Plan proxecta

RESULTADOS DAS PROBAS DAFIS

Bos días:

Todo o alumnado da ESO realizou durante o primeiro trimestre as probas DAFIS (datos de actividade física saudable).

Fixéronse dous tipo de valoracións: antropométricas e funcionais.

As probas antropométricas, medicións da constitución (altura, peso, IMC, perimetro da cintura e cadeira), en conxunto, reflicten o estado de saúde dos nosos escolares. É un bo indicador da posibilidade de ter sobrepeso ou obesidade e polo tanto de enfermidades futuras.

As probas funcionais (medición da velocidade de desprazamento, dinamometría dos flexores do antebrazo, forza explosiva dos extensores das extremidades superiores, resistencia dos flexores das extremidades superiores, flexibilidade da cadeira e resistencia cardiovascular) poñen de relevo a capacidade e calidade do movemento,  aportan información sobre o estado do individuo e a posibilidade de contraer enfermidades e lesións do aparato musculo-esquelético.

A media das probas antropométricas estivo por debaixo da media da provincia e da comunidade galega.

Nas probas funcionais a maioría dos parámetros estiveron por enriba da provincia e da comunidade excepto na proba de resistencia cardiovascular.

Este estudo forma parte dos plans Proxecta: PVAD (proxecto de vida activa e deportiva), EduSáúde e proxecto terra: patios escolares.

 

PROBAS DAFIS

Bos días:

Nas próximas semanas todo o alumnado de la ESO realizará as probas DAFIS (datos de actividade física saudable).

Valorarase a condición física do alumnado relacionada coa saúde. Constitúe un análise das necesidades de actividade física para unha posterior intervención.

Entre os obxectivos están loitar contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade; mellorar a saúde dos nosos escolares establecendo modelos de intervención para combater a inactividade física.

As probas poden consultarse na web da consellería: https://dafis.xunta.es/index.php/pruebas-test:

O rexistro dos datos están vinculados co SERGAS polo que o centro de saúde poderá consultar esta relevante información para ter unha visión máis ampla dos nosos escolares.

As familias deberán dar o seu consentimento para a subida destes datos. En calquerqa caso dita información será confidencial.

No ano 2018, DAFIS foi seleccionada pola oficina europea da OMS como mellor exemplo de boas prácticas en España para a promoción da actividade física no ámbito escolar.

logotipo das probas dafis

imaxe

SAÍDA DIDÁCTICA AO ESTEIRO DA FOZ

Bos días:

Durante os días 4 e 5 de novembro o alumnado de 1º da ESO fixo unha andaina polos arredores da comarca do Val Miñor. Coñeceron a flora e a fauna do lugar. Visitaron o Esteiro da Foz, as praias de Santa Marta e a Ladeira e o paseo ata a Ramallosa.

Manolo. o noso biólogo de referencia, fixo as delicias dos escolares entreténdoos cun feixe de anécdotas e datos sobre a o noso patrimonio biolóxico e os usos que debemos facer para conservar esta diveridade.

Ademais complementamos a actividade cunha recollida selectiva de residuos onde decatáronse da cantidade de lixo non orgánico e cabichas que prexudican ao medioambiente.

A actividade forma parte dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física. Educación Plaśtica e Lingua Galega.

Tamén forma parte dos programas: Clases sen Fume, EduSaúde e o Proxecto de Vida Activa e Deportiva.

 

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

Bos días:

Este ano iniciamos unha nova aventura no centro: O PVDA (proxecto de vida activa e deportiva).

O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable.

Búscase o incremento diario da actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fora  do centro.

Medirase o impacto que ten este incremento de actividade física na saúde dos escolares ao longo do curso.

O primeiro paso e recoller e analizar a información relativa á actividade físíca que realiza o noso alumnado. A través da plataforma Edixgal estase a realizar unha enquisa sobre seus os hábitos semanais.

  https://www.pexels.com/es-es/foto/documento-encima-de-la-papeleria-669619/

https://www.flickr.com/photos/27456407@N04/

Semana da Ciencia

Este curso escolar que xa remata, estivo cheo de vivencias e aprendizaxes relacionadas coa ciencia. Co obxectivo de facer chegar a toda a comunidade educativa o froito desas actividades nace a Semana da Ciencia do CPI de Cova Terreña, que terá lugar entre o 31 de maio e o 10 de xuño. Estas datas foron escollidas para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño. É importante destacar que na mostra participaron alumnos e alumnas de todos os niveis educativos do centro. 

Os proxectos realizados nas distintas materias fixeron fincapé nas novas tecnoloxías, na presenza da muller na ciencia ou en aspectos relacionados co medio ambiente. Desta maneira, traballáronse de xeito transversal aspectos importantes na formación dos estudantes, que lles permite adquirir actitudes imprescindibles na sociedade actual.

A exposición consta de 15 postos, cada un dos cales ten unha pequena explicación que facilita o entendemento do material presentado. Así, podemos desfrutar da interpretación do Universo que fixo o alumnado de 6º de Infantil e 1º de Primaria ou das maquetas de hidráulica dos estudantes de 4º da ESO. Ademais, a robótica, a ecoloxía, a meteoroloxía ou a biografía de diferentes científicos e científicas entre outros tamén aparecen recollidas na mostra, amosando o labor realizado ao longo do curso. 

As visitas organizadas para o alumnado durante a xornada escolar, amplíanse a todas as familias que o desexen nas tardes do venres día 4 de xuño e o xoves 10 entre as 16h e as 18h da tarde.

Finalmente, todo o persoal do centro implicado na organización e montaxe da Semana da Ciencia (tanto docente coma non docente), agardamos o desfrute da mesma de todos os visitantes.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031