Convive-T

Acto de celebración do Día das Letras Galegas

O xoves 16 de maio celebramos un acto cultural e musical en honor a Luisa Villalta, homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2024.

Vémonos ás 20h no auditorio V Centenario de Baiona.

Convite

 

Segunda lectura compartida

O 21 de febreiro celebrouse a segunda lectura compartida. Esta actividade, ademais de fomentar a lectura, contribúe a mellorar a convivencia entre o alumnado ao integrar as tres etapas educativas do centro: Infantil, Primaria e Secundaria. Nesta ocasión, os afillados e afilladas foron os responsables de levar a lectura, escollendo unha do seu gusto.

Concierto del coro juvenil en Madrid, 20 de diciembre

Nuestro coro juvenil del CPI de Cova Terreña actúa este miércoles 20 de diciembre a las 18h en la parroquia de San Manuel y San Benito, en Madrid.

El coro juvenil, formado por 50 alumnos y alumnas del centro educativo, interpreta piezas contemporáneas y clásicas, también de temática navideña, bajo la dirección de D. David Piñeiro, profesor de música del centro educativo.

Lectura compartida

O alumnado do centro ao completo xuntouse o pasado 23 de novembro para celebrar a primeira lectura compartida do curso. Nela, nenos e nenas de todas as idades se emparellaron para achegarse aos libros escollidos, nesta ocasión, polas madriñas e padriños. A resposta foi, por parte de todos, excepcionalmente positiva.

Obradoiro "NoEnRedes"

O pasado 19 de outubro, o noso alumnado de 2º de ESO participou no Programa “No enRedes” da Asociación Alborada, adicado á prevención de riscos derivados do uso inadecuado das TRIC (Tecnoloxías da relación, información e comunicación).

O obradoiro impartido no noso centro estivo centrado no bullying, acoso escolar, mensaxes de odio e UNATRIC e tivo como principais obxectivos a identificación dos riscos e vantaxes das TRIC, a adquisición de pautas de conduta para evitar o uso inadecuado das mesmas, e a adquisición e mantemento de comportamentos e hábitos saudables cara ao benestar físico e psicolóxico do noso alumnado.

 

XORNADA DO CORO NO PARQUE ACUÁTICO

 

O remate de curso tivo como colofón para o coro a visita a un parque acuático.

Os integrantes do coro desfrutaron das instalacións do parque acuático de Amarante (Portugal).

O alumnado viviu experiencias emocionantes nos tobogáns, colchóns e nas piscinas.

Esta actividade forma parte do PVAD, EduSaúde, Convive-T, Iguala-T e Inclúe-T.

20 de xuño

 

 

 

5-Xuño, Día do Medio Ambiente co alumnado de Ed.Infantil

O alumnado de Ed.Infantil conmemorou o día do Medio Ambiente plantando flores no patio escolar, unha actividade divertida co apoio do profesorado e do xardineiro xefe Víctor.

Ademais, o alumnado de 6ºEd.Infantil plantou a súa árbore da promoción que os acompañarán nos xogos de recreo na súa etapa de Ed.Primaria.

 

Meu Pontevedra! Descubrindo a Castelao...

Dende os bosques de Salcedo, Castelao ollaba a ría e escribía con emoción as liñas que remataba coa proclama "Meu Pontevedra!"

E alí foi o alumnado de 4º de ESO para coñecer un pouco máis a inmensa e insubstituíbel obra gráfica de Castelao, un auténtico xenio da nosa cultura e quen, xunto cos homes do Grupo Nós, axudou a facela universal.

Aproveitando a iniciativa do profesor de Educación Física, David Gayoso, quen animou ao noso alumnado a escalar no rocódromo de Pontevedra, os titores de 4º ESO A e B, María e Anxo, acompañaron en dúas quendas a rapazas e rapaces a coñecer a obra gráfica de Castelao no Museo de Pontevedra.

No Museo puidemos observar os enormes cadros con referencias aos cegos, cos que se sentía especialmente identificado Castelao, que no seu día estiveron expostos nos salóns do famoso Hotel de Mondariz-Balneario, propiedade doutro ilustre galeguista, Enrique Peinador.

Tamén puidemos admirar as máscaras orixinais, creadas polo propio Castelao, da coñecida obra teatral Os vellos non deben de namorarse, así como algúns dos debuxos máis característicos do autor de Rianxo.

Unha xornada completa e de proveito para todas e todos nós, da que só resta agradecer ao Museo de Pontevedra e á propia Deputación a súa amabilidade e a profesionalidade e bo facer das guías.

 

Concerto do coro xuvenil en Villablino e xornadas de esquí

O coro xuvenil do CPI de Cova Terreña está en Villablino onde deu un concerto no auditorio da Casa da Cultura de villablino.

O alumnado aproveitou a súa viaxe para ter unhas xornadas de esquí na estación de Leitariegos nos que o pasaron xenial tal e como se pode comprobar nas imaxes adxuntas.

Formación: Xestión do dó con nenos

O centro en colaboración co CFR de Vigo ofrece unha charla coloquio á comunidade sobre como xestionar o dó, especialmente con nenos.

A formación terá lugar o martes 14, ás 17h, no salón de actos do centro cunha duración aproximada de 2horas.

Formación impartida por Dona Olegaria Mosqueda, psicóloga e orientadora.

O aforo é limitado e será precisa inscrición, dándolle prioridade ás familias de 1º e 4º Ed.Primaria e ao profesorado. Tamén está aberto a toda a veciñanza de haber prazas suficientes.

Aos asistentes confirmaráselles a praza por SMS.

Mediador@s!!

O noso equipo de Mediador@s estase a presentar aos seus compañeiros e compañeiras para que os coñezan e poidan recurrir a eles e elas para unha resolución pacífica dos conflitos entre iguais.

Xa no primeiro trimestre recibiron a formación específica que os acredita como mediadores e mediadoras e agora reciben o seu distintivo e unha sudadeira que os identifica. 

Grazas rapazada pola vosa implicación!

22 de decembro, xornada de actividades e convivencia!

Este 1º trimestre do curso despedímolo cunha xornada de actividades e convivencia para todos e todas coa colaboración do alumnado de 4ºESO, a ANPA e o profesorado:

  • Obradoiro de maquillaxe para Ed.Infantil.
  • Obra de teatro, versión "Cuento de Navidad".
  • Discoteca con "badaladas fin de ano" e photocall.
  • Concerto do coro e de 5º e 6ºEd.Primaria.
  • Xincana deportiva para ESO e miniliguilla de fútbol e baloncesto.
  • Chocolatada a cargo da ANPA durante os recreos, tamén con biscoito!!

Coa implicación de todos e todas agardamos que o pasen moi ben!

Emisión en directo dos concertos e obra de teatro: 

https://eduxunta.webex.com/meet/isabel.cabaleiro

1ºPase: 09:40h Coro xuvenil, baile e teatro

2ºPase: 10:30h Teatro

3ºPase: 11:30h Coro xuvenil, baile e teatro

4ºPase: 12:20h Coro 5º e 6º Ed.Primaria, baile e teatro

 

MAGOSTO 2022

 

 

O NOSO MAGOSTO EN IMAXES

 

Grazas a toda a Comunidade Educativa pola súa colaboración e

participación nesta actividade. Foi un día fantástico!

 

Prema na imaxe para ver o vídeo

 

 

 

    ...

 

 

Formación de mediadores

Trala pequena tregua que nos está a dar a pandemia, este curso decidimos retomar a formación de mediadores no noso centro, un dos piares na resolución pacífica de conflictos na que o centro leva a traballar dende fai máis de quince anos.
Nesta convocatoria apuntáronse 8 alumnos e alumnas de educación primaria e outros tantos de educación secundaria. É tal o éxito do curso que tivemos que ampliar unha sesión máis a duración da formación.


Queremos agradecer ao noso alumnado o interese mostrado cara a esta ferramenta fundamental na convivencia nos centro educativos, a  dona Bibiana Camaño,Psicologa especialista en Psicología social, formadora ( con experiencia en ed. Primaria y secundaria), Fundadora de Alicce(formación para a mellora das relacions humanas) Máster en asesoramento e Orientación Familiar pola USC., ao profesorado: Lucía Vilariño, Ana Zamorano, Rosati Gil, Fátima González, Marta Suárez, Eva Vidal, David Gayoso, Aina Climent e a María Fernández González, Xefa de estudos de primaria e coordinadora de Convivencia,  pola súa implicación neste proxecto

Este programa inclúese dentro das actuacións dos Contratos Promaga CPInclúe, na liña Inclúe-T financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o FSE.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031