blogue deana1

Snacks de Singapur

A nosa Auxiliar de Conversa, Anjika, tivo o detalle de traer algúns snacks do seu país, Singapur, para que o alumnado os puidese probar. Nesta ocasión foi o alumnado de CUALE o que tivo a sorte de coñecer, probar e desfrutar o que comen as persoas dun país asiático como é Singapur. Nos explicou que en realidade son alimentos que teñen a súa orixe noutros países como Xapón, Tailandia, Filipinas... Tamén nos falou das deliciosas (e estrañas) froitas que teñen en Asia, pero que desgraciadamente está prohibido traer a España.

No vídeo podedes ver as reaccións do alumnado...

Moitas grazas Anjika! Foi toda unha experiencia!

 

TEATRO EN INGLÉS

O pasado 30 de abril todo o alumnado de ESO do centro puido desfrutar dunha representación teatral en inglés, Digital Twin, a cargo da compañía English Theatre Company.

Foi unha maneira de aprender inglés dun xeito distinto, nun ambiente lúdico e en contacto con falantes nativos.

Algúns voluntarios e voluntarias incluso subiron ao escenario e participaron na obra!

Tedes nos adxuntos algúns videos e fotografías da representación.

 

 

ESCAPE ROOM

No mes de abril o alumnado de CUALE puido desfrutar dunha saída para facer unha actividade de Escape Room en inglés. Desprazáronse ata a Sala Enigma de Ourense, acompañados da profesora e da Auxiliar de Conversa.

Todo o alumnado colaborou de maneira activa e estivo moi implicado para descifrar as pistas, resolver o enigma de Romasanta e poder saír con vida!

CONCERTO SOLIDARIO DAS LETRAS GALEGAS

O próximo día 16 de maio celebraremos o día das Letras Galegas cun concerto solidario a cargo do coro infantil e o coro xuvenil do noso centro. Interpretaremos temas de A banda da Loba, Emilio Batallán e Fuxan os Ventos, entre outros.

Asemade farase unha colecta benéfica nun posto situado na entrada do auditorio. Os fondos recadados se destinarán á organización Save the Children. 

O alumnado de Proxecto Competencial de 2º ESO será o encargado de recoller as donacións. Este alumnado elaborou un vídeo divulgativo explicando a actividade. Poden visualizalo no arquivo adxunto.

Christmas Video Greetings

This year the English Department decided to organise a contest of Christmas Video Greetings. A lot of students participated, with so many amazing videos, sharing their best wishes with all the classmates, teachers and families. They danced, played, sang, spoke English, and the most important: they had fun, with their friends, with their families, even their pets appeared in the videos!

We shared the videos with all the students on the last days of classes so everybody enjoyed them. It was a very beautiful activity.

The videos were all so good, it was really difficult for the jury to choose the best. Eventually, these are the winners:

1º ESO: Alba, Aida, Iris and Ángela

2º ESO: There was a tie, so there were two winner videos: 

              - Carmen 

              - Xiana, Anxo, Estela, Sara and Simón

3º ESO: Alejandra (and her father)

4º ESO: Carolina

Congratulations!!!

ACTIVIDADE DE DOBRAXE

Un dos proxectos desenvolvidos nas sesións do programa CUALE foi unha actividade de dobraxe. Eliximos algunhas esceas de películas moi coñecidas e os alumnos e alumnas puxeron as súas voces aos personaxes de películas como Titanic, Cars, Crepúsculo e outras.

ESCAPE ROOM

O 9 de Marzo o alumnado de CUALE desprazouse ata Ourense para participar nunha actividade de Escape Room na Sala Enigma. 

Tiveron que resolver o misterio de "Romasanta" a través de probas e pistas, todas en inglés.

Todos os alumnos e alumnas estiveron moi implicados na actividade, descifraron os códigos e conseguiron, traballando en equipo, resolver o misterio e saír da Escape Room con vida!!

Obra de Teatro en Inglés: D.I.Y.

O pasado venres o alumnado da ESO asistiu á obra de teatro en inglés Do It Yourselves, da English Theatre Company. 

A obra tivo unha moi boa acollida entre o alumnado, que participou en todo momento, tanto enriba do escenario como dende o patio de butacas. Pasárono ben, riron, algúns/algunhas ata bailaron, e sobre todo: practicaron inglés dunha maneira divertida. Están desexando repetir!

Grazas ao Concello por permitirnos utilizar o Auditorio.

Nos adxuntos tedes unha mostra do que foi esta experiencia.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031