blog de Orientacion

Os riscos de TikTok nos menores de idade

O acceso ás redes sociais por parte de menores sen supervisión dun adulto e unha situación que está a acontecer e que entraña os seus riscos.

Dende o centro queremos chamar a atención sobre este feito e achegamos un cartaz sobre os riscos de TikTok.

4ºESO: información vocacional, saída profesional cara aos Ciclos Medios de Formación Profesional

O alumnado de 4ºESO está a recibir información sobre os seguintes pasos a dar ao rematar a súa formación no CPI de Cova Terreña.

Organizáronse charlas coa orientadora do centro e con profesorado doutros centros educativos para amosarlles todo o abano de posibilidades que se abre ao rematar os seus estudos.

Charla sobre Ciclos Medios FP

Na imaxe, profesorado do IES Proval explican os Ciclos Formativos que ofrecen no seu centro e que poderían cursar.

 

Querote+: cooperamos no bo trato

O alumnado de 3º ESO continúa mergullándose no programa Quérote+. Nesta caso o alumnado a través da Aprendizaxe cooperativa afonda nun contido clave para crear unha sociedade igualitaria, non discriminatoria e libre de prexiízos: a orientación do desexo e a identidade sexual.

Eu súmome ao bo trato: QUÉRETE BEN + QUE TE QUEIRAN BEN.

Neste curso 2017/18 o alumnado de 3º ESO vai a participar no plan proxecta Quérote+, un programa de educación afectivo-sexual. A fórmula xa a temos, sumarse ao bo trato: QUÉRETE BEN + QUE TE QUEIRAN BEN.

Para o arranque deste programa contamos coa participación de Sonia quen ademais de informar ao alumnado dos servizos e recursos que ofrece Quérote+, partciparon unun obradoiro teórico-práctico para poñer en común e resolver dúbidas que poden existir en relación ás prácticas eróticas e as relacións entre as persoas. Para isto ademási de contar cos seus recursos, atopouse no CPI Cova Terreña cuns bonecos que contribuiron a aclarar ideas e propiciar así novas visións, perspectivas e formas de vivir a sexualidade, e iso CÁMBIACHE O CONTO.

Querote+: seguimos cultivando as nosas relacións

O alumnado de 3º ESO segue a participar no proxecto Quérote+ sobre educación afectivo-sexual. Nesta ocación participou nun obradoiro teórico-práctico sobre a concepción e a anticoncepción co fin de ofrecer información útil, fiable e actualizada que lles permitan ter unha visión global do tema á vez que desmontamos mitos entre todas e todos para saber mellor como e cando tirarnos á piscina.

Xornada de acollida do novo alumnado

O pasado luns 30 de abril visitaron o noso centro o alumnado de 6º curso de Educación Primaria do CEIP de Belesar que cursará 1º da ESO no CPI Cova Terreña para o vindeiro curso escolar 2018/19 .

O obxectivo que se pretendía era que o alumando coñecera o seu futuro centro e ao alumnado de 6º de E.P. do noso centro cos que convivirán o vindeiro ano nas mesmas aulas. Aproveitamos a ocasión para presentarlle as características da nova etapa da ESO e coñeceron as novas materias do 1º curso da man do noso profesorado.

Na xornada tamén tivemos tempo de xogar, compartir unha merenda e rematamos o día escribindo os nosos desexos para o vindeiro ano académico. Agardando que todos eles se cumpran, agardámosvos en setembro en 1º da ESO no CPI Cova Terreña.

Clases sen fume. Actividade creativa de 1º ESO-B

A clase de 1ºESO-B presenta....

A súa actividade creativa dentro do programa "Clases sen fume" no que levan participando neste curso 2017-2018. Despois destes meses de compromiso e aprendizaxe sobre as consecuencias do tabaquismo, a nosa clate ten 16 RAZÓNS PARA NON LIARTE CO TABACO. A súa resposta é clara e firme. Se queres coñecer as súas razóns animámoste a ver o video, e agarda ao final, onde te dan un consello para rachar co tabaquismo. Podes ver o video no arquvo adxunto. agardamos que vos guste.

Clases sen fume. Actividade creativa de 1º ESO-A

A clase de 1º ESO-A presenta....

A súa actividade creativa final dentro do programa "Clases sen fume" no que participan neste curso académico 2017-2018. Tras un periodo de debate e diálogo, a clase apostou por unha representación que nos fai reflexionar sobre as consecuencias que sobre a nosa saúde ten o tabaquismo. A pregunta que nos lanzan é: UNHA VIDA CON FUME OU SEN FUME? As e os protagonistas teñen claro a súa resposta. Animádevos a ver a súa performance artística onde ao final atoparedes a resposta. Podedes atopar o video no enlace que se adxunta debaixo. Agardamos que vos guste. 

Alimentándonos ben co alumnado de 2º ESO

Este curso o noso alumnado de 2º ESO está comprometido coa boa alimentación. Ao longo destes meses están traballando diferentes contidos relacionados cos hábitos saúdable e os beneficios sobre a nosa saúde; os alimentos manufaturados e os seus compoñentes ou a construcción dun autoconcepto positivo en relación coa súa imaxe persoal. Baixo o lema SOMOS O QUE COMEMOS! E TI QUEN QUERES SER? nesta ocasión  grupo de 2º PMAR elaborou un traballo de investigación sobre a pirámide nutricional e os alimentos manufacturados. Bo traballo rapaces!


Novo Encontro do Equipo de Mediación

Non podía faltar neste segundo trimestre un novo encontro do noso "Equipo de Mediación". Nesta ocasión aproveitamos a xornada para comezar a rodaxe da curta de mediación (sorpresa!) e tamén elaborar carteis para dar a coñecer a Mediación: que é a mediación? cales son as súas características? Como se pode solicitar unha mediacón? e que cales son as acaraterísticas da persoa mediadora foron algunhas cuestións sobre as que falamos e que compartiremos coa comunidade educativa mediante diversos carteis informativos. Bo traballo rapazas e rapaces!

Visita a Edugal

O pasado venres 9 de marzo visitamos en POntevedra co alumnado de 4º ESO a feira Edugal para coñecer de primeira man a oferta de educación e formación co fin de axudalos na súa toma de decisións respecto ao seu futuro académico e profesional. Unha xornada de descubrimento no que tamén houbo tempo para a música!

 

Clases sen fume. Un compromiso nas aulas de 1º da ESO

Durante este curso 2017/18 o noso alumando de 1º da ESO participa no programa "Clases sen fume" de prevención do tabaquismo.

Despois de que o alumnado se comprometera en non fumar durante os 6 meses do programa, o paso seguinte foi a elaboración dun slogan dirixido á mocidade para que non empece a fumar.

A elaboración dos dous slogans que se presentaran a concurso (un por cada grupo de 1º da ESO) está sendo un traballo en eqipo, onde cada persoa está achegando as súas ideas, integrando unhas con outras para chegar á elaboración final. Estamos ansiosas de ver o resultado final.

 

Convocatoria para as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional en Galicia no 2018

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO EN GALICIA 2018

 PRAZO DE INSCIRCIÓN: Entre o 12 e o 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

REQUISITOS DE INSCRICIÓN: Non cumprir os requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos, ou cumprilos durante o 2018.

 SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

  • En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional

  • Vía web na seguinte aplicación:https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición.

  • O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

 A PROBA CONSTA DE TRES PARTES:

Parte sociolinguística

Organízase en tres probas:

  • Lingua castelá

  • Lingua galega

  • Ciencias sociais

Parte matemática

Organízase nunha única proba:

  • Matemáticas

Parte científico-técnica

Organízase en dúas probas:

  • Ciencias da natureza

  • Tecnoloxía

DATAS E HORARIOS DA PROBA: terán lugar o día 31 de maio de 2018 no horario que se indica a seguir:

  • Ás 9.00 horas: presentación.

  • Das 10:00 ás 13.00 horas: Parte matemática e parte sociolinguística.

  • Das 16.00 ás 18.00 horas: Parte científico-técnica

*Lembra acudir á proba co DNI e copia do impreso de inscrición que se realizou.

DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS DOS CICLOS:


GRUPO A

ESO ou equivalentes

GRUPO B

FPB e PCPI

GRUPO C

Proba de acceso/outros

Ata o 70%

Ata o 20%

Ata o 10%


QUE NOTA HAI QUE ACADAR?

Para a superación da proba hai que acadar unha cualificación mínima de 5 como nota media das tres partes.Para realizar a media hai que acadar un mínimo de catro en cada parte.

CANTAS VECES SE PODE PRESENTAR ÁS PROBAS?

Tantas veces como se desexe. Se o alumnado se presentou en convocatorias anteriores e non superou a proba pero acadou un cinco nalgunha das partes, gárdase a nota desa parte durante dous anos, polo que non se tería que examinar delas novamente.

ADAPTACIÓN DA PROBA:

Poderán solicitar a adaptación da proba as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) (ver requisitos na convocatoria)

 

ENLACES DE INTERESE:

Novo encontro do equipo de mediadores e mediadoras

O equipo de mediadores e mediadoras do centro tiveron unha nova xornada de formación e convivencia no centro.

Estreamos Blog de orientación

Este 2018 trae consigo a estrea dun blog do departamento de Orientación. O noso obxectivo é que sexa un espazo de información e comunicación para toda a comunidade educativa do CPI de Cova Terreña.

Aproveitamos a ocasión para compartir a acción que tivo lugar o pasado venres 19 de xaneiro por parte do equipo de mediación para celebrar o "Día Europeo da Medicación" que se celebra o 21 de xaneiro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer