4º Ed. Infantil

XA IMOS AO COLE !!!

 

 

 

Queridas familias:

Para min é todo un orgullo ser a mestra dos vosos fillos e fillas; sabede que desde xa os quero moito  e  teño  a cada un deles no meu corazón.

Este primeiro trimestre é o máis difícil para eles e elas, xa que son moitos os cambios: un novo espazo,  novas persoas que os coidan, novos compañeiros e compañeiras... moitas situacións distintas ás que adaptarse. Pero pouquiño a pouco o imos logrando e cada día é máis fácil que o anterior. 

Estamos a aprender as normas da aula: non correr dentro da aula porque se caemos podémonos golpear con algo ou con outro neno ou nena e farémonos moito dano, estar un  tempiño sentados traballando ou  merendando, obedecer aos  profes, non pegar, controlar  esfínteres, comunicar ao profesorado calquera necesidade que teñamos, etc....

Tamén estamos aprendendo sobre escola: as súas distintas dependencias, o persoal que traballa nela, as rutinas diarias ... Deste xeito, a adaptación dos pequenos e pequenas será máis fácil e rápida.

Sabede que calquera dúbida que teñades, podédesme mandar unha nota nun papel ou na axenda escolar na mochila do voso fillo ou filla, pero por favor, avisádeme, para que eu a busque, e eu avisareivos cando vaian notas da miña parte; xa escribín algunhas notas e algunhas axendas

Un saúdo 

Mónica

A Meteoescola dos Pequeniños.

Durante este curso os Pequeniños do Cole traballaron no Proxecto Meteoescolas de forma xeral e globalizada adecuada a idade dos alumnos e alumnas. 

Na aula traballaronse as diversas estacions que vivimos durante o curso escolar :Outono, Inverno e Primavera.

Tamén se traballaron diversos fenómenos atmosfèricos de diferentes formas.

Mediante experiencias, vivencias, imaxes e ideas os nenos e nenas puideron profundizar nesas cousas que lles causaban tanto interese.

Realizaban moitas preguntas que se trataron de responder da forma máis sinxela posible adaptaba a súa corta idade.

Moitos dos fenómenos atmosfèricos foron experimentados de xeito especial xa que se apreciaban no patio de recreo ou a través da fiestra da aula. Outros alumnos contaban a os compañeiros cousas que viran desde a sùa casa ou cando ìan coas familias a algún lugar sobre todo pasear ao campo ou a neve. 

En algunha ocasión, dentro do posible, fixemos algunha representación dentro da aula de xeito ficticio outorgando vida a seres inanimados e traballando estes como se tiveran unha vida normal :O Señor Sol ìa a Escola a xogar cos seus amigos, ou a Lùa estaba triste entre outras.

 

Para coñecer máis cómo traballaban "as persoas que miran o tempo" subimos á estación meteorolóxica que temos no centro e resultóulles unha experiencia moi interesante. Comprender que desde alí se podía coñecer canto chovìa ou a temperatura para eles supuxo un gran descubrimento. 

Os nenos e nenas sentìronse moi motivados co tema da metereoloxìa e están desexando coñecer máis cousas. Tiñan moito interese e seguramente lles quedaron moitas inquedanzas. 

Seguiremos vendo fenómenos increìbles.

****A continuación dèixase o enlace dun video donde queda unha pequena mostra de cousiñas que fixeron e de imaxes coas que traballamos ou que descubrimos a través da nosa fiestra de aula. 

O Esforzo: "Robinson Tuboe"

O ESFORZO

Esta quincena, durante as sesións de Relixión e Valores traballamos sobre o esforzo.

A partires do visionado dos contos: "Robinson Tuboe" e "Os tres porquiños", dialogamos sobre a importancia do esforzo no traballo diario e a importancia de facer as cousas ben, para rematar fixemos unha marioneta co protagonista do conto: "Robinson Tuboe".

Deixámosvos aquí o enlace por si queredes ver o conto na casa.

Un saudo:

As mestras, Ana Patricia e María.

 

Día Escolar da Paz e da Non Violencia

Bos días:

Para a conmemoración do Dia Da Paz e da Non violencia, dende Relixión e Valores estamos traballando unha canción de Unai Quirós e logo faremos unha manualidade.

Deixámosvos aqui o enlace da canción para que a poidades escoitar na casa: https://www.youtube.com/watch?v=81CjGMjSfSE

Está semana, e relacionado con este tema, tamén traballamos os contos: "Daniel e as palabras máxicas" e "O Ourizo". Deixámosvos aquí os enlaces para que os poidades ver na casa.

- CUENTO: “Daniel y las palabras mágicas” https://youtu.be/B03QsVxgN2Y

- VÍDEO: “El Erizo” https://youtu.be/wU2PXit6ixQ

Un saúdo.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031