Plan Dixital

PLAN DIXITAL DO CENTRO

No ficheiro adxunto tendes o Plan Dixital do Centro.

Ferramentas dixitais útiles en lingua galega

Eis algunhas das ferramentas e recursos dixitais máis útiles en lingua galega (e portuguesa):

Dicionario Digalego

O dicionario máis completo da lingua galega con máis de 65.000 entradas, etimoloxías, traducións a varias linguas e conxugador de verbos [Consellería de Educación].

Dicionario de dicionarios

Dicionario que recolle máis de 390.000 palabras e acepcións dos dicionarios históricos da lingua galega dos séculos XIX e XX [Instituto da Lingua Galega, ILG e Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo].

Tradutor Gaio

Tradutor moi eficiente na versión galego-castelán e castelán-galego, menos rendíbel na tradución en portugués [Secretaría Xeral de Política Lingüística].

Enciclopedia Galega Universal (EGU)

Enciclopedia en lingua galega de carácter universal, en proceso de actualización [Consellería de Educación].

Dicionario da Real Academia Galega (RAG)

Dicionario que recolle preto de 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados.

Dicionario Rinoceronte

Dicionario castelán-galego que incorpora ademais sinónimos, fraseoloxía e toponimia.

Dicionario Priberam (DPLP)

Dicionario do portugués contemporáneo que inclúe máis de 164.000 entradas e que integra as normas portuguesa e brasileira, segundo o Acordo Ortográfico de 1990.

Recursos corporativos

Abalar Box, para aloxamento na nube e compartir (similar a Drive) https://abalarbox.edu.xunta.gal

Abalar Móbil, comunicación coas familias, envío de mensaxes, ... https://www.edu.xunta.gal/abalar

Abalar Pro, aplicación para o persoal docente que vai permitir consultar e enviar mensaxes ás familias a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Instálase dende Google Play ou Apple Store.

 

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930