3ºEd.Primaria
Xogos de bolos no centro
O alumnado está a disfrutar duns obradoiros de Xogos de Bolos grazas á colaboración do club de Bolos A Estivada e da súa presidenta Blanca Lago.
Durante as sesións de Ed.Física dos luns, e baixo a coordinación da súa mestra Dona Amparo Otero, o alumnado está a experimentar este deporte con tanta tradición na nosa contorna.
Asemade, o club Estivada agasalla ao centro cun kit de xogo para que poidan seguir practicando este deporte.
TRABALLO DE LINGUA GALEGA PARA 3ºA-B DENDE O 25 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO
Bo día, familias.
Comezamos o tema 5: No mercado. Nel estudaremos palabras relacionadas con este lugar, concretamente cas froitas e as verduras e tamén repasaremos o xénero dos substantivos. Deixámosvos dúas láminas para que o alumnado se vaia familiarizando co tema.
Un saúdo.
As titoras de 3ºA-B
ACTIVIDADE SEMANAL PLÁSTICA. 25-29 xaneiro
Bos días!
Adxunto traballo semanal de plástica con motivo do día da Paz. Trátase dun collage, no que as cores que rodean a pomba están creados con trociños de papel cortados de revistas.
Un saúdo!
TRABALLO SEMANAL DE PLÁSTICA
Bos días!
Seguimos con animais: Esta semana toca facelo de corpo enteiro metido nunha paisaxe, deixamos un vídeo orientativo, aínda que podedes facer outro que vos guste.
Noraboa a tod@s polos trababllos da semana pasada.
Coidádevos moito
https://youtu.be/76V3AI7XOV4
Dia Escolar da Non violencia e da Paz
Bos días:
Para a conmemoración do Dia Da Paz e da Non violencia, dende Relixión estamos traballando unha canción de Unai Quirós e logo faremos unhas fichas e manualidades sobre o tema.
Deixámosvos aqui o enlace da canción para que a poidades escoitar na casa: https://www.youtube.com/watch?v=81CjGMjSfSE
Un saúdo.
TRABALLO DE LINGUA GALEGA PARA 3ºA-B DENDE O 18 AO 25 DE XANEIRO
Ola a tod@s tendes nos seguintes arquivos adxuntos dúas láminas do tema 5 de Lingua Galega para que o alumnado poida repasar o que estamos a estudar na aula.
Un saúdo.
As titoras de 3º
Arts - Sesión semanal 11-15 de xaneiro
Boas a tod@s!
Esperamos que teñades ganas de comezar un novo trimestre, no que traballaremos o debuxo de animais, persoas e paisaxes, alternando con algunha manualidade.
Comezaremos cos animais, para iso recomendamos este vídeo:
https://youtu.be/Q8OP2O779is
Despois, nun folio A4 facedes 6 círculos o máis grandes que poidades e facedes a partir deles os animais que máis vos gustaron, repasando cun rotulador negro e dándolle moita cor. Tamén podedes facer uso da vosa creatividade e inventar algún que non saia no vídeo.
Se tedes algunha dúbida, podedes escribir ao correo : cpicovat3ob@gmail.com
Un saúdo!
UNIDADE 4 LINGUA GALEGA PARA 3º A-B (A SEMANA DO 11 AO 18 DE XANEIRO DE 2021)
Comezamos o ano repasando dúas fichas da unidade 4.
Ánimo que o estades facendo xenial!
Titoras de 3º A-B
English 3rd
Happy New Year
Comenzamos este novo ano entrando na Aula Virtual de Santillana para ollar no Student´s Book a Unit 3: STORY CHARACTERS ( persoaxes de conto).
Faremos o Picture Dictionary desta unidade, lembrade, en folio branco A4 escribimos o título en grande e con cores e, a continuación, facemos os debuxos do novo vocabulario acompañados das palabras escritas.
Podemos escoitar os listenings e, despois, estamos xa preparados para facer os primeiros exercicios da unidade no Activity Book.
ENGLISH
CHRISTMAS 2020.
Xa está aquí o Nadal . Con tal motivo recoméndovos unha páxina web chea de actividades:
- Printables.
- Debuxos.
- Fichas.
- Recortables.
- Pop up.
- Coloreables.
- Manualidades .
- E , por suposto, moitas, moitas songs.
www.bigactivities.com
MERRY CHRISTMAS!
ENGLISH
Good Morning:
Entrade na Aula Virtual de Santillana e clicade ou premede na icona da caixa azul para escoitar o audio da páxina 13 do Student´s Book. Divertídevos escoitando, cantando e repetindo .
English 3rd
HELLO!
Xa tedes a vosa disposición o libro de inglés na aula virtual de Santillana.
Para familiarizarnos co seu uso podedes ir ollando a unidade 2 que imos comenzar xa!
TRABALLO DE LINGUA GALEGA PARA 3ºA-B DENDE O 22 AO 30 DE OUTUBRO
Comezamos un tema novo relacionado ca auga, aqui vos deixamos unhas láminas para que o alumnado visualice, apreNda e repase.
Titoras de 3ºA-B.
ACTIVIDADES DE LINGUA GALEGA PARA 3ºA-B PARA A SEMANA DO 5 DE OUTUBRO
Familias de 3ºA e B, como vos informamos na reunión ao inicio de curso, neste apartado imos publicar todas as semanas actividades de Lingua Galega, coa finalidade de introducirvos no manexo de ferramentas dixitais e tamén para reforzar as actividades que facemos co alumnado no centro nesta materia.
Para comezar deixámosvos 3 láminas: o abecedario en Lingua Galega, palabras traballadas na aula no 1º tema e un breve esquema do tema “A linguaxe e as linguas”. Os nen@s terán que repasalas e aprendelas, xa que a semana que ven a actividade proposta estará moi relacionada con estas láminas.
Un saúdo.
As titoras: Vero e Olga.
3ºA FELICES VACACIÓNS!
Estimado alumnado, o curso chegou ao seu fin.
Un curso diferente; con moitos matices, espazos e retos; aos que pouco a pouco nos fomos adaptando.
Estou moi orgullosa do voso traballo e do voso esforzo para levalo acabo.
Gozade moito destas merecidas vacacións.
Como algunhas familias pedístesme referencias de cadernos para repasar este verán, aí déixovos algunha suxerencia.
TÍTULO |
ISBN |
3º PRI VACACIONES DE REPASO |
978-84-680-5999-0 |
3º PRI Vac. Ejercicios COMPRENSIÓN LECTORA |
978-84-294-0900-0 |
3º PRI Vac. Ejercicios ORTOGRAFÍA Y GRAMÁTICA |
978-84-294-0763-1 |
3º PRI Vac. Problemas MATEMÁTICAS |
978-84-294-0839-3 |
English 3rd
Estimad@s alumn@s y familias:
Este curso llega a su fin. Como ya os he comentado a much@s, ha sido un placer comprobar vuestr@ ánimo, constancia , esfuerzo y buen hacer en esta adversa situación vivida a causa del Covid-19. Mi enhorabuena a tod@s. CONGRATULATIONS!!!!
Así que , este verano , más que nunca:
HAPPY SUMMER
KISSES.
Teacher Ana Ruth.
English 3rd
GOOD MORNING!!
Últimas actividades de repaso. Ánimo, ya queda poco.
Hacemos en el BEEP ON GRAMMAR ( libro pequeño que está dentro de la carpeta) las actividades de los TOPICS que hemos visto durante este curso.