Dependencias

Reforma integral do centro: Visita da Conselleira de Educación

O 22 de agosto recibimos a visita da Conselleira de Educación, Universidade e FP, Dona Carmen Pomar, o secretario xeral, Don Jesús Oitavén, o xefe territorial, Don César Ares e o xefe da Unidade técnica de Pontevedra, Don Rafael Bouzas. Acompañados do Alcalde de Baiona, Don Carlos Gómez, do Concelleiro de Educación, Don Óscar Carreño, e membros da corporación municipal foron guiados polo centro por membros do equipo directivo para comprobar o desenvolvemento das obras de renovación integral do centro que levan un retraso respecto dos tempos iniciais fixados dende a Consellería de Educación.

A tan desexada reforma do centro vai continuar co curso xa iniciado, manifestando a nosa preocupación e recibindo como resposta o compromiso de tódolos axentes implicados para que a mesma descorra interferindo o menos posible na actividade académica.

Sabemos que esta situación pode provocar inconvenientes pero agardamos que, coa colaboración e comprensión de toda a comunidade educativa, o noso alumnado poida gozar canto antes dun centro totalmente reformado, mais eficiente enerxéticamente e confortable para todos.

 

Nova en Atlántico Diario

Nova da Consellería de Educación, Universidade e FP

Nova en Valmiñor TV

Nova en Telemariñas

Visita ao noso centro da Conselleira de Educación, Dona Carmen Pomar

O día 15-05-19 puidemos contar coa visita da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Dona Carmen Pomar Tojo , acompañada do  Delegado da Xunta en Vigo, Don Ignacio López-Chaves, do xefe territorial de Educación de Pontevedra , Don Cesar Pérez Ares, do Alcalde de Baiona, Don Ángel Manuel Rodal , do Concelleiro de Educación, Don Policarpo Vidal, do Concelleiro de Urbanismo, don José Ángel Bahamonde, do noso inspector, Don Xoan Ferreiro , así como dos arquitectos e técnicos da Unidade Técnica que levarán a dirección das obras de rehabilitación integral e mellora da eficiencia enerxética cunha inversión por parte da Consellería de Educación de 1,2 millóns de euros.

No seu percorrido polas distintas instalacións do centro, a Conselleira puido constatar de primeira man as necesidades de rehabilitación do edificio. Asemade, recibiu de parte da Directora do noso centro, Dona Isabel Martínez Cabaleiro, unha serie de dossiers informativos cos proxectos que se están a levar a cabo : Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE); Contratos-programa: Reforzo, orientación e apoio (PROA); a de mellora da competencia matemática e a destinada á mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros; E-dixital, iniciacion á Robotica; Seccións bilingües e Programa CUALE ; Plan Proxecta ; Aliméntate ben; MeteoEscolas, Aprendemos programando e o Proxecto Terra, entre outros.

Nota de prensa no portal da Consellería de Educación, Universidade e FP

Nova en Atlántico diario

Nova en Valmiñor TV

Arrincamos o curso 2018/2019

Arrincamos o curso coa inauguración das actuacións feitas no centro durante este verán: novos patios de xogos para Ed.Infantil, Primaria e Secundaria, saneamento de aulas, abrillantado dos chans, sinalización da entrada e moitas máis, sempre pensando no benestar do noso alumnado, nunha actuación conxunta da Consellería de Educación, Concello de Baiona e centro educativo.

O alcalde de Baiona, D.Ángel Rodal, o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, D.Ignacio López-Chavez, o xefe territorial de Educación, D.César Ares, o inspector de educación, D.Xoan Ferreiro, Consello Escolar, representantes da ANPA, xunta de Delegados, membros do Claustro e alumnado visitaron as actuación realizadas nos últimos meses, nas actuacións de preparación do centro para o novo curso.

Declaracións en radio: http://play.cadenaser.com/audio/1537794385_426553/

Nota de prensa: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/33818/xunta-conclue-pavimentacion-cpi-cova-terrena-baiona

Valmiñor TV  Telemariñas

Sabemos que temos moito traballo aínda por diante, pero xuntos seguiremos avanzando.

Mellora da conectividade á rede corporativa e Internet no centro

O centro dispón dende hoxe dunha conexión de alta velocidade de 200Mbps dentro do programa Escolas Conectadas, un proxecto iniciado fai varios anos e que por fin hoxe materialízase, mellorando a conectividade dos sistemas informáticos do centro o cal redunda no día a día das aulas.

Escolas conectadas

Suspensión das clases por mor dos incendios na zona

As clases foron suspendidas o luns 16/10/2017 por mor dos incendios na zona.

As sesión lectivas retomanse o martes 17/10/2017 pois o centro non resultou danado e a situación foi controlada.

O noso alumnado manifestou os seus sentimentos a través de distintas actividades:

Alumnado de 1º Ed.Primaria: non máis lume

 

Simulacro de evacuación

O venres día 10 de marzo realizamos o simulacro de evacuación do centro coa colaboración do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal), Policia Local e Guardia Civil.

Nesta xornada o alumnado puxo en práctica o plan elaborado para a súa seguridade sen incidencias, desfrutando dunha acción formativa a cargo do GES, uns profesionais que realizan unha importantísima función para a seguridade de todos nos.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031