Orientación

Cartas ao corazón

 

 

Na aula de audición e linguaxe do CPI de Cova Terreña levouse a cabo o proxecto “Cartas ao corazón” en colaboración coa aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro.

Como o seu nome indica, é unha actividade realizada desde o “corazón” na que, ademais de mellorar coñecementos académicos, foméntanse a empatía, a reflexión e a sensibilidade polos que están a pasar unha situación máis delicada que a nosa, aportando apoio e ánimo desde a expresión escrita.

Neste caso, alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria traballaron desde outubro nas cartas que se enviaron aos nenos e nenas hospitalizados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O envío realizouse o 7 de febreiro, celebrando así o Día internacional do envío dunha carta a un amigo/a.

A valoración final desta actividade é moi positiva, estando todo o alumnado participante implicado na adquisición de coñecementos e desexando entregarlles as cartas presencialmente aos seus amigos/as do hospital (algo que non foi posible debido á delicada situación).

Esta tarefa permitiu poñer en práctica un xeito de comunicación ao que o alumnado non estaba afeito e deulles a oportunidade de medrar como persoas solidarias e empáticas.

Agardamos que as nosas letras lles gustasen aos destinatarios e esperamos terlles sacado un sorriso.

             

 

 

Obradoiro "NoEnRedes"

O pasado 19 de outubro, o noso alumnado de 2º de ESO participou no Programa “No enRedes” da Asociación Alborada, adicado á prevención de riscos derivados do uso inadecuado das TRIC (Tecnoloxías da relación, información e comunicación).

O obradoiro impartido no noso centro estivo centrado no bullying, acoso escolar, mensaxes de odio e UNATRIC e tivo como principais obxectivos a identificación dos riscos e vantaxes das TRIC, a adquisición de pautas de conduta para evitar o uso inadecuado das mesmas, e a adquisición e mantemento de comportamentos e hábitos saudables cara ao benestar físico e psicolóxico do noso alumnado.

 

Programa "Que non te líen, ti elixes"

O pasado 25 de outubro, o noso alumnado de 3º e 4º de ESO participou no Programa “Que no te líen, ti elixes” co principal obxectivo de favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres.

O alumnado gozou dun obradoiro moi aplicado, combinando actividades teóricas e prácticas, e onde tiveron a oportunidade de coñecer e charlar un tempo con Lidia González, patroa de altura, piloto da mariña mercante e capitá de pesca, e así coñecer a súa formación e experiencia e consultar todos as súas dúbidas e curiosidades.

Os riscos de TikTok nos menores de idade

O acceso ás redes sociais por parte de menores sen supervisión dun adulto e unha situación que está a acontecer e que entraña os seus riscos.

Dende o centro queremos chamar a atención sobre este feito e achegamos un cartaz sobre os riscos de TikTok.

De 6ºPrimaria a 1ºESO

Ímos traballando sobre o cambio de etapa.

Primeiro un encontro coas familias e o 14 de xuño xornada de convivencia no centro.

Bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Publicada a convocatoria de bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023-2024.

Prazo de presentación de solicitudes: do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023.

Visita a EDUGAL do alumnado de 4º de ESO

 

O xoves 27 de outubro, o noso alumnado de 4º de ESO acudiu a EDUGAL, ao XI Salón de Educación e Formación en Galicia, tratándose dunha feira que axuda aos estudantes a decidir sobre o seu futuro formativo e profesional.

No devandito salón, puideron atopar unha ampla oferta de centros educativos e formativos, empresas e entidades que dan resposta ás necesidades de formación do estudante que necesita elixir o centro no que formarse para acceder ao mercado laboral.

Bolsas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo 2022-2023

Presentación de solicitudes: Do 19 de maio ao 30 de setembro de 2022

Enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

Xornada de Formación sobre TDAH para o profesorado do centro

O día 29 de marzo, o profesorado do CPI Cova Terreña, puido gozar dunha tarde de formación sobre o TDAH, a cargo da Asociación Anhida de Coruña.

Belén Manzano e Juan Ramos, membros da Asociación, axudáronnos a identificar os indicadores da conduta hiperactiva, inatenta e impulsiva na aula, así como a importancia de traballar o vínculo co alumnado. Tamén aportaron recursos para organizar o noso traballo na aula e déronnos múltiples ferramentas para pór en práctica no día a día.

Formación sobre hixiene menstrual e outros conceptos da sexualidade

Dende o Departamento de Orientación organizouse unha formación para o alumnado de 1º ESO  a cargo do colectivo Alborada. Ao longo de dúas sesións, alumnos e alumnas tiveron a ocasión de comprender pormenorizadamente os cambios físicos propios da adolescencia que están a experimentar. Relacionado con isto, aprenderon sobre a hixiene menstrual, tanto nenos coma nenas. Os distintos tipos de relacións tamén foron tratadas, promovendo unha actitude aberta e de respecto.

 

Alumnado de 1º ESO A durante o obradoiro de María, do colectivo Alborada.

Obradoiro afectivo sexual: a menstruación

A adolescencia é un período cheo de cambios físicos, entre os cales sen inclúe a menstruación. Na sociedade existen numerosos tabús ó respecto, polo que é necesario dotar dos coñecementos necesarios ó noso alumnado, tanto nenos coma nenas. Deste xeito, contribuímos a eliminar as barreiras que as mulleres teñen por causa do seu xénero.

Para chegar a tal fin, os estudantes de 1º da ESO recibiron un obradoiro afectivo sexual centrado na menstruación.

50 XOGOS DE EXTERIOR A 2 METROS DE DISTANCIA

A chamada nova normalidade chegou para quedar e tráenos novas normativas ás que debemos adaptarnos, tamén nas actividades de recreo nos centros escolares.
 
Aquí podedes atopar un recompilatorio de 50 xogos de exterior a 2 metros de distancia, elaborado por BaM! Lecer Alternativo Familiar, para axudarvos neste sentido.
 
Estas actividades son un recurso de alto valor socioeducativo nas que o xogo é a ferramenta principal.
 
Ante esa condición imos necesitar, máis que nunca, a actitude lúdica para facer que eses dous metros non sexan unha limitación senón un reto co que convivir.
 

 

 

 

Actividades para aprender a ler.

Deixámosvos algunhas actividades para mellorar a lectura e a escritura.

Só tes que clicar na imaxe.

 

 

Actividades para o Nadal.

 

 Nestes días de Nadal podemos facer algunha actividade que poden axudar a traballar a linguaxe oral cos vosos fillos/as .

  Se tedes dúbidas ou queredes facer calquer pregunta podedes enviar un correo a jrivera@edu.xunta.gal

  Se algún enlace non funciona, só tedes de copialo e pegalo no navegador.

 

VIDEOS PARA A ARTICULACIÓN.

Articulación do fonema rr.

https://youtu.be/t3cmqQV1Jt8

https://youtu.be/jBFmZC2l_bk

https://youtu.be/E2tdB3kvNZ8

 

Lotos do fonema r-rr.

https://drive.google.com/file/d/1z3R7OwDHAPaA8Js0fi9PM6Wry1HO8wd2/view

 

Articulación do fonema S

https://youtu.be/jWQ7lQeQS9Q

 

Un puñado de curiosos y divertidos GIFs Navideños

Felices festas e próspero 2021.

PLAN DE CONTINXENCIA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

En caso de ser necesario o ensino virtual, o horario a seguir e a atención ao centro por parte da orientadora será o mesmo que o presencial.

 

Manteranse os reforzos establecidos cos mestres e profesores de Pedagoxía terapéutica, Audición e Linguaxe, de atención a diversidade en Educación Primaria e do Programa ARCO, mantendo este profesorado clases individualizadas ou reducidas con este alumnado.

 

O acceso ao material farase a través da aula virtual, do correo electrónico ou da páxina web do centro.

 

As clases online serán a través de webex.

 

As comunicacións escritas ás familias faranse a través do correo electrónico ou de Abalar móbil.

 

A atenció ás familias realizaráse por teléfono ou video conferencia, e o horario de atención será o seguinte:

 

PROFESORADO

ATENCIÓN A FAMILIAS

Profesora de PT ESO

Luns 10:10- 11:00

Maestra de PT Primaria

Luns 17:00- 18:00

Profesor de Audición e Linguaxe

Luns 17:00- 18:00

Profesora de refuerzo 4º ESO programa ARCO

Luns 12:20- 13:10

Profesor de refuerzo 1º ESO programa ARCO

Martes 12:20- 13:10

Profesora de refuerzo 4º, 5º, 6º Educación Primaria Programa ARCO

Luns 17:00- 18:00

Orientadora

Mércores 10:10- 11:00

 

 

 

 

 

PROFESORADO

Correo electrónico

Mª Dolores Lago Graña

mlgrana@edu.xunta.gal

Jose Rivera Miragaya

josealcova2@gmail.com

Patricia Dosil Taje

mestraptcovat@gmail.com

Óscar López Lastra

oscar.lopez.lastra@edu.xunta.gal

Estela Fernández Carrera

estela.fernandez.carrera@edu.xunta.gal

Paula Álvarez Durán

paulaalvarezduranprofesora@gmail.com

Elena Fdz. de la Cigoña Fraga

elena.fcigona@edu.xunta.gal

 

 

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL PARA ALUMNADO DA E.S.O.: CADRO XERAL DO SISTEMA EDUCATIVO

ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL PARA ALUMNADO DA E.S.O.: 
                                         

CADRO XERAL DO SISTEMA EDUCATIVO

Guía para as familias en dó.

Estimadas familias,

   Poñemos á vosa disposición unha pequena guía que axude ás familias en dó.

Orientacións para a convivencia

Estimadas familias,

A continuación compartimos unhas orientacións para a convivencia nestes días de circunstancias excepcionais.

Esperamos que sexa da vosa axuda.  

Un saúdo.

Pautas sobre cómo traballar na casa

Estimadas familias,

A continuación trasladámosvos un plan de pautas sobre cómo traballar na casa nesta situación excepcional que estamos a vivir. Nel enuméranse unha serie de recomendacións sobre: estruturar o día, o lugar de estudo, o estudo e hábitos saudables.

Esperamos que sexa do voso interese.  

Un saúdo.

Novos recursos Pedagoxía Terapéutica: Educación Infantil e Primaria

Estimadas familias,

Como mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica das etapas de Ed. Infantil e Primaria, comparto novos recursos para facilitar o repaso e reforzo das aprendizaxes nestas circunstancias extraordinarias:

-   - 

Blog de recursos educativos para a aprendizaxe da lingua: comprensión, conciencia fonolóxica, ditados, discriminación auditiva/visual, escritura, lectoescritura, lectura, memoria, ortografía, verbos, vocabulario, xogos: https://9letras.wordpress.com/

 

-    - 

Blog de recursos para as etapas de Infantil e Primaria: xogos, Infantil (conceptos básicos, conceptos matemáticos, desenvolvemento motriz), Primaria (Lengua e Lingua: conciencia fonolóxica, lectoescritura, comprensión lectora, expresión oral/escrita, ortografía; Matemáticas: cálculo mental, resolución de problemas, números, medida, xeometría): https://www.aulapt.org/

 

-   - 

Xogos interactivos para as etapas de Infantil e Primaria para repasar as áreas de Lengua e Matemáticas: https://vedoque.com/

,

Para calquera consulta, recordo o meu correo: maiteprofept@hotmail.com

Un saúdo

Maite Guerra Prieto – Mestra PT

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031