4ºEd.Primaria

Actividades plástica

Bos días!

Facilito as ligazóns duns vídeos explicativos das dúas últimas prácticas realizadas na aula por se queren profundizar.

Un saúdo!

https://youtu.be/evJLFhVohrA

https://youtu.be/EICm3Xjf81A

Dia Escolar da Non violencia e da Paz

Bos días:

Para a conmemoración do Dia Da Paz e da Non violencia, dende Relixión estamos traballando unha canción de Unai Quirós e logo faremos unhas fichas e manualidades sobre o tema.

Deixámosvos aqui o enlace da canción para que a poidades escoitar na casa: https://www.youtube.com/watch?v=81CjGMjSfSE

Un saúdo.

4ºA TRABALLO REALIZADO A SEMANA DO 11 AO 15 DE XANEIRO

 Durante esta semana a proposta de traballo foi

L. Castellana.

 Recursos. Libro de texto y aula virtual Santillana

   Lectura. "El monte era una fiesta". Páginas 83 y 84

   Comprensión lectora. Ejercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6 y 7

   Vocabulario. Familia de palabras. Ejercicios 1, 2, 3 y 4

                      Prefijos y sufijos. Ejercicios 1, 2, 3 y 4

L. Galega.

Recursos. Aula virtual CPI Cova Terreña e aula virtual Santillana

  Gramática. O substantivo: xénero e número.

   Exercicios 1, 2, 3, 4, 5 e 6

  Ortografía. Uso da H. Exercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6, 8 e 9

Matemáticas.

Recursos. Libro de texto y aula virtual Santillana.

Las fracciones

Definición

Términos

Lectura de fracciones

Comparación de fracciones

Ficha repaso de divisiones

Ejercicios 1, 2, 3 (página 82)

Ejercicios 4, 5 y cálculo mental (página 83)

Ejercicios 1 y 2 (página 84)

Ejercicios 4 y 5 (página 85)

 CCNN

Recursos. Libro de texto e aula virtual CPI Cova Terreña

   Reino Fungos

Ver video sobre este reino e extraer información do tema a partir do video

 CCSS

Recursos. Libro de texto e aula virtual CPI Cova Terreña

   As civilizacións. Exipto

 Ver video sobre esta civilización e extraer información do tema a partir do video

 

PROXECTOS 4ºA

Xa están aquí colgados os vosos proxectos

 

 

 

 

Proxecto "Animais de granxa". Patio escolar

No adxunto está o proxecto, para que vexades como quedou ao final con toda a documentación enlazada.

Parabéns polo voso traballo!

AMIGO INVISIBLE

Para rematar o trimestre, o alumnado de 4º B de E.Primaria levou a cabo a actividade do amigo invisible; un intercambio de preciosos agasallos para mostrar o agarimo cara aos demais, tan necesario nos tempos que estamos vivindo.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.

BO NADAL!

 

CONTOS DE NADAL

O alumnado de 4º B traballou moito para crear as súas historias de Nadal. Fixemos unha sesión e contacontos na biblioteca escolar e organizamos un concurso.

Foi moi difícil a elcción porque todas elas eran moi boas. Finalmente temos un conto gañador:

LA NAVIDAD DE XOEL.

Tentaremos facelos chegar a tod@s tendo en conta a actual situación sanitaria.

BO NADAL

 

PLAN DE ENSINO VIRTUAL

Achégase plan de ensino virtual no caso de confinamento total ou parcial dalgunha das aulas.

Un saúdo

COUNTRIES & NATIONALITIES

 Hello 4th grade students!

Here you are some activities about countries and nationalities. I hope you learn and enjoy a lot!

https://es.liveworksheets.com/pi303ln

 

https://es.liveworksheets.com/hc254775rm

 

https://es.liveworksheets.com/jl254073yo

 

https://es.liveworksheets.com/bz1318266vp

 

Take care!

Santi

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA 4ºA

Hoxe veu á nosa aula, Paula Carballeira, a autora do libro "Bruxa e familia".

Contounos moitísimas historias divertidas da súa infancia e como grazas á súa amiga María, empezou a darlle vida a este libro tan fantástico.

 

Asinounos os nosos libros e nós, regalámoslle a portada do seu libro, pintada por Aida, onde ían as nosas firmas e un debuxo que fixo Miguel Cabral, dándolle as grazas pola súa visita.

 

  

 

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

Despois dun longo ano de traballo por fin poidemos coñecer a escritora de Bruxa e Familia

A visita de Paula Carballeira foi moi emocionante; disfrutamos das súas historias e tivemos a ocasión de que nos firmara os nosos libros.

Esperamos vela moi pronto!

 

 

 

 

AS PLANTAS

O alumnado de 4º B de Primaria estivo traballando ao longo das últimas semanas nun proxecto relacionado coas plantas.

Está exposto no patio cuberto.

Noraboa a tod@s!

tarefas 5-9 outubro

Bos días!

Teñen á suá disposición o traballo realizado esta semana.

Boa fin de semana!

TRABALLO 21-24 SETEMBRO . 4º B

Bos días!

Para facilitar o seguimento das clases para aquel alumnado que non ouido asisitir ao centro, adxuntamos un arquivo cos traballos semanais. As fichas de traballo están nas cadeiras de cada un.

Que teñan unha boa fin de semana!

MATERIAL 4º DE PRIMARIA

Bos días a tod@s!

Queremos darlles a benvida a este novo curso que agora comeza, agardando que sexa un bo ano para tod@s.

Queda xa á súa disposición o listado de material.Se teñen algunha dúbida, póñanse en contacto.

Reciban un saúdo do equipo docente de 4º de primaria.

SUXERENCIAS PARA TRABALLAR EN VERÁN 4º PRIMARIA CURSO 2019-2020

O equipo docente de 4º Educación Primaria deixa estas suxerencias para as familias que queiran algún caderno de traballo para o verán.

Feliz verán para tod@s!

Equipo docente 4º Ed.Primaria.

DERRADEIRA SEMANA 4ºB

Bos días!

E como din nos contos...colorín colorado, este curso xa está casi rematado!! Xa había ganas de que chegase este momento e por fin, xa está aquí. 

Quero felicitarvos polo traballo destas semanas tan "raras", polas ganas e o interés que puxéstedes e que penso que foi unha aprendizaxe para tod@s xa que nunca nos vimos nesta situación.

Mándovos moitísimos bicos e apertas!

DERRADEIRA SEMANA DO CURSO 2019-2020 4ºA

Familias de 4ºA, este curso atípico remata, esta é a derradeira semana e por iso non hai tarefas que entregar, só vos deixo un arquivo con enlaces educativos para que o alumnado se divirta mentres repasan contidos traballados.

Foi un pracer experimentar esta nova forma de traballo con vós, pódovos decir que superástedes con notaza esta proba, e espero que me contedes cómo foi o meu traballo, qué faltou, qué podo mellorar, suxerencias para cambiar, etc, todo o que se vos ocurra facendo valance destes meses de teletraballo e educación a distancia.

quedomenacasa@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo, vémonos pronto.

Vero.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031