Bolsas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo 2022-2023
Presentación de solicitudes: Do 19 de maio ao 30 de setembro de 2022
Enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
- blogue de marta.arbones
- APIs de Blogue
Acto de Graduación 6º Ed. Primaria
Acto de graduación 6º Ed. Primaria
O pasado venres 17 de xuño tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 6º Ed. Primaria no salón de Actos.
As 9:00 h o centro agasaiou ao alumnado cunha actuación de maxia, a cargo do mago Samuel, con motivo da celebración de "Baiona Pinta Maxia".
Foi unha experiencia moi agradable e o alumnado disfrutou moito da mesma.
O vindeiro luns 20 sairán con destiño O Grove onde disfrutarán da súa excursión de fin de etapa ata o mércores 22 de xuño.
Esperamos que lembredes sempre este fin de curso e de Etapa.
Moita sorte!!!
Acto de graduación Ed. Infantil
ACTO DE GRADUACIÓN ED. INFANTIL
O pasado venres 17 de xuño tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 6º Ed. Infantil no salón de Actos.
As 10:30 h o centro agasaiou ao alumnado cunha actuación de maxia, a cargo do mago Samuel, con motivo da celebración de "Baiona Pinta Maxia".
Foi unha experiencia moi agradable e o alumnado disfrutou moito da mesma.
As 12:30 h deu comezo o acto de graduación coa presencia de familias, profesorado e alumnado (irmáns e irmás dos pequenos e pequenas graduados/as), onde poidemos disfrutar das actuacións que preparou o alumnado de 6º A e B de Ed. Infantil.
A representación do Baile "TERRA", tivo incluso unha mensaxe de ánimo das propias Tanxugueiras que enviaron os seus saudos ao alumnado.
Unha xornada moi emotiva que todos e todas disfrutamos moito.
Moito ánimo nesta nova Etapa!!!
Novidades editoriais biblioteca
Chegaron algunhas novidades á biblioteca que poden ser da vosa interese, todas elas están ao voso dispor nos carros de novidades editoriais.
Ciencias Naturais:
Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra, Claire llewellyn. (Libro ilustrado).
Os Bolechas, máis que mel, Pepe Carreiro (guía, caderno de actividades e guía de traballo para o profesorado).
Volcanes. Fuego y vida, Jon Chad (banda deseñada).
O raposo Rufo e a maxia da horta, Dani Viéitez e Iria Iglesias (libro ilustrado).
O arrecife de coral, Radka Piro e Martin Sojdr (libro ilustrado).
Baixo a terra, Petra Bartíková e Marcel Králik (libro ilustrado).
A colmea, Petra Bartíková e Marcel Králik (libro ilustrado).
O formigueiro, Petra Bartíková e Magdalena Takavová (libro ilustrado).
Inventario de dinosauros, Virginie Aladjidi e Emmanuelle Tchoukriel (libro ilustrado).
Inventario dos mares, Virginie Aladjidi e Emmanuelle Tchoukriel (libro ilustrado).
¿Qué se esconde dentro del mar?, Aina Bestard (libro ilustrado).
La historia de la Ciencia: un relato ilustrado, Jack Challoner (libro ilustrado).
E logo... por que? Virus e bacterias, Xerais básicos de Ciencias (libro ilustrado).
La Ciencia día a día, Caterina López Rigo (libro ilustrado).
Cogomelos, Marisa Castro (libro ilustrado).
17 mulleres Premios Nobel de Ciencias, Hélène Marle-Béral.
Medio Ambiente:
Plasticus maritimus, unha especie invasora, Ana Pêgo (libro ilustrado).
Adeus, plástico! Chaves para unha vida sen residuos, Elisa Nicoli e Chiara Spadaro.
A problemática ambiental en Galicia, Elvira Cienfuegos López.
A negrura do mar, Ramón Caride.
Física:
Cómo explicar física cuántica con un gato zombi, Bigvan.
La física de los Superhéroes, James Kakalios.
Brevísima historia del tiempo, Stephen Hawking y Leonard Mlodinow.
Matemáticas:
Inventando números, Gianni Rodari.
A guerra dos números, Juan Darién.
As mulleres nas Matemáticas, Matilde Ríos Fachal.
Apocalipsis M4t3mático, Eduardo Sáenz de Cabezón.
Números pares, impares e idiotas, Juan José Millás.
Matecuentos / Cuentamates 1, Joaquín Collantes Hernáez e Antonio Pérez Sanz.
Matecuentos / Cuentamates 2, Joaquín Collantes Hernáez e Antonio Pérez Sanz.
Matecuentos / Cuentamates 3, Joaquín Collantes Hernáez e Antonio Pérez Sanz.
Historia:
Historia da Galicia pequeniña, César Cequeliños e Jorge Campos.
Deporte:
Pioneiras do deporte en Galicia, Cristina López Villar.
Biblioteca inclusiva:
Bárbaras! Unha achega desenfadada á menstruación para adolescentes diversos (e non só), María Reimóndez.
Llamadme Nathan, Catherine Castro e Quentin Zuttion.
Piratrans carabarco: guía didáctica e caderno de actividades para la igualdad, A.T.A. Asociación transexuales de Andalucía e VVAA.
Transtornos da alimentación, Carmen Senra.
Banda deseñada:
Curuxa: a voz de Azazel, Fon.
Tam 1, Anémona de Río.
Tam 2, Anémona de Río.
- blogue de rocio.dourado
- APIs de Blogue
O Cova Xornal
Xornal, xornal!!
O alumnado do centro preparou o seu xornal, resultado do traballo realizado pola conmemoración da Semana da Prensa.
- APIs de Blogue
Novo Equipo de Mediación no C.P.I. Cova Terreña
NOVO EQUIPO DE MEDIACIÓN
O pasado 19 de novembro remataron a formación os novos membros do equipo de mediación do C.P.I. de Cova Terreña.
Onte, o novo Equipo de mediación do centro formado por 7 mediadores e mediadoras de Ed. Primaria e 8 mediadores e mediadoras de E.S.O. recibiron as camisetas e as chapas co logo de Mediación do centro nun acto ao que asistiu o Concelleiro de Educación de Baiona, D. Oscar Carreño que lles dirixiu unhas verbas.
Nuns días, este novo equipo de mediación pasará a presentarse e a deixar a orla polas aulas para que todo o alumnado do centro coñeza aos novos especialistas en Resolución pacífica de conflitos.
Esperamos que esta medida, en vigor dende o ano 2011, axude a mellorar a Convivencia no centro.
Parabéns a todos e a todas!!!
Plan de adaptación ao contexto COVID do centro
A situación actual da COVID na sociedade española pasou a un estado de "mitigación" segundo os expertos o que establece un novo procedemento de actuación ante a detección de casos positivos no alumnado/persoal do centro.
Podedes consultar o Plan de adaptación ao contexto COVID do centro e os documentos anexos nos ficheiros adxuntos a esta nova.
Este documento é froito dunha análise da situación e adecuación á realidade do centro realizada polo equipo COVID do centro.
As indicacións recollidas son de obrigado cumprimento para toda a comunidade educativa e usuarios das instalacións do centro.
Coa responsabilidade individual e colectiva de todos e todas faremos posible ter un centro seguro.
TODO PREPARADO!, ARRINCANDO MOTORES!
Estimada comunidade educativa,
Estamos deseando volver vervos e por iso o Equipo Directivo estivo traballando nestes meses de verán para que esa volta sexa o máis segura posible, adecuando as aulas e os distintos espazos do centro á situación COVID na que, desgraciadamente, aínda nos atopamos.
Queremos agradecer desde aquí a axuda prestada polo profesorado, membros da ANPA e o Equipo COVID.
Cova Queda Na Casa: O mural xa está listo!
Estimada comunidade educativa,
Dende o equipo de Convivencia puxemos en marcha a actividade "Cova queda na casa" para poder vervos e seguir con vós preto na distancia. Coas fotografías recibidas mantivemos o "contacto na distancia" e puidemos compartir os momentos de estudo, de xogo, de saída á natureza, de lectura, o cariño pola lingua galega e os momentos en familia dos cales dan testemuña o mural exposto no centro e que nos lembra todo o esforzo e responsabilidade por parte de todos neste período.
Noraboa polo voso compromiso e colaboración durante todo este período de actividade non presencial.
Protocolo para entrega de boletíns de cualificacións, recollida e entrega de material e entrega de documentación para a formalización de matrícula 2020/2021
Estimadas familias,
Achégase o fin de curso e quedan aínda moitos trámites por realizar: recollida de material e entrega do que aínda está no centro, devolución de libros de texto e equipos informáticos de empréstito, recollida do boletín de cualificacións, recollida dos impresos para a formalización da matrícula e asignación de cita e formalización da matrícula (1 ao 10 xullo).
Para poder realizar todas estas xestións coa maior fluidez posible e a maior garantía de seguridade deseñamos un protocolo para o cal precisamos a súa colaboración.
Terán que vir ao centro en dúas ocasións. Primeiramente o día asignado segundo o curso co material a devolver (libros de texto, libros da Biblioteca ou do Club de lectura, equipos de empréstito do centro, mochilas viaxeiras,...) e recoller o material propio. Na conserxería do centro entregarase o boletín de cualificacións, documentación para a formalización da matrícula e asignarase cita para entregala.
16 xuño | Novo ingreso | 22 xuño | 1º-3º Primaria | |
17 xuño | 4º Ed.Infantil | 23 xuño | 2º-4º Primaria | |
18 xuño | 5º-6º Infantil | 25 xuño | 2º-4º Secundaria | |
19 xuño | 5º-6º Primaria | 26 xuño | 1º-3º Secundaria |
Terán que voltar o día e hora asignado (entre o 1 e o 10 de xullo) para formalizar a matrícula: entregar os impresos cubertos e a documentación solicitada, e entregaráselle a axenda escolar do centro coa que este ano agasallamos a todo o alumnado.
Teñen máis detalle nos documentos adxuntos:
Non dubiden en consultar con nós calquera dúbida nos teléfonos 886120001 e 886120002 ou no correo electrónico cpi.cova.baiona@edu.xunta.es
Traballando de cara ao fin de curso, Informacións 3º Trimestre
Estimado alumnado e estimadas familias,
Sabemos do esforzo que toda a comunidade educativa está a realizar para que o alumnado continúe coa súa formación: alumnado, profesorado e familias.
Estes días ponse de relevo o importante que é a Educación e que só coa formación adecuada poderán ser uns profesionais de futuro que asuman difíciles retos coma os que estamos a vivir, dende a honestidade no traballo e a capacidade para afrontar, de xeito autónomo, escenarios nunca vividos.
Hoxe estamos a un mes do remate do curso, un curso atípico que nos está exixindo moito esforzo e colaboración por parte de todos e todas. E este esforzo debe manterse ata o fin de curso, o 19 de xuño. Temos que aproveitar este derradeiro mes para seguir aprendendo e afianzando coñecementos que nos permitan afrontar con maior garantía de éxito o vindeiro curso.
Animámosvos a seguir traballando diariamente e agardamos vervos moi pronto.
Aproveitamos para trasladarvos a seguinte información de interese:
-
Adaptacións Programacións Didácticas: na páxina web do centro
-
Solicitude Fondo Solidario de Libros de Texto: 20/maio ao 19/xuño
-
Matrícula curso 2020/2021: 1 ao 10 de xullo
O cova queda na casa, pero seguimos pendentes de vós
“O Cova queda na casa” .
No CPI de Cova Terreña estamos a traballar arreo para que o noso alumnado poida continuar formándose coa calidade que merece. Estamos á disposición das familias, facilitando libros, material escolar funxible e material informático ao alumnado que así o precise.
Atendemos as peticións das familias nos teléfonos do centro (886120001-886120006- 886120004) en horario de 8:30h a 14:00h, e tamén no correo electrónico do centro: cpi.cova.baiona@edu.xunta.es
Contamos, tamén, coa colaboración do Concello de Baiona e dos servizos de Protección Civil, aos cales lles agradecemos a entrega dos paquetes que preparamos estes días para o alumnado de 1°Ed. Primaria cos cadernos de traballo e material necesario para seguir as clases dende as súas casas e salvagardando aos nenos e ás súas familias, evitando así numerosos desprazamentos.
Facédenos saber calquera necesidade escolar na que vos poidamos axudar ou poñédevos en contacto coa Concellería de Servizos Sociais no 986385926.
Sodes o noso motor e xuntos formamos unha gran familia. Queremos ver eses sorrisos pronto e seguir medrando con vos!!!
Unha gran aperta.
Orientacións provisionais da Consellería de Educación
Convivencia: Cova queda na casa, mándanos as túas fotos
Estimada comunidade educativa,
A nosa separación vaise alongar un tempo, un pouco máis do previsto inicialmente e moito máis do que nos gostaría pois... xa vos botamos de menos!
Gustaríanos tanto saber de vós! Chamaríamosvos a todos por teléfono pero é imposible, fixádevos que paradoxo, non teríamos tempo abondo!!!
Pero... e se nos mandades unha fotografía do moito que estades desfrutando en familia e traballando decotío??
Instrucións:
- As fotografías remitiranse por correo electrónico a covaquedanacasa@gmail.com ou por WhatsApp ao teléfono móbil do centro 604070366.
- As persoas que remitan e aparezan nas fotografías aceptan co seu envío que as mesmas sexan publicadas na páxina web do centro e nun mural que estará situado no centro e que todos poderemos ver á volta da normalidade.
- O venres publicarase na web unha montaxe coas imaxes recibidas a disposición de toda a comunidade.
- Esta actividade parte dunha idea do equipo de Convivencia para manternos "Preto na distancia".
- APIs de Blogue
Axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa
Convocadas as axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020.
Destinatarios: alumnado que curse 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria.
Lugar da actividade: CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo a sábado seguinte.
Quendas, lugar de realización, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as actividades:
Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200313_stemweek.pdf
- blogue de
- APIs de Blogue
BECAS EUROLINGUA 2020
Convocadas as Becas Eurolingua 2020
Prazo de solicitude: ata as 23.59 horas do 8 de abril de 2020
Máis información: https://www.becaseurolingua.com/
- blogue de
- APIs de Blogue
Admisión 2020/2021
Aberto prazo de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro dende o 01 ao 20 de marzo de 2020. Debido ao peche dos centros, o prazo pecharase unha semana despois do inicio das sesións lectivas.
Recoméndase facer a solicitude a través da Aplicación Admisionalumnado:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Cursarase unha única solicitude, na que se pode por ata 6 centros por orde de preferencia.
Documentación:
- Solicitude en caso de presentación física (ver documentos anexos).
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- DNI e/ou libro de familia.
- Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.
Tamén pode presentar a súa solicitude por correo electrónico en cpi.cova.baiona@edu.xunta.es ou no buzón do centro educativo empregando a documentación anexa.
Organización do centro durante o peche dos centros educativos desde o luns 16 marzo
Estimadas familias,
Agardamos que todos vos, alumnado, profesorado e familias esteades ben neste momento.
Dende o centro faremos todo o posible para que o noso alumnado siga formándose. Para iso podedes atopar as indicacións das actividades a realizar no apartado Alumnado da nosa páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/ así como o correo electrónico do profesorado para poder contactar con el. Segundo vaiamos publicando as actividades avisaremos a través da aplicación Abalar Móbil.
Ademais, no apartado Alumnado->Xeral iremos colgando outros recursos adicionais para ir atendendo ao distinto ritmo e preferencias do alumnado que vos poden resultar de interese.
Pola seguridade de todos o centro estará pechado ao público pero non detemos o noso traballo nin vos deixamos sós. Podedes poñervos en contacto con nós no teléfono 886120001 e no correo electrónico cpi.cova.baiona@edu.xunta.es
Estaremos en contacto con todos/as a través da web do centro, de Abalar Móbil e das canles que vos facilitamos.
Xuntos podemos superar isto, só nos piden quedar na casa, e nós estaremos tamén con vós. Moita saúde a todos/as.
Unha aperta do equipo humano do CPI de Cova Terreña.
Obra de Teatro "I won the talent show"
O pasado mércores 22, o alumnado de 1º e 2º da ESO desprazouse ata o teatro Salesianos para asistir á representación de "I won the talent show", un espectáculo de teatro en inglés interpretado por unha compañía formada por británicos. Esta comedia participativa está ambientada nun concurso de talentos.
- blogue de
- APIs de Blogue
25-NOV, Ed.Infantil fai a súa cadea humana contra a Violencia de Xénero
Os nosos pequenos tamén se sumaron á cadea humana contra a Violencia de Xénero. No patio do centro e coas súas titoras escenificaron a nosa unión contra esta lacra social.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
