobre os ombreiros, unhas luvas tamén brancas e os sombreiros inzados de fitas e flores de cores.

Fotografía de Zenay Studio

O Labardeiro, pola súa parte, viste unha camisa e mais un pantalón brancos, un pano ou cinto escuro, botas negras e unhas luvas tamén brancas. As súas camisas e pantalóns van enfeitados con múltiples flores e fitas de cores vivas adheridas, mentres que só engaden colares prendidos á parte superior do traxe, na camisa.

Fotografía de Zenay Studio

Alén diso sobre o cinto, na súa parte traseira, levan seis campaíñas que van soando ao son dos seus pasos e carreiras polo lugar.

Por último, este traxe complétase cun gorro cónico composto por unha chea de flores das máis variades tonalidades e mais unhas fitas de tea que penduran desde o extremo superior do gorro. Alén diso, protexen a cabeza con outro pano de cores tradicional e, a modo de máscara para cubrir o seu rostro, portan unha rede de cor verde ou vermella que os converte nese ser ancestral que chama pola primavera empregando tanto o reclamo das cores como o son das campaíñas para tentar espertala do seu letargo e deixar atrás o inverno dunha boa vez.

 

Fotografías de Zenay Studio

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2021-2022

 

Os gañadores e gañadoras do concurso de postais de Nadal do curso 2021-2022, segundo as categorías establecidas son:

1º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 1ºA- Daniela Mo Veiga
  • 1ºA- Chloe Leyenda Pousa

 

3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 3ºA- Xenxo Vázquez Pardo
  • 4ºA- Hugo González Rodríguez

 

5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 5ºA- Irene Costas Alonso
  • 5ºA- Area Castro Leyenda

 

1º e 2º E.S.O.

  • 1ºC- Lucía Alonso Cajide
  • 2ºC- Nadia Rodríguez Piñeiro

 

3º E 4º E.S.O.

  • 3ºB- Noelia Casañas Peña
  • 3ºB- Lilin Wang
  • 4ºA- Iria Ludeña Pérez

 

SAMAÍN 2021 NO C.P.I.COVA TERREÑA

Aquí tendes algúns dos espíritos, bruxas, pantasmas, monstros .... mais terroríficos que pasaron polo C.P.I. Cova Terreña o día de Samaín.

EDLG.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031