5º Ed. Infantil

COMO ESTÁ O TEMPO HOXE?

Todos os días a primeiriña hora da mañá,  miramos como está o tempo e poñemos a etiqueta no mural da asemblea diaria. Así sabemos si nos temos que abrigar máis ou menos, ou si vai chover, si teremos a oportunidade de ver o arco da vella, ou si teremos que quitar o abrigo porque vai calor

o tempo 

A SARABIA

Aproveitamos a sarabia que caeu no patio de recreo para comprobar os distintos estados da auga na natureza, cun experimento moi interesante:

 Miramos como caía a sarabia. Logo manipulámola e xogamos con ela. ¿Que frío nas mans! Podes pinchar no título A SARABIA si queres ver o video

A SARABIA

despois puxemos un pouquiño na calefacción da aula

e un tempiño despois descubrimos que se convertera en auga, por mor da calor

 Foi moi divertido!!!

 

 

PROXECTO A ESCOLA BAIXOO MAR

Por fin podemos compartir o que aprendimos no proxecto "A escola baixo o mar". Pasámolo moi ben ó facelo e agradecemos moito as vosas colaboracións. Agora, ademáis de coñecer un pouquiño mellor o noso cole, sabemos moito de peixes, baleas, golfiños, estrelas de mar e moitas cousas máis sobre as especies marinas.

Podedes ver os videos e fotogrfías do proxecto facendo CLICK, CLICK  CLICK  aquí. 

 

 

Os ARTISTAS DE ED. INFANTIL . UNHA LEMBRANZA

 Estimadas familias:

Benvidos  a este novo curso que estará cheo de retos e aventuras. Para comezar, déixovos unha poesía que aprenderon os vosos artistas cando tiñan 3 aniños. É só unha mostra, xa que non todos quixeron participar, e hai que respectar   ao que aínda non se atreve. Pero asegúrovos que son todos moi listiños e van crecer moito todos xuntos e madurar aínda máis!!!

 

 Unha aperta para todos e todas, espero que poidades gozar dos vídeos.

 

 unicornio de gru Gran venta - OFF 73%

 

 

https://photos.app.goo.gl/AVxEZx7KyX9Q1ZEL8  Alexandra

https://photos.app.goo.gl/knfpPaJY8bgjwnfz6     Jana

https://photos.app.goo.gl/6BtibB2PcrtQuRcNA   Todos

https://photos.app.goo.gl/ffMKaxay766wXkNe6   Nuno

https://photos.app.goo.gl/jCeMhYs1TBtzw2mL7  Alvaro

https://photos.app.goo.gl/483BLzhUgqrHr8CL7    Juan

https://photos.app.goo.gl/bgm122y4HiaKx1M66  Manuela

https://photos.app.goo.gl/4EMHHdFmAnn8M8v26  Ainara

https://photos.app.goo.gl/EmeBA4NuWL3iq4Gj9    Luca

https://photos.app.goo.gl/82hTUhfPsaxHjtzU6       Daniela

https://photos.app.goo.gl/8hQzUirYZtcZ5S6K7       Ada

https://photos.app.goo.gl/nxqRBCzjcJaRXHWy5      Tomás

https://photos.app.goo.gl/521sPFZt39BPjaDw8      Celia

O Esforzo: "Robinson Tuboe"

O ESFORZO

Esta quincena, durante as sesións de Relixión e Valores traballamos sobre o esforzo.

A partires do visionado dos contos: "Robinson Tuboe" e "Os tres porquiños", dialogamos sobre a importancia do esforzo no traballo diario e a importancia de facer as cousas ben, para rematar fixemos unha marioneta co protagonista do conto: "Robinson Tuboe".

Deixámosvos aquí o enlace por si queredes ver o conto na casa.

Un saudo:

As mestras, Ana Patricia e María.

Día Escolar da Paz e da Non Violencia

Bos días:

Para a conmemoración do Dia Da Paz e da Non violencia, dende Relixión e Valores estamos traballando unha canción de Unai Quirós e logo faremos unha manualidade.

Deixámosvos aqui o enlace da canción para que a poidades escoitar na casa: https://www.youtube.com/watch?v=81CjGMjSfSE

Está semana, e relacionado con este tema, tamén traballamos os contos: "Daniel e as palabras máxicas" e "O Ourizo". Deixámosvos aquí os enlaces para que os poidades ver na casa.

- CUENTO: “Daniel y las palabras mágicas” https://youtu.be/B03QsVxgN2Y

- VÍDEO: “El Erizo” https://youtu.be/wU2PXit6ixQ

Un saúdo.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031