4ºEd.Primaria

Estudamos as estacións meteorolóxicas

O alumnado de 4º Ed. Primaria estudou os distintos aparellos que podemos atopar nunha estación meteorolóxica, como a que temos no centro: pluviómetro, anenómetro, termómetro, veleta... 

Os resultados foron plasmados en cartolinas como as que se amosan a continuación:

 

Despois deste traballo de investigacións, están feitos uns expertos e expertas!

Maquetas en CCNN

Preséntanse as maquetas realizadas polo alumnado na area de Ciencias Naturais 

Proxecto en ciencias

Durante o primeiro trimestre, na materia de Ciencias Sociais realizamos un proxecto na aula de 4ºA de Primaria.

Este proxecto chamouse "A Terra" e cada alumno fíxose experto de contidos específicos. Entre outros, traballamos a atmosfera, o tempo atmosférico, a medición do tempo atmosférico e os diferentes climas.

Resultou moi motivador traballar estos contidos a través de grupos de expertos dentro dun proxecto.

 

Premiados no VI Concurso de carteis 8M

Estamos de parabéns!

 

Antonio, Emma, Laura e Xenxo, alumnado de 4ºA Primaria, foron os gañadores do concurso de carteis pola conmemoración do Día Internacional da Muller, organizado conxuntamente pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Secretaría Xeral de Cultura, Educación, FP e Universidades. A acta do xurado recoñeceu o traballo do alumado asignándoelle o 2ºpremio na categoría de 3 a 10 anos.

 

Nova na web da Consellería de Igualdade

Nova na web da Consellería de Educación

Convocatoria do concurso

 

Visita de María Canosa

O 13 de febreiro visitounos María Canosa, autora de diversas obras como A pedra de seixo ou Faíscas. Nesta ocasión, veu para falar co alumnado de 4º Ed. Primaria sobre Lobo Ramón, libro que gustou moito entre a rapazada. Ademáis, María adiantounos en primicia que haberá unha segunda parte, con personaxes novos e vellos e que falará sobre unha pluma estilográfica... Agardaremos con cobiza a súa publicación!

Como agasallo de despedida, tivemos a sorte de que a autora nos asinase os exemplares.Moito traballo tivo!

 

 

VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR

Aquí tendes algunhas das imaxes da nosa visita ao Castrelo de Soutomaior.

Foi un día cheo de historia galega emocionante e divertida.

 

Xogos de bolos no centro

O alumnado está a disfrutar duns obradoiros de Xogos de Bolos grazas á colaboración do club de Bolos A Estivada e da súa presidenta Blanca Lago.

Durante as sesións de Ed.Física dos luns, e baixo a coordinación da súa mestra Dona Amparo Otero, o alumnado está a experimentar este deporte con tanta tradición na nosa contorna.

Asemade, o club Estivada agasalla ao centro cun kit de xogo para que poidan seguir practicando este deporte.

Agárdavos 5º E.P.!!

Meus cativ@s,

Agradecervos o traballo e o esforzo dobre que fixéchedes este curso escolar. Ano moi compricado, con moitas restriccións que non vos permitían: estar sentados conxuntamente no aula, compartir material; xogar no recreo con pelotas, cordas, nin xoguetes compartidos; expresar o voso cariño con apertas, bicos... e mil cousas máis!

Pero...deixade todo iso de lado, agardo que neste intre teñades boas memorias e que recordedes con amor, igual que o fago eu, aqueles momentos positivos, que tamén foron bastantes, eu creo. ;)

O vindeiro curso estaredes en 5º E.P. e que queredes que vos diga? Facédeo igual de ben ou mellor que este ano, todos e todas sodes igual de válidos. Como non, cada quén coas súas particulariedades, uns mellores en números e cálculo mental; outros cunhas dotes artísticas abraiadoras; outros apasionados da lectura ou cunhas dotes creativas para redactar textos...

Por aquí deixo unha foto como recordo,

Vos mando todos os meus mellores desexos!

A vosa titora,

Bárbara

Agárdavos 5º E.P.!!

Chegan as vacacións!

Xa chega o verán e coa súa chegada…as vacacións!

 

As titoras e o profesorado de 4º E. Primaria estamos moi orgullosas e orgullosos do esforzo que realizastes no proceso de aprendizaxe, dadas as circunstancias deste curso tan atípico que tivemos.

Para que non esquezades o que con tanto esforzo conseguistes.

  Aí van unha serie de recomendacións.

 

 

Lecturitas veraniegas (prema)

“Si sales ileso de un libro es que nunca has entrado” Dirty Harry

 

Recursos interactivos para repasar os contidos de matemáticas e doutras áreas, prema na imaxe.

 

The last project

The last project of Arts and Crafts: Origami and animals.

Han salido unas verdaderas obras de arte. ¡Lo que se puede hacer con un trozo de papel!

Felicidades al alumnado participante de 2º, 3º y 4º E.P.

 

4º A. Visita á estación meteorolóxica

Hoxe, fomos visitar a estación meteorolóxica que Meteogalicia

instalou en Santa Marta.

 

 

 

4ºA Trabajando las emociones. El Principito

"Emocionándonos"

  

   

   

  

  

  

4ºA Plan proxecta. Meteoescolas

Dentro do proxecto de Meteoescolas, os alumnos e as alumnas de 4ºA estivemos a buscar información sobre a atmosfera e o tempo atmosférico. Incidimos sobre a troposfera e os fenómenos meteorolóxicos.

Estudamos como funciona unha estación meteorolóxica.

Desde o mes de xaneiro ata o mes de abril, todos os días lectivos, estivemos a recoller datos sobre a temperatura e fómolos anotando día a día nunha plantilla; con eles, realizamos a táboa de frecuencias, vimos cal era a moda, a media e ao final elaboramos os gráficos.

Tamén fomos anotando os fenómenos que se ían producindo día a día, analizando despois en que mes chovera máis ou houbera máis días de sol.

 

Visita da escritora María Canosa

Durante este trimestre, na hora de lectura compartida, estivemos a ler o fantástico libro " O que nunca che contaron" da escritora María Canosa.

Onte, tivemos a gran sorte que veu María, contounos detalles da súa vida como escritora e como xurdiu a idea de escribir este libro.

Moitas grazas María pola túa visita foi un pracer escoitarche.

                  

  

  

 

4º A. Trabajando las emociones. Audiocuento

Durante este curso hemos puesto en marcha el proyecto "Emocionándonos".

El libro, "El Principito" ha sido el eje del proyecto.

Basándonos en este libro, hemos realizado este audiocuento.

Si quieres ver el vídeo puedes hacer clic en la imagen o también ver el adjunto-

 

Homenaxe a Xela Arias

O alumnado de 4ºA recita poemas de Xela Arias. 

Prema na imaxe para ver o vídeo

 

We are what we eat

O alumnado de 2º E.P., 3º E.P. E 4ºE.P. realizaron as actividades que se adxuntan.

Quedaron moi chulas!

SAÍDA Á PRAIA LADEIRA

 

     

 

ECOSISTEMAS DA PRAIA LADEIRA

 

     
     

 

 

 

 O xoves, 8 de abril, fixemos a primeira saída do curso, foi un día moi especial, despois de tantos meses na aula, por fin saïamos.

O obxectivo da saída era observar, recoller material e tomar notas; para logo realizar un estudo sobre os ecosistemas que hai na praia Ladeira.

 

     
       

4 º A Proxecto Terra. O patio escolar

 

Hoxe levamos a cabo a colocación, no valado do patio sur, das fichas dos animais de granxa, proxecto que realizaron os alumnos e as alumnas de 4º A, durante este trimestre. Podedes velo na web do cole nesta ligazón.

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/node/2363

 

Bo traballo. Parabéns!

Spring & Arts

Boas familias!

Dende Arts & Crafts estamos experimentando coas témperas e como non hai mellor maneira de aprender que manipulando... alá fumos, mans á obra!

Esta vez nada de pinceis, pintamos con materiais reciclados, así dámoslles outra vida e por riba, creamos verdadeiras obras de arte!

Spring & Arts
Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031