Novas

4º ESO - Acreditación da competencia dixital

de María Luisa Aldao -

Coa publicación da Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24 ábrese o prazo para a inscrición do alumnado que cursa 4º ESO e que solicita participar nas probas de acreditación de competencias dixitais, o cal rematará o próximo 11 de marzo.

A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais
(https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html). A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía referidas a cada unha das cinco áreas de dominio (12 preguntas por cada área).
Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas. Esta proba tería lugar no mes de maio.

Para obter máis información sobre estas probas de acreditación da competencia dixital, consultar o documento adxunto.

Contidos que serán avaliados: https://ficheiros-web.xunta.gal/comdix/20231213_EstruturaMGCD_v.1.0.pdf

4º ESO- Viaxe a Roma: distribución das habitacións

de María Luisa Aldao -

Esta enquisa ten que respondela o alumnado de 4º ESO que está inscrito na viaxe a Roma do curso 2023/24.

No formulario que figura ao final desta entrada haberá que indicar por orde de preferencia as tres persoas coas que se quixera compartir habitación na viaxe a Roma. 

As respostas deste formulario non se farán públicas. 

Na distribución dos integrantes de cada habitación teranse en conta estas respostas, pero iso non garantiza que os compañeiros/as de habitación sexan sempre os indicados neste formulario.

Enlace do formulario: https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/onpij7ENK8dmppK9

Temas antiguos...