blogue demarialuisa.aldao

4º ESO - Probas para a acreditación da competencia dixital

Coa publicación da Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24 ábrese o prazo para a inscrición do alumnado que cursa 4º ESO e que solicita participar nas probas de acreditación de competencias dixitais, o cal rematará o próximo 15 de marzo (prazo ampliado).

A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais
(https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html). A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía referidas a cada unha das cinco áreas de dominio (12 preguntas por cada área).
Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas. Esta proba tería lugar no mes de maio.

Para obter máis información sobre estas probas de acreditación da competencia dixital, consultar seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20240227_prox_resolucion_acredita_cda_gal_sin_dx.pdf

Contidos que serán avaliados: https://ficheiros-web.xunta.gal/comdix/20231213_EstruturaMGCD_v.1.0.pdf

Calendario de exames pendentes da 2ª avaliación

Os días 20 e 21 de febreiro, en horario de tarde, terán lugar os exames das materias pendentes de cursos anteriores, tal e como se amosa a continuación:

Cómpre recordar que as materias pendentes que non se superen iranse sumando ás do

curso ordinario suspensas a efectos de promoción de curso e de titulación en 4º de

ESO.

As titorías entregarán o boletín de pendentes ao alumnado o venres 23 de febreiro, ás

11:00h, nas súas aulas de referencia.

Riscos globais

No 1º trimestre do curso 2023/24, na materia de Xeografía e Historia impartida en 3º ESO, o alumnado estivo traballando de forma conxunta co fin de elaborar un informe o impacto ambiental do cambio climático en diferentes accidentes xeográficos ubicados en distintos continentes.

Nos traballos adxuntos pódese ver:

  1. Imaxe satélite do accidente xeográfico.
  2. Mapa coa localización do accidente xeográfico.
  3. Riscos ambientais: resumo da problemática do cambio climático que está afectando a este accidente xeográfico.
  4. Imaxes da apariencia do accidente xeográfico a pé de campo.

 

 

 

Calendario de exames das materias pendentes

 

Cómpre recordar que as materias pendentes que non se superen iranse sumando ás do curso ordinario suspensas a efectos de promoción de curso e de titulación en 4º de ESO.

As titorías entregarán o boletín de pendentes ao alumnado o venres 24 de novembro, ás 11:00h, nas súas aulas de referencia.

 

 

 

Avaliación ordinaria en Secundaria no curso 2022/23

Recórdase que como consecuencia da aplicación da ORDE do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (ver ficheiro adxunto), no mes de xuño xa non hai un período destinado á recuperación das materias suspensas. Os exames de recuperación levaranse a cabo seguindo os criterios establecidos por cada departamento nas programacións didácticas.

Segundo afirma a orde mencionada anteriormente, "a sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final", de modo que volven a unificarse a 3ª avaliación e a avaliación ordinaria.

Calendario de exames de materias pendentes (Avaliación ordinaria)

Cómpre recordar que as materias pendentes que non se superen iranse sumando ás do curso ordinario suspensas a efectos de promoción de curso e de titulación en 4º de ESO.


As titorías entregarán o boletín de pendentes ao alumnado o venres 12 de maio, ás 11:00h, nas súas aulas de referencia.

Spring Week

O alumnado de 3º ESO que participa na Spring Week, un programa de inmersión lingüística en inglés, xa está desde a tarde do 23 de abril nas instalacións do Centro Peares. Alí permanecerán ata o 29 de abril, realizando actividades prácticas e obradoiros, xunto con xogos, deporte... co fin de mellorar a súa competencia na lingua inglesa.

Visita ao Mosteiro de Oia

O 14 de abril de 2023 o alumnado de 2º ESO e 4º ESO realizou unha visita guiada ao Real Mosteiro de Oia. Nesta actividade os alumnos e alumnas puideron coñecer os feitos máis significativos dos 600 anos nos que estivo activa esta institución, a cal foi o lugar de residencia dos coñecidos como "monxes guerreiros", ata chegar a converterse durante a Guerra Civil Española nun campo de concentración do bando sublevado. 

Desta forma, o alumnado puido coñecer o modo de vida dos monxes, apreciar a arte románica e barroca que forman deste monumento, e ver os grafitos realizados sobre as paredes polos prisioneiros republicanos que estiveron presos neste lugar.

Calendario de exames de materias pendentes (3ª avaliación)

As titorías entregarán o boletín de pendentes ao alumnado o venres 21 de abril, ás 11:00 horas, nas súas aulas de referencia.

 

 

 

Relación da climatoloxía coa paisaxe

Dentro do proxecto de Meteoescolas, o alumnado de 2º ESO estivo realizando un traballo de investigación na materia de Xeografía e Historia no que tiveron que buscar imaxes sobre os distintos tipos de paisaxes que existen no territorio español, e relacionalos coas características climatolóxicas asociadas a cada tipo, co fin de amosar a influencia do clima sobre as características paisaxísticas.

Para facer este traballo formaron grupos de 4 persoas, nos que crearon unha presentación seguindo as indicacións da Guía da actividade (ver adxunto).

Os mellores traballos aparecen recollidos na documentación adxunta.

 

Calendario de exames de materias pendentes (2ª avaliación)

 Durante o curso escolar 2022-23 os exames de pendentes terán lugar polas tardes, para non interromper a xornada lectiva do resto do alumnado. O calendario de exames da 2ª avaliación de pendentes dos distintos departamentos é o seguinte:

 Cómpre recordar que as materias pendentes que non se superen iranse sumando ás do curso ordinario suspensas a efectos de promoción de curso e de titulación en 4º de ESO.

 As titorías entregarán o boletín de pendentes ao alumnado o luns 6 de marzo, ás 11:00h, nas súas aulas de referencia.

 

Entroido 2023 no Cova Terreña

O venres 17 de febreiro de 2023 celebrouse o Entroido no pavillón do CPI de Cova Terreña cun desfile de disfraces relacionados co lema do centro deste ano: "50 anos axudando a construír persoas".

Gomas de borrar, lapis de cores, atavíos dos anos 70... foron algúns dos disfraces escollidos polos niveis de Educación Infantil e Primaria, que desfilaban acompañados de música festiva, mentres o alumnado do centro ollaba a comitiva desde as bancadas.

A seguir, houbo actuacións dos grupos de Secundaria, algúns dos cales incluso animaron á participación de todo o alumnado nos seus bailes (ver vídeo adxunto).

 

Coa colaboración de todos e todas o alumnado do Cova Terreña puido gozar dun Entroido que había anos que non desfrutaba.

 

Actividade "Augas de Galicia"

O 2 de decembro de 2022 tivo lugar unha actividade organizada por Augas de Galicia destinada aos alumnos e alumnas de 1º da ESO.
A actividade comenzou cunha  presentación  sobre o ciclo da auga na que os alumnos e alumnas recordaron conceptos básicos do currículo e tamén da realidade da contorna coa visualización do embalse de Baíña e a EDAR de Baíña, a estación depuradora das Augas residuais da zona de Baiona.

Tras esta breve introdución os estudantes, organizados en grupos, participaron nun xogo no que como directores da xestión din embalse de auga tiñan que decidir se facer restricións de auga á poboacion humana ou facer restricións conxuntas: ambiental e humana. Tras á toma de decisións que se fixeron mensualmente se lles comunicaba a posteri o que chovera dito  mes. Desta maneira, segundo as precipitacións e as decisións sobre as restricións, cada grupo ía obtendo un nivel de volume do embalse  distinto, coa conseguinte puntuación. Este xogo poñía de manifesto as dificultades da toma de decisións sobre as restricións de auga dun embalse en tempos de seca ou cambio climático.


Os grupos gañadores foron os que obtiñan unha mellor xestión da auga, primando sempre o factor ambiental e intentando non facer restricións humanas.
Ao final da sesión os organizadores repartiron uns premios a cada un dos participantes: botellas de vidro para que os estudantes poidan reutizala todas as veces que precisen.

Quedaron moi agradecidos por estas xornadas tan proveitosas e ao mesmo tempo tan divertidas.

Proxecto de doblaxe de CUALE 2021/22

Durante o pasado curso escolar 2021/22, o alumnado de CUALE participou nun proxecto de doblaxe cuxos resultados foron publicados na páxina web de https://www.digitalpigeon.com.

Anexamos o resultado deste proxecto, no cal o alumnado invertiu moito tempo de traballo.

Saída didáctica Tui

O venres 21 de outubro de 2022 o alumnado de 2º ESO visitou a Catedral de Tui, como parte das actividades complementarias da materia de Xeografía e Historia. Durante esta visita, o alumnado puido coñecer a historia deste monumento a través da visualización dos escudos de armas das familias nobres que contribuíron á súa construción, proceso durante o cal estiveron acompañados de dous guías do Museo Diocesano Catedralicio de Tui.

Despois da visita á catedral tamén fixeron un percorrido polo casco histórico, co fin de coñecer a ruta xudía, é dicir, os restos do pasado que conectan Tui coa comunidade de xudeus e xudeoconversos que viviron nela.

No seguinte vídeo pódese ver unha selección das fotografías tomadas durante a visita.

Saída didáctica a Tui

O venres 17 de decembro de 2021, o alumnado de 2º ESO do CPI de Cova Terreña foi de visita a Tui, como parte das actividades extraescolares da materia de Xeografía e Historia. O obxectivo desta saída didáctica era que coñecesen o patrimonio histórico e artístico desta cidade, que tivo un protagonismo indiscutible no pasado medieval de Galicia. Deste modo, os alumnos e alumnas puideron contemplar o legado da arte románica e gótica que está presente na catedral de Tui, así como os restos do barrio xudeu que forman parte do seu centro histórico, mentres dous guías turísticos lles ían dando explicacións sobre a relevancia histórica e artística de todo aquilo que ían observando.

Nas fotos que se adxuntan pódesen ver algúns dos monumentos que foron visitados, tales como a fachada principal da catedral de Tui, a súa torre e claustro, así como algunhas das rúas da ruta xudía.

Análise de datos meteorolóxicos

Na materia de Xeografía e Historia,
como parte do proxecto de Meteoescolas, durante este primeiro
trimestre o alumnado de 1º ESO estivo consultando en MeteoGalicia
os datos de temperaturas, precipitacións e refacho máximo de varias estacións
meteorolóxicas repartidas por toda Galicia. A finalidade deste proxecto era que
o alumnado fose capaz de explicar cal é a relación que existe entre a presenza
das borrascas e os anticiclóns e as variacións dos datos meteorolóxicos.

Nos arquivos adxuntos pódese consultar a guía con
todos os pasos que o alumnado tivo que realizar para desenvolver este proxecto,
así como os mellores traballos resultantes do mesmo.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031