Dependencias

Reparación do pavillón escolar

O pavillón escolar, ata agora pechado pola seguridade do noso alumnado, está a ser reparado nestes días.

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación está a asumir as xestións para a súa reparación, grazas ás cales contamos poder ter lista a instalación nos próximos días para o uso do noso alumnado e outros usuarios e usuarias. 

 

Clausura do pavillón escolar

O Concello de Baiona decretou a clausura do pavillón escolar do CPI de Cova Terreña pola seguridade dos seus usuarios e usuarias tras ser solicitada unha inspección das instalacións por parte do centro ante a preocupación polo seu estado.

O equipo directivo do centro artellou unhas actuacións provisionais para cumprir coas medidas cautelares indicadas:

• Impedir o acceso ao pavillón escolar, manténdoo pechado.
• Impedir o acceso e circulación na parte exterior (corredor traseiro), en contacto coa fachada afectada do pavillón escolar.

Estas actuacións afectan ao uso dos espazos, á materia de Educación Física de Primaria, a outras actividades complementarias do centro, á cesión de instalacións en favor do Concello de Baiona e, principalmente, ao tempo do recreo, xerando unha situación complexa polo que se solicita que se resolva a situación canto antes.

 
 

Simulacro de evacuación 2023

Vimos de celebrar o simulacro de evacuación do CPI de Cova Terreña.

Nun centro ao que asisten 451 alumnos e alumnas, 51 profesores e profesoras e 8 persoas do persoal de servizos, é máis que necesario estar preparados para calquera incidencia, ademais de dar cumprimento á normativa vixente.

En 3 minutos todas as persoas tiñan abandonado o recinto escolar en orde e seguindo as directrices fixadas polo plan de autoprotección e evacuación.

Nesta ocasión puidemos contar coa colaboración da Policía Local e do GES, quen pese aos limitados recursos persoais de que dispoñen atenderon ao noso alumnado. Moitas grazas!!!

ANPA: Comedor escolar

A xestión do menú escolar está a cargo da ANPA quen confía a execución do servizo a ARUME.

Para a contratación do servizo deben porse en contacto coa empresa a través de 

  • APP COLECHEF (código do centro ESKRL0MH19)
  • info@arumeservicios.es
  • Teléfono 607 634 413

 

 

Pista exterior: Substitución do valado

O centro asumiu a substitución do valado da pista exterior e a súa finalización. A partir do luns 23 xa estará novamente dispoñible e en mellores condicións para o noso alumnado.

Asolagamento no centro: intervencións de urxencia

O día 1 de xaneiro sufrimos un asolagamento no centro educativo. O Concello de Baiona acometeu actuacións urxentes para darlle saída á auga en previsión das próximas choivas abrindo unha zanxa nas inmediacións do centro educativo.

Nos vindeiros días remataranse as actuacións para que a situación non volva a producirse.

Asemade, o centro está asumindo a substitución do valado da pista exterior e a súa finalización polo que estará restrinxido o seu acceso ata novo aviso.

 

Paso cuberto entre edificio principal e pavillón escolar

O alumnado xa pode empregar o paso cuberto entre o edificio principal e o pavillón escolar para acceder ás sesións de Ed.Física e ao recreo sen se mollar.

A intervención foi asumida pola Xefatura Territorial de Educación cun investimento superior aos 15.000€

Obras no centro: creación dun paso cuberto

A Xefatura Territorial de Educación está a acometer a construción dun paso cuberto entre o edificio principal e o pavillón escolar cun investimento superior aos 15.000€.

Ao remate, o alumnado poderá trasladarse entre os dous edificios sen estar expostos á chuvia.

Realización do simulacro de evacuación

Unha vez recuperada a normalidade (respecto das incidencias COVID) é preciso facer un simulacro de evacuación no centro educativo por varias razóns.

  • En primeiro lugar pola seguridade do noso alumnado e persoal que deben estar entrenados e preparados ante unha eventual circunstancia.
  • En segundo lugar para dar cumplimento á normativa vixente a cal obriga á realiación dun simulacro de evacuación durante o 1º trimestre.
  • E por último, debido aos cambios organizativos dos espazos, aulas, modificacións de uso, ...

 


Queremos e debemos agradecer a colaboración do GES Val Miñor e da Policía Local do Concello de Baiona e o seu gran valor profesional e humano.

Conexión entre edificios e pista deportiva arranxados

O centro segue a mellorar: agora os dous edificios están mellor conectados e a pista exterior está renovada.

Grazas ao Concello de Baiona por asumir esta obra tan necesaria para o centro.

Renovación do valado oeste

Este curso estreamos novo valado na zona oeste do recinto.

O valado de máis de 90 metros foi substituído despois de anos de exposición e as obras do centro, o cal provocou que estivese moi deteriorado.

O custo das obras, que supera os 7.000€, foi asumido pola Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dirixida por D.César Ares.

Novo peche no patio superior de Ed.Infantil

O alumnado de Ed.Infantil estrea novo peche perimetral no patio superior.

Peche Infantil

A actuación foi costeada a cargo do Concello de Baiona pois o peche anterior estaba en moi mal estado. A substitución organizouse de tal xeito que o patio nunca quedase desprotexido.

O novo valado garante a seguridade do alumnado ademais de ter moi bo aspecto.

Nova tarima nas aulas de Ed.Primaria

Estamos a rematar coa instalación de tarima na planta baixa do edificio principal. Agora é a quenda das aulas que actualmente ocupan 1º de Ed.Primaria.

A intención é que o noso alumnado estea o máis cómodo e confortable posible.

Obras no centro: arranxo do corredor traseiro, entre o pavillón escolar e o edificio principal

O corredor traseiro, entre o pavillón escolar e o edificio principal, está moi deteriorado despois das obras de rehabilitación integral do centro.

Xa no mes de abril remitíronse informes e orzamentos solicitando o seu arranxo á Consellería de Educación e agora confirmouse a adxudicación da obra cunha inversión de máis de 40.000€ que deberá estar rematada antes de final de ano. Sabemos que aínda quedan outras melloras por executar e continuaremos solicitándoas pero as melloras acadadas son notables.

Solicitamos unha vez máis a vosa colaboración para que as obras discorran con normalidade e coa mínima incidencia posible na comunidade educativa. Entre todos conseguiremos seguir mellorando o noso centro.

Estreamos ximnasio!!!

Por fin podemos estrear o ximnasio!!

O centro xa conta cun ximnasio totalmente remozado.

Durante os asolagamentos que sufrimos fai un ano estragouse a tarima, a couza tiña destrozado moito do equipamento e o cheiro a humidade persistía no espazo.

Procedeuse a sanear o piso, substituír a tarima por unha de alta resistencia en sala e vestiarios, saneamento e pintado de paredes e á retirada do equipamento deteriorado, ademais de contar con iluminación led e novas ventás colocadas durante as tarefas de rehabilitación do centro.

Agora contamos cun espazo amplo e saneado grazas á colaboración do centro e do Concello de Baiona.

Estamos desexando ver ao noso alumnado gozando de este espazo!!

 

A NOVA BIBLIOTECA: UN SOÑO FEITO REALIDADE

Por fin xa temos renovada a biblioteca!

Moitas grazas ao equipo de biblioteca e a todas as persoas que colaboraron para poder dispor deste espazo fundamental no noso centro.

No arquivo adxunto atópase unha visita virtual a la biblioteca e na ligazón atópase unha reseña da visita de Paula Carballeira, a primera actividade na nova biblioteca.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/taxonomy/term/90

Traslado da etapa de Ed.Infantil ao edificio principal

O alumnado de Ed.Infantil foi trasladado ao edificio principal para que o seu edificio sexa tamén renovado. Preparáronse os espazos, adaptáronse os baños e organizouse a súa acollida no edificio dos "maiores". Xa están a desfrutar do patio cos seus xoguetes!

As familias foron informadas dos detalles do traslado nunha reunión informativa o martes 10 de decembro e ante calquera dúbida poden porse en contacto co centro en persoa ou por teléfono no 886120001.

No edificio de Ed.Infantil estanse a substituír ventanas, cuberta e dotación de SATE en fachadas, ademáis da habilitación dun baño para discapacitados, cuarto de limpeza, dotación de iluminación led, eliminación de humidades, ampliación dalgunhas ventanas,...

Traslado da etapa de Ed.Primaria ao CEIP de Fontes-Baíña

Grazas pola acollida brindada polo CEIP de Fontes-Baíña e a implicación do Concello de Baiona e os medios postos á nosa disposición, incluídas as súas propias mans. Agradecer á ANPA o seu ofrecemento e participación nas distintas reunións mantidas. Agradecer as palabras de ánimo da Conselleira de Educación, do Xefe Territorial e de Inspección educativa. E sobre todo as vosas palabras de ánimo, o apoio brindado e o voso ofrecemento de axuda desinteresada.

GRAZAS.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031