Educación plástica e visual

Concurso de debuxo terrorífico

Con motivo do Samaín, o Departamento de Educación Plástica e Visual organizou un concurso de debuxo terrorífico entre o alumnado de Ed. Secundaria.

Tras as deliberacións, en colaboración co Departamento de Lingua Galega e Literatura e o equipo de Biblioteca, resultaron gañadoras as seguintes alumnas:

1º Ciclo:

- 1º premio: Gisela González (2º ESO A)

- 2º premio: Irene Costas (1º ESO A)

2º Ciclo:

-1º premio: Xiana Rueda (3º ESO A)

-2º premio: Inés Miniño (3º ESO B)

Os premios consistiron nun set de acuarelas, un libro e un marcapáxinas personalizado coa imaxe presentada. Os primeiros premios tamén incluían un caderno de anotacións.

Os debuxos gañadores están expostos na entrada da Biblioteca:

Artistas do punto

No segundo trimestre, na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, traballamos a técnica do PUNTILLISMO aplicandoa nas obras de Vincent Van Gogh. Quedaron traballos de moita calidade do alumnado de 1º da ESO.

Notaboa a todos e todas!

 

Historia da desigualdade no Día da Internacional da Muller

Hoxe, Día Internacional da Muller, inagúrase a exposición sobre a "Historia da desigualdade" no salón de actos do centro. Este traballo fíxose na materia de Valores Éticos nos cursos 1º e 2º da ESO.

O obxectivo desta actividade é que o alumnado tome conciencia da loita, dende sempre, das mulleres por acadar os seus dereitos. 

 

 

Concurso de debuxo e slogan do proxecto "Clase sen fume"

Por mor do concurso de debuxo e slogan organizado dende o proxecto "Clase sen fume", na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual traballamos as nosas propostas no curso 1º da ESO.

Xa que neste concurso particípase de xeito grupal, toda a clase escolleu a mellor proposta para que lles represente, quedando as tres propostas gañadoras as amosadas a continuación, das alumnas Ciara M., Lucía A. e Xiana R.

Moita sorte a todas e todos!

 

Concurso de debuxo e slogan do Concello de Baiona

 

O pasado mércores 24 de novembro, por mor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tivo lugar no Concello de Baiona a entrega de premios ao alumnado que participou no Concurso de debuxo e slogan organizado polo concello.

Dende a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual traballamos nos cursos 1º, 3º e 4º ESO as candidaturas do alumnado. Cómpre engadir que as propostas foron moi orixinais e de gran calidade gráfica e artística.

Finalmente, dúas alumnas do curso 3º ESO gañaron os premios primeiro e terceiro. O primeiro premio foi para Noelia Casañas Peña e o terceiro premio foi para Lilin Wang.

A continuación se expoñen os debuxos gañadores e outros debuxos seleccionados. Parabéns a todos e todas pola participación e pola vosa implicación!

 

 


 

 

 

 

Plan de continxencia Departamento de Debuxo

A continuación preséntanse os datos recollidos no Plan de Continxencia para as materias do Departamento de Debuxo que serán de aplicación no caso de un novo confinamento e desde xeito poder continuar coa docencia de forma telemática.

MATERIA: EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL Y AUDIOVISUAL

Horario: Manterase o horario habitual.

Horario de atención ás familias: Martes 11:30 - 12:20

Correo electrónico: ainaclpavia@edu.xunta.gal

Plataformas de traballo:

  • Videoconferencia: CISCO Webex
  • Traballo e organización: EVA-Edixgal

The last project

The last project of Arts and Crafts: Origami and animals.

Han salido unas verdaderas obras de arte. ¡Lo que se puede hacer con un trozo de papel!

Felicidades al alumnado participante de 2º, 3º y 4º E.P.

 

Spring & Arts

Boas familias!

Dende Arts & Crafts estamos experimentando coas témperas e como non hai mellor maneira de aprender que manipulando... alá fumos, mans á obra!

Esta vez nada de pinceis, pintamos con materiais reciclados, así dámoslles outra vida e por riba, creamos verdadeiras obras de arte!

Spring & Arts

Animal & Arts

Boas familias!

Estamos a traballar dende Arts and Crafts os animais relacionados coa primavera.

O alumnado de 2º E.P. empregaron as témperas para practicar a técnica do puntillismo e os de 3º E.P. crearon mosaicos con anacos de papel de cores.

Quedaron super chulos! :) 

 

Animal & Arts

Carnival & Arts

Esta semana có motivo de celebrar o Entroido, festividade típica de Galicia e tamén inglesa, dende o área de Arts and Crafts creamos máscaras. 

Este ano traballamos a Picasso, polo que os máis pequeniños, os de 2 e 3 de E.P, decoraron máscaras relacionadas coas súas pinturas. 
O alumnado de 4 E.P. debía ser máis creativo e tiña que elaborar a súa propia máscara empregando diversas técnicas. 

Quedaron xenial!


Carnival & Arts

Plan de continxencia do Departamento de Educación plástica

En caso de confinamento a docencia manterase no mesmo horario, pero de xeito virtual, en todas as asignaturas impartidas polo Departamento: EPVA de 1º, 3º e 4º ESO, e Valores en 1º ESO e 4º ESO A. O tempo de atención a familias seguiría sendo os mércores de 12,20 a 13,10 h., preferiblemente por videoconferencia.

Ademais da aula virtual e Edixgal (1º ESO), poderanse empregar as plataformas Webex para videoconferencias e Abalar móbil. Tedes todos os datos (correo electrónico do profesor e ligazóns aos cursos virtuais) no documento adxunto.

 

Educación plástica e visual

Ola boas!

   Espero que todas e todos e todas esteades ben nestes momentos tan complicados. Pronto volveremos á normalidade.

   Mentres tanto intentaremos facer algunhas actividades para seguir en forma. Subiremos tarefas e propostas para facer. 

Tamén vos deixo unha ligazón a un blog de plástica Cova Terreña: https://educacionplasticacovaterrenya.blogspot.com

8-M: Pintado do mural e inauguración do mesmo

O noso alumnado de 1ºESO colaborou na elaboración do mural "Guías na igualdade", deseñado pola artista Dona Irene Silva.

Entre todos e todas "construíron" esta representación do papel da muller no seu día a día, onde todas temos cabida. Nunha xornada de traballo no centro, en colaboración co Departamento de Debuxo a cargo de D.Tobías Díez, o noso alumnado e a artista deronlle vida ao gran mural de 8metros de longo por 1,60metros de ancho cunha gran implicación e entusiasmo.

O venres 6 de marzo inaugurouse o mural coa presenza dalgún do alumnado participante que puido firmar a obra xunto coa artista Dona Irene Silva.

 

Grazas á Concellería de Igualdade e ao Centro de Información á Muller por contar con nós para esta actividade que forma parte da programación para a conmemoración do Día da Muller no centro.

Reinterpretando as vangardas históricas

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO reinterpretaron as obras de Luis Seoane, Henri Matisse e Antoni Tàpies.

Aquí tedes o resultado!!!

 

SOMOS UNHA METEOESCOLA !!!

Na materia de Tecnoloxía, os alumnos/as de 2ºESO encargáronse do deseño 3D en perspectiva mediante software CAD e da fabricación e montaxe da estación meteorolóxica: MeteoBaiona. A caseta que foi construída no mes de decembro consta dunha caixa de madeira, pintada de branco, coa porta orientada cara ao norte para resgardar os aparatos de medición da radiación solar, coas paredes laminadas para permitir a circulación do aire e colocada sobre un soporte de 1 metro de altura.

Tamén colaboraron os alumnos de 4º ESO da materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual que encargáronse de representar a estación meteorolóxica mediante o sistema diédrico e de buscar unha ubicación, tendo en conta as necesidades de cada equipo para unha boa medida (orientación norte, lugar aberto,...). A caseta instalouse nunha parcela do noso instituto a 18 m de altitude,  42°07'00.5" de latitude norte e 8°51'05.8" de lonxitude oeste.

Exposición fotográfica PASEO POLAS NUBES. Día Meteorolóxico Mundial 23 marzo 2018

Con motivo do Día Meteorolóxico Mundial (23 de marzo) o alumnado de 4º de ESO da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual inaugurou a exposición temporal "PASEO POLAS NUBES"

Na exposición pódense observar distintas instantáneas de nubes tomadas polos propios alumnos/as de 4º de ESO de EPVA, na vila de Baiona.

 

Dita exposición foi organizada, supervisada e coordinada pola profesora de EPVA, Dona Elsa Liliana Vázquez Lorenzetti, e enmarcase no proxecto Meteoescolas, no que participa alumnado de catro niveis educativos (1º, 2º, 3º e 4º de ESO) e un equipo multidisciplinar de profesores/as do CPI de Cova Terreña.

A exposición estará dispoñible a público, na Oficina de Turismo de Baiona, do 23 de marzo ao 23 de abril de 2018.

Preme AQUÍ para acceder a máis información sobre o acto de inauguración oficial.

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!

 

 

 

 

Reinterpretación do Guernica

O alumnado de 4ºESO, especialmente os alumnso Mario, Javier e Luis, da materia optativa Educación Plástica e Visual, dirixidos pola profesora Dona Cristina Rodríguez, fixeron unha reinterpretación do Guernica na pista exterior de deportes, engadíndolle un toque persoal ao introducir elementos da nosa vila.

Montaxes realizadas por alumnado da área de plástica de secundaria de 3º da ESO

Clica para ver máis traballos

Temos uns auténticos artistas. Hai futuro.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031