Ed.Infantil

Renovación das Ondas de Infantíl.

Esta mañá o alumnado de Educación Infantil viu como o valado do seu parque infantil quedaba vestido de azul. Isto débese á renovación das ondas do mar que actúan como cortaventos nesa zona. Os máis pequenos xa poderán gozar do seu parque infantil sen as molestias do vento.

Dende a dirección do centro seguimos traballando para que todo o noso alumnado se sinta confortable nas instalacións do centro.

 

Coellos en Infantil!!

O alumnado de Ed.Infantil xa ten os seus xogos reciclados: coellos de Pascua!!

O alumnado de 3ºESO Ed.Dixital desexou o coello coa colaboraicón da profesora Yesica Meno e cortaron as maquetas de coellos coa cortadora láser.

O alumnado de Ed.Infantil decorou as súas pezas xerando coelliños moi especiais e únicos.

NUTRIESCOLAS 0. CURSO 2022-2023

Este curso os nenos e nenas de Educación Infantil, participaron nun Plan Proxecta pertencente á modalidade NUTRIESCOLAS 0.

Nel traballaron acerca de cousas relacionadas co mundo do mar, vida mariña,  e conservas entre outras cousas.

No arquivo adxunto podedes ver algúns exemplos de actividades realizadas.

Esperamos sexa do voso agrado.

Un saúdo.

5-Xuño, Día do Medio Ambiente co alumnado de Ed.Infantil

O alumnado de Ed.Infantil conmemorou o día do Medio Ambiente plantando flores no patio escolar, unha actividade divertida co apoio do profesorado e do xardineiro xefe Víctor.

Ademais, o alumnado de 6ºEd.Infantil plantou a súa árbore da promoción que os acompañarán nos xogos de recreo na súa etapa de Ed.Primaria.

 

PROXECTA 2021-2022. ALIMÉNTATE BEN.

Este curso os nenos e nenas de Educación Infantil, participaron nun Plan Proxecta pertencente á modalidade Aliméntate Ben.

Nel traballaron acerca de cousas relacionadas co mundo do mar, vida mariña,  e conservas entre outras cousas.

No arquivo adxunto podedes ver algúns exemplos de actividades realizadas.

Esperamos sexa do voso agrado.

Un saúdo.

Acto de graduación Ed. Infantil

ACTO DE GRADUACIÓN ED. INFANTIL

O pasado venres 17 de xuño tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 6º Ed. Infantil no salón de Actos.

As 10:30 h o centro agasaiou ao alumnado cunha actuación de maxia, a cargo do mago Samuel, con motivo da celebración de "Baiona Pinta Maxia".

Foi unha experiencia moi agradable e o alumnado disfrutou moito da mesma. 

As 12:30 h deu comezo o acto de graduación coa presencia de familias, profesorado e alumnado (irmáns e irmás dos pequenos e pequenas graduados/as), onde poidemos disfrutar das actuacións que preparou o alumnado de 6º A e B de Ed. Infantil. 

A representación do Baile "TERRA", tivo incluso unha mensaxe de ánimo das propias Tanxugueiras que enviaron os seus saudos ao alumnado.  

Unha xornada moi emotiva que todos e todas disfrutamos moito.

 Moito ánimo nesta nova Etapa!!!

XORNADAS DE FÚTBOL

XORNADAS DE FÚTBOL PARA E.I.

 

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos de Infantil desfrutaron dunha xornada de fútbol da man do Erizana C.F.

Grazas a colaboración desinteresada do club, o noso alumnado gozou dunha actividade ao aire libre na que se promociona actividade física en horario lectivo.

O alumnado estivo acompañado en todo momento polas titoras e por monitores titulados do club que os fixeron participes en todo momento da actividade, sendo os protagonists da mesma.

 

 

 

 

Casa da Navegación

SAÍDA AO MUSEO DA CASA DA NAVEGACIÓN

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos de Infantil visitaron o museo da casa da navegación. Ubicada no casco histórico de Baiona, na coñecida Casa Carvajal. É unha institución municipal que alberga unha colección que permítenos coñecer e afondar no noso legado histórico a través da exposición de fondos propios e documentos antigos relacionados coa vila.

6ºA Infantil

 6ºB Infantil

 

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS

 



 

 

O Día dás Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da publicación do primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro. Este ano está adicado a  Florencio Delgado Gurriarán

 

 Florencio Delgado  

Naceu en Córgomo, concello de Vilamartín de Valdeorras, en agosto de 1903. Desde pequeno, e con motivo do traballo do seu pai, perito agrónomo; pasou por continuos traslados, vivindo en cidades como Ourense, Palencia ou Valladolid, retornando a Valdeorras en 1928.  Tras finalizar a Guerra Civil marchou ao exilio en México, país no que se estableceu definitivamente.

 En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira, Galicia infinda, Cantarenas, Poemas e Ou soño do guieiro. Encargouse ademais da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ao galego e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry.

Faleceu o 14 de maio de 1987 en  Fair  Oaks (Estados Unidos) aos 83 anos.

 

DÍA DE EUROPA

DÍA DE EUROPA

O día 9 de Maio celébrase o día de Europa.

Coa conmemoración deste día celebramos a paz ea unidade de Europa.

Esta data marca o aniversario de un importante tratado chamado DECLARACIÓN SCHUMAN  que representa a idea de que non pode haber guerra entre ningunha nación da Unión Europea.

Por este motivo considérase o comezo do que é hoxe a Nación Europea.

     Traballamos cuestións relacionadas coa bandeira representativa, onde se aprecia un círculo formado por estrelas amarelas que representan as nacións , sobre un fondo azul moi característico.

 

 

Apreciamos nun mapa a gran extensión de este continente e os numerosos países que o compoñen.

Falamos acerca das bandeiras de algúns países e vimos que cores e que formas representaban cada unha.

Como actividade de centro cada curso escribiu un reportaxe de cada país acompañado dunha recita propia de cada lugar.

 

Dia do Libro

 

O 23 de abril conmemórase en todo o mundo oDía Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor. Unha data coa que se pretende rendir unha homenaxe universal a todos os libros e escritores, así como fomentar a lectura e animar á poboción, especialmente aos máis xóvenes, a descubrir o placer que proporciona. Sin embargo, esta data non foi elexida ao azar, nin moito menos. A continuación contamos por qué se celebra o Día do Libro cada 23 de abril e as curiosidades que hai detrás deste día.súa eleción débese á supuesta coincidencia do falecemento de tres grandes figuras da literatura: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega, todos eles falecidos o 23 de abril do ano 1616.


 

 

 

 




HAPPY EASTER

Hoxe traemos a Pascua inglesa ou  Easter.

 

A diferenza doutros países de Europa, a Semana Santa en Inglaterra non se caracteriza por celebracións de culto relixioso, senón que o protagonismo céntrase en diferentes símbolos ligados a esta festividade.


Velaquí tedes algun deles:


Easter Eggs ou ovos de Pascua, pintados de múltiples cores significan o comenzo da primavera.


Easter Bunny ou Coelliño de Pascua fan as delicias dos nenos e nenas que gozan co chocolate.

Hot Cross Buns azucrados e brandos pasteliños cunha cruz branca  trazada enriba. 

Proxecto ALIMENTATE BEN.

 

 

O alumado de Ed. Infantil participou nunha actividade do proxecto do centro "Alimentate ben"co programa "Fai clic no teu bocata".

Con estas acividades preténdese fomentar o consumo de conservas de peixe e marisco do noso alumnado ,valorar a importancia da boa alimentación e a manipular os alimentos para facer unha receta sinxela.

Hoxe fixemos un rico bocata para todos, esperamos lle gustase a actividade.

http://www.patrociniovalladolid.es/sites/patrociniovalladolid.es/files/noticia/2020/01/giphy.gif

 

 

 DEIXAMOS AQUÍ UNHAS FOTOS QUE FIXEMOS DURANTE AS ACTIVIDADES.

 

O DÍA DO AMOR, DA AMIZADE E DOS NAMORADOS.

O DÍA DOS NAMORADOS E DA AMIZADE.

O vindeiro día 14 de Febreiro é o día da AMIZADE, do AMOR e dos NAMORADOS.

É unha data moi importante por todo o que representa e é por iso que está presente sempre nas nosas vidas.

Nas casas e na escola ensinamos a importancia do amor e da amizade dende diversas perspectivas.

Amor a os nosos maiores, a nosa xente querida e a nosa familia que tanto nos coida, nos axuda e nos enseña a camiñar de bo xeito polo camiño que guiará a nosa vida futura.

Amizade cos amigos, cos compañeiros da escola e con todas as persoas que establecemos un vínculo afectivo importante.

Traballamos tamén como Namorados a importancia de querer as cousas que nos rodean.

Normalmente cando preguntamos que é para eles "OS NAMORADOS" soen decir que eles están namorados dos seus país e dos seus avós , ese é o cariño máis bonito que lle debemos transmitir agora a os nenos. Querernos todos e tratar o amor como un valor moi importante.

É unha tarefa de todos traballar o Amor ea Amizade do xeito que merecen.

A continuación deixanse dous enlaces para que poidades ver uns contiños en Youtube que falan da importancia do amor.

Se non conseguides velos, podedes copiar o enlace e pegalo na páxina de Youtube.

 

Cuento infantil ¿Qué es el amor?

https://www.youtube.com/watch?v=wdExBfvY-nQ

Cuento ¿Dónde está el amor?

https://www.youtube.com/watch?v=-iiBrxza8mU

 

Queda tamén un enlace a unha canción apropiada para tratar a amizade.

https://www.youtube.com/watch?v=f7UdWjx5Fe4

 

DIA DA PAZ E A NON VILOENCIA

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".

 

-  Mahatma  Ghandi -

 

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. En en Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Nese día celébrase o aniversario da morte do  Mahatma  Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

Chega o Nadal.

Nadal no Cova Terreña.

 

Estimadas familias o Equipo de Educación Infantil deséxavos un FELIZ NADAL  e un 2022 CARGADO DE LEDICIA E SAÚDE.

 

Tedes no enlace un pequeno vídeo coas actividades feitas durante este trimestre.

Un saúdo.

 

DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

Plena inclusión Andalucía se suma a la celebración del Día Internacional de  la Discapacidad | plenainclusion andalucia

 

 

Queridas familias.

Co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra hoxe día 3 de Decembro, queremos compartir con vos algúns videos para que poidades velos cos vosos fillos e fillas, e comentar o tema da insersión e a non discriminación.

  

 EL CAZO DE LORENZO

CUERDAS

 

IAN

 

Conmemoración Día da Infancia

Conmemoración do Día Internacional da Infancia

O pasado luns 22 de novembro de 2021 o alumnado de Ed. Infantil gozou dun concerto no centro a cargo do conxunto instrumental formado por alumnado de 4º de Ed. Secundaria que, baixo a dirección de D. David Piñeiro, profesor de música de E.S.O. interpretou un repertorio composto por catro pezas instrumentais:

  • Sinfonia do novo mundo.....A.D'vorak
  • Brave heart.....J.Horner
  • Moon river.......H.Mancini
  • Stand by me...Ben E.King

Todas estas pezas foron preparadas e ensaiadas polo alumnado dende o comezo deste curso escolar.

Achegámosvos unhas instantáneas do evento que tanto lles gustou ao alumnado.

Un saúdo.

DIA DA INFANCIA

 

                            

 

 

Con motivo do día da Infancia recomendamos a seguinte

lectura :

Os Bolechas e os dereitos da Infancia

Ademais de os seguintes videos :

Los derechos de la Infancia :

https://www.youtube.com/watch?v=rApULMPWQIU

 

DIA DA INFANCIA

REMATE DAS ACTIVIDADES DO SAMAÍN

 

UN SAMAÍN DE CINE-2017 | CEIP SACO E ARCE ceip.saco.arce@edu.xunta.gal  Teléfono 988 68 50 96

Coma remate das actividades do Samaín, o equipo da biblioteca, fixo un pequeno contacontos  de "Tïo Lobo" no que participaron todos os grupos de Ed. Infantil.

Deixámosvos un enlace para que podades compartir este conto con toda a familia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031