Xeral

Tras os pegadas do exército romano por Aquis Querquennis e polo Xurés

O alumnado de 1º de ESO e de 3º de ESO de Cultura Clásica visitan o campamento romano de Aquis Querquennis e mais o Parque Natural do Xurés

Na mañá da segunda feira do 22 de abril de 2024 os grupos de 1º de ESO e mais de 3º de ESO que reciben formación en Cultura Clásica se desprazaron ao Centro de Interpretación de Aquis Querquennis, no concello de Bande, acompañados polos docentes Iria, Nieves e Anxo.

Despois do visionado dun vídeo e da visita ao centro expositivo, o grupo desprazouse cara aos restos das instalacións militares, onde parte do alumnado de 1º de ESO, xunto co de Cultura Clásica, descubriron a historia deste magnífico campamento onde se aloxou unha das cohortes da lexión Gemina que se instalara en Legio (León).

Posteriormente, o grupo desprazouse cara á desembocadura do río Caldo, no concello de Lobios, para xantar e gozar da piscina e pozas termais.

Á tarde levouse a cabo a visita aos miliarios que se foran atopando na vía XVIII ou Vía Nova, que unía as localidades de Arturica Augusta (Astorga) con Bracara Augusta (Braga). Ademais, o grupo aproveitou para visitar os restos da mansio de Aquis Originis, unha antiga pousada romana que daba servizo aos comerciantes que percorrían a devandita vía.

No derradeiro punto da xornada, unha parte do alumnado explicou as características do hábitat do Parque Natural do Xurés (Parque Nacional de Peneda-Gerês en Portugal).

 

Calendario de exames das materias pendentes

Cómpre recordar que as materias pendentes que non se superen iranse sumando ás do curso ordinario suspensas a efectos de promoción de curso e de titulación en 4º de ESO.


As titorías entregarán o boletín de pendentes ao alumnado o venres 26 de abril, ás 11:00h, nas súas aulas de referencia.

Becas para Bacharelato e Ciclos Formativos

Ata o 10 de maio está aberto o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio para cursar estudos nas ensinanzas de Bacharelato ou Ciclos formativos. Consultar o seguinte enlace:

Enlace á solicitude: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2024.html


No seguinte enlace aparece máis información sobre este tipo de bolsas: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

ACTUACIÓN CORO COVACANTA POLO 8M

Este venres día 8 de marzo, con motivo da conmemoración do Día da Muller, o coro de Educación Primaria "Covacanta" actuou no salón de actos do centro interpretando a canción "Tribo".

Esta canción pertence ao disco "Xabón Lagarta" do grupo "A banda da Loba" composto por cinco mulleres. Os temas deste traballo están inspirados no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade e confidencias que eran os lavadoiros.

"O pasado e o presente.

As experiencias e as conquistas herdadas.

O berro confiado porque antes outras berraron por nós.

A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida.

Como? Apoiándonos na nosa manda!"

Agardamos que vos guste!

 

VIDEOCLIP 8M 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 2º de Educación Primaria realizou un videoclip coa canción de "Matriarcas" da cantante Guadi Galego co motivo da conmemoración do 8 de marzo, "Día Internacional da Muller".

4º ESO - Probas para a acreditación da competencia dixital

Coa publicación da Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24 ábrese o prazo para a inscrición do alumnado que cursa 4º ESO e que solicita participar nas probas de acreditación de competencias dixitais, o cal rematará o próximo 15 de marzo (prazo ampliado).

A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais
(https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html). A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía referidas a cada unha das cinco áreas de dominio (12 preguntas por cada área).
Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas. Esta proba tería lugar no mes de maio.

Para obter máis información sobre estas probas de acreditación da competencia dixital, consultar seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20240227_prox_resolucion_acredita_cda_gal_sin_dx.pdf

Contidos que serán avaliados: https://ficheiros-web.xunta.gal/comdix/20231213_EstruturaMGCD_v.1.0.pdf

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

do  1 ao 20 de marzo de 2023

A través da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ poderá presentar solicitude mediante calquera das seguintes opcións:

1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manua no centro:

2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital.

IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro:

Solicitude (galego)

Solicitud (castellano)

NOTA INFORMATIVA:

1.    O alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2.    A solicitude de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS EN CADA NIVEL E ETAPA:

CURSO

PRAZAS OFERTADAS

4º Infantil

40

5º Infantil

24

6º Infantil

20

1º Primaria

20

2º Primaria

17

3º Primaria

2

4º Primaria

10

5º Primaria

6

6º Primaria

3

1º ESO

10

2º ESO

2

3º ESO

14

4º ESO

13

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO ALEGADOS:

10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

NORMATIVA DE APLICACIÓN:

   

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

   

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

   

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

PROCEDEMENTO DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS curso 2024-25

 

PROCEDEMENTO DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS curso 2024-25

O alumnado matriculado en 4º ESO neste centro pode exercitar o seu dereito á reserva de praza para continuar os seus estudos no IES Primeiro de Marzo presentando a correspondente solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes abranguerá:

do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

Forma de presentación:

Cubrir o modelo ED550A (reserva) e os respectivos anexos. Xunto coa solicitude e o anexo I-bis, deberá achegar o resto de documentación que fose precisa (libro de familia, ...). Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo I-bis.

  1. Presentación electrónica: é preciso dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365.

O modelo e os anexos estarán dispoñibles na aplicación AdmisionAlumnado

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

Cubrir o modelo anexo I-bis (comprobación de datos e consentimento), imprimilo, e unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.

A aplicación xerará un xustificante, que indica a data de presentación.

  1. Presentación presencial: no centro docente en que estea matriculado actualmente o alumnado. Na conserxería do centro facilitarase unha copia en papel ás persoas interesadas que o soliciten.

A solicitude de reserva é única para cada alumno/a, e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

Data de publicación do alumnado con posto reservado:

22 febreiro

 

INCHABLES NO COVA

 

A ANPA do CPI Cova Terreña organizou e xestionou unha apaixonante actividade con estruturas inchables e con auga. Houbo unha participación masiva de todas as etapas. O centro encheuse de auga, escuma e grandes inchables de cores. O alumnado tiña libre circulación por todo o patio e podía elixir entre as atraccións máis emocionantes.

 

Esta actividade forma parte do PVAD, EduSaúde, Convive-T, Iguala-T e Inclúe-T.

 

 

20 de xuño

 

 

APÍPOLIS

APÍPOLIS

 

Apípolis | Pontevedra

     No día de onte o noso alumnado de segundo de primaria desfrutou dunha xornada en Apípolis.

Deixámosvos en adxuntos un video que é un pequeno resumo do ben que o pasaron e do moito que aprendimos sobre as abellas .

 

Enerxía asequible e non “Contaminanji” ODS. Primeira exposición.

Traballo do grupo-clase de 5ºA .

Cada semana en Proxecto competencial (ODS 7) subiremos as exposicións de cada alumno/a segundo o tempo empregado. Comezamos con Ariadna de 5ºA seguindo o fio conductor dunha película. Adiviñades cal é?  Seguro que serán uns futuros  oradores dun mundo de enerxia natural, non contaminante, asequible e renovable.

Premede o link.

A seguinte semana tirarán os dados no taboleiro Simón e Cris.

https://drive.google.com/file/d/1U5DEVZwAm0JGp5PONjZyp8A6g4JhZDje/view?usp=drivesdk 

Interculturalidade: 1º Estadía. África

Tres palabras na devandita linguaxe e unha canción. Ademais dunha manchea de curiosidades,inquedanzas, costumes e descubrimientos de diferentes culturas así como pinceladas de coñecementos xeográficos. Temos que aprender que o mundo e de todas as cores e razas e que mellor que a rapazada de 2º e 6º constrúa un mundo máis doce e cheo de amor.

Pois ben a nosa primeira estadía lévanos a África. 

Premede o link. 

https://drive.google.com/file/d/1vjoVGFtUmXC1OEld-zldMmkf0AK1VSEl/view?usp=drivesdk

 

Grazas as familias polo colgante de macarróns africano.

Vémonos en China 6º de Primaria!

A nosa homenaxe pola PAZ!

O pasado luns 30 de xaneiro, todo o CPI Cova Terreña uniuse para celebrar no patio norte un evento memorábel. O alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria celebrou un recital poético con poemas escritos en varias linguas de Celso Emilio Ferreiro, Antonio Machado, César Vallejo, Miguel Hernández, Carmen Conde ou Rafael Alberti, ademais doutras composicións das alumnas:  Nagore Álvarez, Lucía Blach, Loren Outerelo, Valentina Cabral e Marta López.

 

Intercalados cos poemas, o alumnado de Primaria, dirixidos pola mestra Ana Rodríguez, interpretou diversos temas musicais. Tempo despois, era o Coro de Secundaria, dirixido polo profesor David Piñeiro, quen nos emocionaba con temas tan coñecidos coma Let it be ou Color esperanza.

 

A través dos versos e da música quixemos denunciar as inxustizas que moitos seres humanos cometen contra outros seres humanos:

 

Libremente

con esperanza

narrando o desterro

dos asoballados

e dos irmáns

pola paz...

 

LETRAS GALEGAS 2022

 


BIOGRAFÍA
FLORENCIO M. DELGADO GURRIARÁN


Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo e o máis pequeno de cinco irmáns.
Estudou primaria e bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.
En Valladolid fixo a carreira de Dereito e despois exerceu como avogado no Barco de Valdeorras.
Despois da Guerra marchou a México e alí casou con Celia, filla de emigrantes galegos e coa que tivo cinco fillos.
No ano 1934 editouse o seu libro de poemas Bebedeira, ao que lle seguiron Galicia infinda, Cantarenase O soño do Guieiro.
En México colaborou na revista Vieirose no programa radiofónico A Hora de Galicia, que estivo en antena todos os domingos durante case vinte anos.
Faleceu en Fair Oaks, California, o 14 de maio de 1987 cando visitaba a un dos seus cinco fillos.
Foi membro da Real Academia Galega e esta dedícalle o Día das Letras Galegas de 2022 pola súa contribución á defensa do noso idioma e da nosa cultura.

 

RECURSOS EDUCATIVOS:

- XOGOS EN LIÑA:

 https://view.genial.ly/623b73df9c032100134b0491

https://es.educaplay.com/juego/11855828-florencio_delgado_gurriagan.html

https://view.genial.ly/6246d3d8c10add0010ffc673/interactive-content-florencio-delgado-gurriagan

https://lecturaseandanzas.blogspot.com/2022/04/para-ir-conecendo-florencio-delgado.html

https://lecturaseandanzas.blogspot.com/2022/04/seguimos-conecendo-florencio-delgado-de.html

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2022/05/FlorencioDelgado-Xogo.pdf

https://view.genial.ly/627a823c82fcc60017f36a23/interactive-content-quiz-florencio-2022

https://view.genial.ly/624ed638bdc555001971d991/interactive-content-florencio-m-delgado-gurriaran

https://portaldaspalabras.gal/

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo/aulavirtual/mod/h5pactivity/view.php?id=6907

https://scratch.mit.edu/projects/679847198

- UNIDADES DIDÁCTICAS:

https://primaveradasletras.gal/

https://asletrasdeflorencio.gal/

http://seminariogalan.org/

http://engalego.es/conmemoracions/4/index.html

https://drive.google.com/file/d/1rAPbLkpMzQ-lVjIEHB9KXANIFV7W9i34/view

- ENLACES PARA TRABALLAR POEMAS DE GURRIARÁN:

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2022/05/Mundo-de-poemas-en-44-actividades.pdf

https://www.acalexandreboveda.gal/letras-galegas-2022-florencio-delgado/?fbclid=IwAR285sL4uD3M_adeZRyfS_hxe09zq4PcxreyrVnsNwhawk1KEezgcQ37mR0

- VÍDEOS:

https://www.youtube.com/watch?v=RXehgnCK4t4

https://www.youtube.com/watch?v=cr_oGY5Djqc

https://www.youtube.com/watch?v=9dhQt20U-Js

https://www.youtube.com/watch?v=J4W5JxWd0ds

 

 

II Semana da Ciencia

Este curso reeditamos a Semana da Ciencia, que tanto éxito tivo o ano pasado. Esta II edición da exposición permite darlle visibilidade ao traballo do alumnado e do profesorado en prol dunha disciplina que amosou nos últimos anos a enorme importancia para toda a sociedade: a Ciencia. A exposición poderá ser visitada entre os días 27 de abril e 6 de maio, cunha xornada de portas abertas ás familias o martes día 3, de 16h a 18h.

A selección de proxectos abranguen dende a presenza de distintos animais (en Baiona e noutras rexións do mundo), a contaminación que estamos a sufrir (plásticos, chuvia ácida, etc.), novidades tecnolóxicas (impresora 3D ou avances en robótica) ou cuestións diversas co corpo humano (como funciona a voz, como son as células,...) entre outras moitas seccións.

Cada un dos traballos conta cunha explicación que permite a súa comprensión. Así mesmo, os códigos QR que seguen permiten acceder a un cuestionario sobre os distintos traballos expostos. Anímate a cubrilos, que terás un agasallo asegurado!!

Agardamos que todas as persoas que visiten a exposición aprendan ao mesmo tempo que desfrutan da mesma.

https://forms.gle/dcAr33iJSMbU85vZA (cuestionario Ed.Primaria)

https://forms.gle/ZyQ4j9nhEX5uuBrHA (Cuestionario Ed.Secundaria e familias)

Lentiña, Cova e Terreña precisan axuda para identificar fenómenos meteorolóxicos!

Disque o tempo anda revirado e tolo de todo... por mor do que os nosos sapoconchos lectores vos piden axuda para que lles axudedes a identificar fenómenos meteorolóxicos mediante unha fotografía e un pareado, en lingua galega, que o explique"-

Aquí vos deixamos as bases deste novo concurso para toda a comunidade educativa:

Para conmemorar o Día Mundial da Meteoroloxía, o 23 de marzo, propoñemos un concurso fotográfico sobre un fenómeno meteorolóxico.

Para participar no concurso, é necesario enviar un correo a meteocova@gmail.com, achegando:

  • Nome da/o participante e curso.

  • A fotografía inédita e propia.

  • Un pareado que acompañe e explique a fotografía (estrofa formada por dous versos que riman) en galego.

Cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías.

A data límite de entrega é o venres 8 de abril ás 12h do mediodía.

Estableceranse 5 categorías de premiados por nivel educativo e unha categoría de profesorado e persoal non docente, podendo quedar deserto algún premio:

  • Infantil

  • Primaria:

    • 1º, 2º e 3º

    • 4º, 5º e 6º

  • Secundaria

    • 1º e 2º

    • 3º e 4º

A entrega de premios será efectuada á volta de Semana Santa.

 

AXUDADE AS TARTARUGAS NESTA NOVA AVENTURA TEMPORAL!!!

Conmemoración Día da NON violencia e da PAZ

Hoxe conmemoramos o Día da NON VIOLENCIA e da PAZ cun vídeo que contén unha performance da canción "Móvete" de Paco Nogueiras. Podedes visualizar a montaxe nos ficheiros adxuntos que acompañan a esta publicación.

Desexamos que pasedes un día pacífico e harmonioso e que gocedes desta pequena contribución que preparou o equipo da Biblioteca.

E como canta John Lennon "Imagine all the people living life in peace"

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031