Resolución pacífica de conflitos

Mediador@s!!

O noso equipo de Mediador@s estase a presentar aos seus compañeiros e compañeiras para que os coñezan e poidan recurrir a eles e elas para unha resolución pacífica dos conflitos entre iguais.

Xa no primeiro trimestre recibiron a formación específica que os acredita como mediadores e mediadoras e agora reciben o seu distintivo e unha sudadeira que os identifica. 

Grazas rapazada pola vosa implicación!

Novo Equipo de Mediación no C.P.I. Cova Terreña

NOVO EQUIPO DE MEDIACIÓN

O pasado 19 de novembro remataron a formación os novos membros do equipo de mediación do C.P.I. de Cova Terreña.

Onte, o novo Equipo de mediación do centro formado por 7 mediadores e mediadoras de Ed. Primaria e 8 mediadores e mediadoras de E.S.O. recibiron as camisetas e as chapas co logo de Mediación do centro nun acto ao que asistiu o Concelleiro de Educación de Baiona, D. Oscar Carreño que lles dirixiu unhas verbas.

Nuns días, este novo equipo de mediación pasará a presentarse e a deixar a orla polas aulas para que todo o alumnado do centro coñeza aos novos especialistas en Resolución pacífica de conflitos.

Esperamos que esta medida, en vigor dende o ano 2011, axude a mellorar a Convivencia no centro.

Parabéns a todos e a todas!!!

Aprendemos programando sobre o acoso escolar

O alumnado de 2ºESO que cursa a materia optativa de Programación participa no Plan Proxecta Aprendemos programando!!, dentro do cal realizaron distintas historias de situación sobre o acoso escolar que buscan concienciar sobre o mesmo, as súas diversas formas de manifestación e como actuar.

Podedes traballar con elas nas seguintes ligazóns:

Carmen María Poza: https://scratch.mit.edu/projects/285049202/

Hugo Cabral e Adam Silva: https://scratch.mit.edu/projects/286791425/

Carmen Bouzas e Xela Mariño: https://scratch.mit.edu/projects/297932325/

Sara Besada e Cloe Vizoso: https://scratch.mit.edu/projects/299985259/

 

Vídeo mediación

 

Sorry, flash is not available.

O Lugar da palabra

Sorry, flash is not available.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer